Concello de Toén

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Toén Canle oficial do Concello de Toén

Un libro, mil historias por descubrir!A Deputación de Ourense pon en marcha unha nova convocatoria de axudas para a adqu...
13/10/2026

Un libro, mil historias por descubrir!

A Deputación de Ourense pon en marcha unha nova convocatoria de axudas para a adquisición de libros de lectura, dirixida ás persoas nacidas no ano 2008 ou posteriores e empadroadas nalgún concello da provincia de Ourense.

📖 A axuda permite adquirir un libro por persoa beneficiaria cun importe máximo de 20 € (IVE incluído). Se o libro supera esa cantidade, só haberá que aboar a diferenza.

📅 Do 15 de outubro ao 18 de decembro de 2026.

As solicitudes realizaranse a través de https://plandelectura.depourense.gal, onde recibirás un código persoal para retirar o libro nun dos establecementos adheridos.

Desde o Concello de Toén animamos ás familias a aproveitar esta iniciativa para seguir fomentando a lectura entre a infancia e a mocidade.

🍴 Rematou o VI Concurso de Pinchos «Toén a Bocados»!Esta edición foi todo un éxito, cunha participación que superou toda...
11/10/2026

🍴 Rematou o VI Concurso de Pinchos «Toén a Bocados»!
Esta edición foi todo un éxito, cunha participación que superou todas as expectativas, establecementos cheos, algúns incluso esgotando os seus pinchos, e unha acollida extraordinaria por parte da veciñanza e visitantes.
Coas votacións pechadas e as valoracións do xurado profesional xa realizadas, só queda agardar para coñecer os gañadores desta edición.
Mentres tanto, queremos lembrar todas as propostas que puidemos degustar durante estes días e agradecer a participación dos establecementos e de todas as persoas que vos animastes a facer a ruta.
😋 E agora contádenos... Que vos pareceron os pinchos deste ano? Cal vos sorprendeu máis?
Moi pronto coñeceremos os resultados!

03/10/2026
Este sábado 3 de outubro, Meaba acolle a II Mostra Etno-Audiovisual dos Bens do Entroido, a partir das 16:30 h no Centro...
02/10/2026

Este sábado 3 de outubro, Meaba acolle a II Mostra Etno-Audiovisual dos Bens do Entroido, a partir das 16:30 h no Centro de Interpretación do Entroido de Mugares, con entrada gratuíta.

📢 Mugares contará oficialmente coa Praza do Labardeiro.Este sábado 3 de outubro, ás 12:30 h, terá lugar o acto de nomeam...
01/10/2026

📢 Mugares contará oficialmente coa Praza do Labardeiro.
Este sábado 3 de outubro, ás 12:30 h, terá lugar o acto de nomeamento da Praza do Labardeiro, situada fronte á Fonte do Tellado, en Mugares.
A denominación, aprobada polo Pleno da Corporación do Concello de Toén, pon en valor unha figura estreitamente ligada á tradición e á identidade de Mugares.
Convidamos a toda a veciñanza a acompañarnos neste acto.
📍 Praza fronte á Fonte do Tellado, Mugares
📅 Sábado 3 de outubro
🕧 12:30 h

📣 XA COÑECEMOS O XURADO PROFESIONAL DE TOÉN A BOCADOS!O noso alcalde, Ricardo González-Vallejo, estivo en COPE Ourense  ...
30/09/2026

📣 XA COÑECEMOS O XURADO PROFESIONAL DE TOÉN A BOCADOS!
O noso alcalde, Ricardo González-Vallejo, estivo en COPE Ourense xunto ao xornalista Juan Maceiras para presentar os tres profesionais que formarán parte do xurado do VI Concurso de Pinchos «Toén a Bocados», que se celebrará os días 2, 3, 9 e 10 de outubro.
Tres nomes moi ligados á gastronomía ourensá e cunha ampla traxectoria profesional:

-José González, propietario e xerente de Taberna Pulperia Atarazana , un dos locais de referencia do casco histórico de Ourense. Atarazana conta cun Solete da Guía Repsol e José González foi recoñecido cun dos Gorros Blancos de Xantar pola súa traxectoria na hostalaría ourensá.

-José Antonio Pérez Rodríguez, «Pepe Callos», á fronte do bar fuentefria e con máis de medio século ligado á hostalaría. En 2025 recibiu o Premio Pepe Solla ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía nos Premios de Gastronomía de Galicia. La Voz de Galicia

-Paco Gómez, de Pulpería Asador A Feira Ourense , referente da gastronomía galega e especialmente do polbo á feira. Foi recoñecido como Mellor Pulpeiro de España en 2015 e Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia en 2019. Restaurante A Feira Ourense

Un xurado con experiencia, coñecemento do produto e moitos anos de oficio que terá a responsabilidade de valorar as propostas desta edición de Toén a Bocados.
📅 2, 3, 9 e 10 de outubro
🕗 De 20:00 a 23:00 h
Preparádevos, porque en poucos días… Toén está para comelo! 😋

📢 Actualización do horario da inauguración de As Pombeiras.A inauguración do novo campo de fútbol municipal celebrarase ...
25/09/2026

📢 Actualización do horario da inauguración de As Pombeiras.

A inauguración do novo campo de fútbol municipal celebrarase finalmente o luns 28 de setembro ás 20:00 h.

Convidamos a toda a veciñanza a acompañarnos e coñecer estas novas instalacións deportivas do Concello de Toén.

Vémonos en As Pombeiras! ⚽

24/09/2026

OBRADOIRO DE EMPREGO | PRAZO ATA MAÑÁ

O Concello de Toén informa da convocatoria do obradoiro dual de emprego «Concellos rurais da comarca de Ourense: Barbadás, Taboadela e Toén IV», que combina formación e experiencia laboral para persoas desempregadas.

As persoas interesadas en participar teñen ata mañá, 25 de setembro, para informarse sobre o proceso de selección.

🔗 Consulta a información e as bases completas na páxina web do Concello de Toén: https://concellodetoen.sedelectronica.es/preview-document/bc49aa1a-147e-46b7-9be6-9ba48a5f1084/

Dirección

Rúa Ribadela, 1
Toén
32930

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Toén publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Toén:

Atajos

Compartir

Categoría