Turismo de Teo

Cómo llegar Página web

Turismo de Teo Páxina de Facebook oficial da Concellaría de Turismo do Concello de Teo. .

Grazasssss Colectivo A Rula, Asociación Cultural e Árbore  Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Experiencias didá...
14/10/2026

Grazasssss Colectivo A Rula, Asociación Cultural e Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Experiencias didácticas e altamente sostibles!

A carballeira de Francos converterase nun espazo de xogo e descubrimento para coñecer historias de Teo. A través de prob...
09/10/2026

A carballeira de Francos converterase nun espazo de xogo e descubrimento para coñecer historias de Teo. A través de probas de exploración sensorial, as familias achegaranse ao Camiño de Santiago, á Feira do San Martiño e á lenda da raíña Lupa.

As persoas participantes buscarán sobres agochados na natureza coas pezas dun quebracabezas e gozarán de propostas de mindfulness e baños de bosque.

Ao rematar, cada crianza levará á casa unha carteira máxica pintada en familia e inspirada na historia de Teo.

Público: crianzas a partir de 6 anos, acompañadas por unha persoa adulta
Prezo: actividade gratuíta con reserva previa. Prazas limitadas. En caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa no interior da Casa Común de Francos.

Organiza: GDR Terras de Compostela, no marco do programa Experiencias Terras de Santiago.
Colabora: Concello de Teo.
Executa: Látexos de Turismo.

Bos días! Volvemos a Teo... próxima actividade para familias!

Sábado 17 de outubro en Francos. Decubriremos a historia local de Francos (Camiño de Santiago, Feira do San Martiño, Raíña Lupa) con xogos sensoriais na natureza (e mindfulness).

Inscricións: https://teo.gal/gl/actividades/xogos-de-exploracion-na-natureza-coa-historia-de-teo-en-francos

Feliz venres 💚

30/09/2026

Quen deixou estas pegadas? 👀
Na III Ruta do Románico Teense percorremos, da man do Colectivo A Rula, as igrexas de San Miguel de Rarís, San Cristovo de Reis e Santa María de Lampai. Tres templos rurais sinxelos, transformados ao longo dos séculos, nos que aínda podemos ler a historia nas pedras.
En Rarís detivémonos nas marcas dos canteiros e nas pinturas que falan das distintas etapas da igrexa. En Reis descubrimos capiteis de decoración vexetal, pequenos gravados que a luz axuda a revelar e o carneiro que sostén a cruz sobre a cabeceira. En Lampai, a portada románica e os detalles tallados no interior conducíronnos tamén á memoria do antigo mosteiro.
A visita permitiunos comprender como as formas e os símbolos do románico compostelán chegaron ás igrexas da contorna. E tamén mirar a súa xeografía sagrada: San Miguel nos lugares altos; San Cristovo, asociado aos camiños e ao paso dos peregrinos.
Grazas ao Colectivo A Rula pola interpretación, a todas as persoas participantes polo seu interese e ao Cabido, a Antonio, Fina e María Isabel por facilitarnos o acceso aos templos.
Teo. Todo por descubrir.

Grazassss Colectivo A Rula, Asociación Cultural. Excelente interpretación patrimonial. Orgullo de poder contar con exper...
29/09/2026

Grazassss Colectivo A Rula, Asociación Cultural. Excelente interpretación patrimonial. Orgullo de poder contar con expertos do noso!!!

12/09/2026

Coñecedes o Monte Piquiño de día? 🌿
Estamos máis afeitos a percorrelo de noite, seguindo a Ruta dos Petróglifos e descubrindo a súa riqueza arqueolóxica. Pero desta vez cambiamos a mirada: fomos descubrir todo o que nos conta o monte cando hai luz.
Con Antón e Belén aprendemos a distinguir breixos e toxos, a descubrir que as matogueiras e mesmo as silvas teñen moito que facer aí —rexeneran, protexen, dan acubillo— e a entender mellor a relación entre a vexetación, os cabalos do monte, os antigos usos gandeiros e unha paisaxe chea de pegadas do pasado.
E apareceu unha pequena xenciana azul 💙. Unha flor que podería ser a pista da presenza dunha rara bolboreta asociada a ela. Quen ía pensar que unha flor podía contarnos tanto?
Ao final, volvemos do Piquiño coa sensación de que levabamos anos mirándoo... pero aínda nos quedaba moito por descubrir

Dirección

Travesía Da Ramallosa, 38
Teo
15883

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Turismo de Teo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir