Agrupación Socialista de Toén

Cómo llegar Contactar con la organización

Agrupación Socialista de Toén AGRUPACION DOS SOCIALISTAS DE TOEN

📢 AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOÉN: INTERVENCIONS  NO PLENO DO 17 DE SETEMBRO 2026No Pleno do Concello de Toén celebrado o ...
24/09/2026

📢 AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOÉN: INTERVENCIONS NO PLENO DO 17 DE SETEMBRO 2026

No Pleno do Concello de Toén celebrado o 17 de setembro, o Grupo Municipal Socialista presentou diferentes propostas e formularon varios rogos.

🏚️ Expedientes de ruína en Alongos e Freixendo

A Agrupación Socialista presentou unha moción aprobada por unanimidade, para que o Concello inicie os correspondentes expedientes de ruína de varias edificacións situadas en Alongos e Freixendo, ante o seu estado de deterioro e o risco que poden representar para a seguridade das persoas e dos inmobles próximos.

🛣️ Mellora do acceso ao barrio do Tellado, en Mugares

Tamén foi aprobada por unanimidade a moción socialista para mellorar o acceso ao barrio do Tellado, en Mugares.

💡 MÁIS DEMANDAS E ROGOS FORMULADOS NO PLENO

Durante a quenda de rogos e preguntas, o Grupo Municipal Socialista trasladou ao Goberno local diversas necesidades detectadas nas parroquias:

🔹 Solicitude de novos puntos de luz na Canella do Outeriño, en Mugares, e na rúa do Outón, en Moreiras.

🔹 Petición dun espazo de xogo ou dunha pista polideportiva para Mugares, como equipamento para o ocio e a práctica deportiva dos nenos, nenas e mocidade.

🔹 Pregunta polo acordo para a incorporación de Toén ao CIM de Barbadás, solicitando información sobre a situación deste servizo.

🔹 Recordatorio ao alcalde sobre se xa se solicitara a mellora do acceso ao Centro de Saúde de Toén.

🔹 Preguntas sobre o Obradoiro Dual de Emprego aprobado conxuntamente cos Concellos de Barbadás e Taboadela, así como sobre a súa posta en marcha.

🔹 Pregunta pola situación e localización prevista para a Residencia de Maiores, solicitando que se conte con eles para elexir ubicación..

🔹 Solicitude de información sobre a situación urbanística e a licenza da planta asfáltica de Paredes. e da planta de machaqueo de Feá.

🔹 Solicitude de limpeza d camiño que une Moreiras cosas Airas, por onde o Pazo.

📢 Agrupación Socialista de ToénIMPORTANTE PARA AS PERSOAS DESEMPREGADAS DE TOÉN🟢 20 PRAZAS DE FORMACIÓN + EMPREGOXa está...
22/09/2026

📢 Agrupación Socialista de Toén
IMPORTANTE PARA AS PERSOAS DESEMPREGADAS DE TOÉN

🟢 20 PRAZAS DE FORMACIÓN + EMPREGO

Xa está en marcha o Obradoiro Dual de Emprego “Concellos Rurais da Comarca de Ourense: Barbadás, Taboadela e Toén IV”, promovido polo Concello de Barbadás coa participación dos concellos de Toén e Taboadela.

👥 ¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

Está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, inscritas como demandantes de emprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados profesionais de nivel 2.

📍 ATENCIÓN ÁS PERSOAS DE TOÉN

👉 As persoas desempregadas de Toén interesadas en participar deben estar inscritas como demandantes de obradoiros de emprego na Oficina de Emprego da Ponte (Ourense).

‼️ É importante comprobar canto antes que a demanda de emprego está correctamente actualizada e que se figura como demandante de obradoiros de emprego.

A Xunta establece que a selección do alumnado se realiza a través dunha oferta específica presentada na oficina de emprego correspondente. Ademais, tamén se pode realizar a solicitude telematicamente a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia.

📚 ¿QUE FORMACIÓN OFRECE?

O obradoiro conta con 20 prazas de alumnado-traballador e dúas especialidades:

🌲 APROVEITAMENTOS FORESTAIS – AGAR0108

Certificado profesional de nivel 2.

Formación e práctica profesional no ámbito dos aproveitamentos forestais.

🤝 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS – SSCS0208

Certificado profesional de nivel 2.

Formación para a atención e coidado de persoas dependentes en institucións sociais.

💶 FORMACIÓN + TRABALLO REMUNERADO

Non é un simple curso. As persoas participantes serán alumnas-traballadoras, combinando formación e práctica profesional mediante un contrato de formación en alternancia.

📌 ¿ONDE CONSULTAR AS BASES E A INFORMACIÓN?

🔹 Emprego Galicia – Obradoiros Duales de Emprego 2026/27:
Consultar a información oficial da Xunta

🔹 Oficina Virtual de Emprego Galicia: para consultar a situación da demanda e realizar a solicitude telemática cando corresponda.

🔹 Oficina de Emprego da Ponte: as persoas de Toén interesadas deben acudir ou contactar coa oficina para comprobar a súa inscrición como demandantes de obradoiros de emprego.

🔹Concello de Barbadás.

📢 NON O DEIXES PARA O ÚLTIMO MOMENTO

Se estás desempregado/a, tes 18 anos ou máis e cumpres os requisitos de acceso, consulta canto antes a túa situación na Oficina de Emprego da Ponte e manifesta o teu interese neste obradoiro.

📍 TOÉN – BARBADÁS – TABOADELA

🟥 INTERVENCIÓNS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOÉN NO PLENO DO CONCELLO📅 O pasado 16 de xullo, a Agrupación Socialista de ...
23/07/2026

🟥 INTERVENCIÓNS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOÉN NO PLENO DO CONCELLO

📅 O pasado 16 de xullo, a Agrupación Socialista de Toén participou no Pleno do Concello, trasladando diferentes cuestións de interese para a veciñanza e realizando propostas, rogos e preguntas ao equipo de Goberno.

No Pleno, amosamos o noso apoio ás denominacións de espazos públicos municipais e á programación das festas locais para o ano 2026.

Así mesmo, abstivémonos na aprobación da Conta Xeral do Concello correspondente ao exercicio 2025, ao tempo que volvemos manifestar a nosa oposición a determinadas prácticas contractuais xa denunciadas anteriormente e reclamamos unha mellor xestión económica dos recursos municipais.

📌 ROGOS E PROPOSTAS

Entre as cuestións trasladadas ao equipo de Goberno estiveron:

🔹 A posibilidade de instalar un cambón, aproveitando a oferta realizada por unha veciña de Mugares.

🔹 Solicitar a substitución da porta de acceso ao centro de saúde por unha porta corredeira, para facilitar o acceso ás persoas con dificultades de mobilidade.

🔹 A limpeza e reparación das perdas de auga do lavadoiro da Praza do Torrón, en Alongos e o soterramento ou recolocación do poste situado nesta zona diante dunha vivenda de valor patrimonial.
🔹 Manifestamos a nosa disconformidade pola aprobación das subvencións nominativas O Rally de de Ourense e Colectivo Hércules, por ser eventos celebrados en 2025 e imputar gastos a 2026.

❓ PREGUNTAS AO EQUIPO DE GOBERNO

Tamén formulamos preguntas sobre diferentes asuntos que consideramos importantes para o municipio:

➡️ A situación do expediente de ruína dunha vivenda en Mugares.

➡️ A licenza de actividade dunha planta de aglomerado asfáltico en Puga e Feá.

➡️ As xestións realizadas para recuperar o espazo das antigas canteiras de Mugares para uso público.

➡️ Se xa se efectuou a adhesión ao CIM de Barbadás.

➡️ O protocolo previsto no convenio para a xestión dos niños de avespa velutina e a información que se facilitará á veciñanza.

➡️ O futuro uso que se pretende dar ao actual campo de fútbol de Toén unha vez se inaugure o novo.

➡️ A necesidade de controlar e reclamar á empresa subministradora ante os problemas de abastecemento de auga que se están producindo en Moreiras.

🌧️ OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE

Finalmente, puxemos tamén sobre a mesa:

🔸 Os problemas de acumulación de auga que se producen coas choivas no novo parque de Moreiras.

🔸 A continuidade das melloras na sinalización viaria do Concello.

🔸 A conveniencia de estudar a implantación ou recomendación de sentido único nalgunhas rúas de Moreiras,

🔸 O arranxo da estrada de Puga a Paredes.

🔸 A substitución dun poste situado na contorna da igrexa de Puga.

🔸 E a modificación dun poste do subministro eléctrico en Trelle.

Desde a Agrupación Socialista de Toén continuaremos traballando para trasladar ao Pleno as necesidades e preocupacións da veciñanza,

Moción ao Pleno sobre novo velorio en Moreiras.No Pleno do Concello de Toén celebrado o pasado 21 de maio de 2026, a Agr...
27/05/2026

Moción ao Pleno sobre novo velorio en Moreiras.

No Pleno do Concello de Toén celebrado o pasado 21 de maio de 2026, a Agrupación Socialista de Toén levou unha moción para impulsar a construción dun novo velorio en Moreiras, e despois
de incorporar pequenas modificacións consensuadas entre os grupos municipais, a moción foi aprobada por unanimidade,

No mesmo Pleno, o portavoz da Agrupación Socialista tamén trasladou o malestar e a preocupación existente entre a veciñanza de Puga pola contaminación que se está a verter ao río procedente da canteira de Paredes e da planta de aglomerado asfáltico situada na mesma zona, preguntando o voceiro socialista expresamente se esta actividade dispón da correspondente licenza municipal para a actividade que está a levar a cabo.

🔥 PLAN PLADIGA EN MARCHA NO NOSO CONCELLO 🔥Xunta de Galicia pon en marcha o Plan galego de Prevención e Defensa contra o...
05/05/2026

🔥 PLAN PLADIGA EN MARCHA NO NOSO CONCELLO 🔥

Xunta de Galicia pon en marcha o Plan galego de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (PLADIGA), no que se priorizan 276 parroquias en toda Galicia para actuar na retirada de maleza e prevención de incendios.

👉 No noso concello, as parroquias incluídas son:
📍 Toén (Santa Mariña)
📍 Moreiras (San Pedro)
📍 Xestosa (Santa Mariña)

🌿 Os propietarios de fincas situadas a menos de 50 metros das casas poden solicitar a limpeza e desbroce a través de SEAGA.

💰 Prezo: 420 € por hectárea
📅 Prazo límite para ter limpa a franxa, 31 de Maio

⚠️ É fundamental cumprir cos prazos para reducir o risco de incendios e protexer as nosas vivendas e o entorno.

Noticia na Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/forestal/2026/05/04/276-parroquias-duenos-fincas-pueden-contratar-desbroces-seaga/00031777913795883602623.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen&fbclid=IwVERTSARmiARleHRuA2FlbQIxMABzcnRjBmFwcF9pZAwzNTA2ODU1MzE3MjgAAR5AVAndM6KT2taKaw9AzZrFOoRBKkUdxnPldGMT5yOYC1BqXCWgQ7T-vLwVDg_aem_OZ3jBlMj96LTu8z-dtXeug&sfnsn=scwspwa

📢 Pleno municipal en Toén 26.3.2026, intervencións mais importantes da Agrupación Socialista de Toén 📢🔴 Modificación Orz...
03/04/2026

📢 Pleno municipal en Toén 26.3.2026, intervencións mais importantes da Agrupación Socialista de Toén 📢
🔴 Modificación Orzamentaria Nº 1/2026 (Crédito extraordinario e suplemento de crédito)
Votamos en contra, xa que se está a modificar un orzamento recentemente aprobado, o que evidencia unha total falta de planificación. Ademais, hai partidas que se incrementan máis do dobre e preténdese conceder subvencións en 2026 por eventos deportivos de anos anteriores, incluso a entidades que non o tiñan solicitado.
⚠️ Decretos da Alcaldía
Manifestamos o noso desacordo cun decreto de contrato menor para mantemento de parques e xardíns, que supón case o triple de gasto nun servizo que viña facendo a empresa Aspamadis (empresa que traballa con persoas con discapacidad intelectual). No procedemento invitouse só a unha empresa, o que vulnera os principios de transparencia, publicidade e concorrencia marcados na Lei de Contratos do Sector Público, non se ofertou tampouco a empresas do Concello e deixase, deste xeito, de facer unha labor de inclusión social ao no invitar sequera á empresa que estaba a realizar os traballos dende o ano 2021 e á cal no se lle tiña incrementado nin o IPC anualmente .
❓ Rogos e preguntas ao goberno municipal.
Trasladamos múltiples cuestións e demandas veciñais, entre elas:
 Freixendo: Solicítase o encauzamento do regato e a revisión da fosa séptica e os tubos de saneamento que non están a cumprir a súa función por múltiples perdas.
 Expedientes de ruína: Manifestamos a preocupación polo estado actual de diversas edificación que presentan estados ruinosos nas nosas aldeas. Pedimos listado dos expedientes de ruína abertos neste momento no Concello, data e actuacións feitas ou pendentes sobre ditos expedientes. Deuse conta de casas en Freixendo, en Alongos, Mugares, Trellerma, Fondón e Moreiras que están en un estado ruinoso e perigroso.
 Preguntouse pola titularidade da propiedade do local social de Xestosa situado no Campo da festa.
 Preguntamos polo estado das canteiras de Hermanos Cortiñas, problemas de baleirado de escombros e posibles usos futuros.
 Solicitamos melloras de camiños en Mugares e Toén. Tamén preguntamos polos motivos do afundimento de camiño en Toén.
 Preguntamos polo estado das obras no parque de Moreiras, si estaba rematado e incidencias rexistradas con respecto á entrada de cans ao areneiro.Transmitimos tamén o malestar dos veciños polos remates das obras e limpeza á finalización das obras na Calle Real, Seixo e anexo, en Moreiras.
 Fíxose un proposta para que se estudie un novo velorio en Moreiras con mellor accesibilidade, aparcamento, capacidade e comodidade para os usuarios.
 Falamos da necesidade de sinalización en estradas e espazos públicos, que se dote unha partida para a súa mellora. Tamén que se fagan traballos de mantemento de vías, canaletas, etc.
 Pedimos a revisión dos postes de madeira onde se atopan as farolas do Concello, con maleza, moitos en mal estado e con risco de caída.
Seguimos traballando pola mellora do Concello de Toén.

Dirección

Toén
32900

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agrupación Socialista de Toén publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Agrupación Socialista de Toén:

Atajos

Compartir

Categoría