Movemento Veciñal de TOURO

Contactar con la organización

Movemento Veciñal de TOURO Un movemento veciñal que acadou tres concelleiros na primeira vez que se presentou ás eleccións. Cun equipo formado, con seriedade e ilusión.

O presente e futuro dun Touro que loita por salir da apatía e do caciquismo do PP.

24/10/2026



O Concello de Touro acaba de exhibir con orgullo a súa nova «Bandeira Verde de Galicia», un recoñecemento concedido pola Consellería de Medio Ambiente como exemplo de boas prácticas ambientais. Porén, detrás da fotografía institucional e da propaganda oficial agóchase unha realidade moito ...

22/10/2026

BANDEIRA VERDE NA PROPAGANDA, PAGO DE MULTAS POR VERQUIDOS ILEGAIS NOS DECRETOS

Entre os Decretos dos que se nos deu conta no último Pleno comprobamos a existencia de dúas sancións de Augas de Galicia ó Concello de Touro por verquidos sen autorización ó Dominio Público Hidráulico.

En concreto, as sancións falaban dun verquido ó Rego Portapego, e outro ó Rego Barral; o Movemento Veciñal de Touro solicitamos a remisión dos expedientes completos para comprobar os feitos, e ó facelo, vimos que as explicacións do Alcalde no Pleno en que se abordou o asunto non contaban toda a verdade.

Mentres se nos explicou que as sancións se debían a que Espina&Delfín levara a cabo unhas obras nas instalacións da depuradora saltándose os permisos de Augas, a resolución de Augas de Galicia fala dunha neglixencia por parte do Concello de Touro, que provocou un verquido, unha inspección de Augas de Galicia e un expediente de sanción.

A neglixencia referida por Augas de Galicia é a maneira en que os gobernos do PP veñen exercendo as súas competencias en medio ambiente durante décadas en Touro e en Galicia, e neste caso en concreto, no relativo á total falta de control sobre as instalacións da Depuradora.

En concreto, Augas de Galicia notificou no seu expediente, ademáis da existencia do verquido contaminante ó Rego Portapego, a falta dos autocontrois do último trimestre de 2025 e do primeiro trimestre de 2026. [Imaxe 1]

Entre os feitos observados por Augas de Galicia na inspección ás instalacións non se menciona a execución de ningunhas obras na Planta, de feito concrétase que esas obras non comezaron. [Imaxe 2]

O propio Concello de Touro, recoñece nas súas alegacións á sanción, que o verquido non é produto de ningunhas obras se non dunha avaría que os colleu de sorpresa: [Imaxe 3]

Por qué minte o Alcalde no Pleno?

Un procedemento sospeitoso:

A denuncia que motivou a sanción ten data do 6 de Abril de 2026, con posterior inspección de Augas de Galicia na mañá seguinte, día 7 dese mesmo mes de Abril, e apertura de expediente sancionador con notificación ó Concello o día 1 de Xuño.

Entre o momento da inspección e a notificación da sanción, o día 11 de Maio de 2026, o Concello de Touro traslada a Augas de Galicia os informes de «autocontrol» do 4º trimestre de 2025 e do 1º trimestre de 2026 que faltaban.

A Augas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia gobernada polo PP lévalle case dous meses notificar a apertura do expediente, e mentras o asunto dá voltas polas oficinas de Santiago, o Concello de Touro, gobernado polo PP «ponse ó día» co traballo atrasado de 6 meses e presenta os informes de todos os «autocontrois» que faltaban…

Algo cheira, e non son só os verquidos da depuradora.

Da sanción polo verquido que afectou ó Rego Barral, falaremos proximamente, que a súa substancia tamén ten.

(mellor ler entrando no enlace https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/10/22/bandeira-verde-na-propaganda-pago-de-multas-por-verquidos-ilegais-nos-decretos/)

PLENO ORDINARIO OUTUBRO 2026Un Pleno celebrado sen a presencia do Alcalde, pero no que a capacidade do goberno para toma...
10/10/2026

PLENO ORDINARIO OUTUBRO 2026

Un Pleno celebrado sen a presencia do Alcalde, pero no que a capacidade do goberno para tomar malas decisións non se perde.

Neste Pleno, logo de que a Diputación sinalara erros na redacción do proxecto de rehabilitación da escola das Goritas, o goberno viuse obrigado a traer a unha modificación do mesmo. E incrementar o coste da execución.

Isto súmase ós problemas que tal actuación presenta e que cabe recordar; xa cando este proxecto se incluíu no POS en Decembro de 2025, o Movemento Veciñal alertara das dificultades de acceso ós terreos necesarios para acometer a obra. Preguntando na Comisión Informativa previa ó Pleno celebrada o día 5 deste mes, díxosenos que ese asunto non se resolvera aínda cos titulares dos terreos.

Ante esa situación espuxemos a opción de que eses 200.000€ que na práctica van estar conxelados ata que se resolva a situación cos titulares dos terreos do entorno da escola, se destinaran a outro proxecto a considerar, tendo en conta que os fondos xa están concedidos, e dada a necesidade de investimentos que ten Touro en moitos outros eidos.

Ter en conta que, de momento, a situación leva paralizada case un ano, e sen visos de resolverse no curto prazo.

Tamén se producíu un debate pola municipalización do servizo de abastecemento de auga, cuxo contrato de concesión remata a finais deste ano. Foi curioso ver a unanimidade dos grupos en suspender a xestión levada a cabo pola actual concesionaria Espina&Delfín.
Fai algo màis dun ano, cando o Movemento Veciñal de Touro estaba no goberno, a postura de todos os que estaban na oposición era moi distinta, daquela era primordial desgastar ó goberno valéndose de calquera aspecto. Cun apoio a aquel goberno, que xa sinalaba esas carencias da empresa, hoxe non habería os mesmos problemas que padece Touro no relativo á auga e o Concello tería unha posición de forza para esixirlle á empresa.

No canto, temos un goberno que lle regala o Concello, que aínda lle agradece que as súas neglixencias non sexan máis, e que paga multas polas súas malas prácticas, isto sen entrar a valorar aínda o gastado en cisternas pola nula labor de control sobre o abastecemento de auga...

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/10/09/pleno-ordinario-outubro-2026/

PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO 2026A nefasta xestión do goberno municipal maniféstase en tódolos ámbitos nos que ten compet...
20/09/2026

PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO 2026

A nefasta xestión do goberno municipal maniféstase en tódolos ámbitos nos que ten competencia

Logo de que no mes de Agosto non se celebrara Pleno ordinario, chegabamos a un Pleno de setembro ben completo de asuntos, tanto que o atrasaron do xoves 10 ao martes 15, para poder incluir as propostas do goberno para o Plan Complementario do POS, a necesidade de ir ós aforros do Concello para pagar o funcionamento de servizos básicos por segunda vez no ano, e para volverse atrás coa "modificación da RPT" que trouxeron a Pleno no mes de Xullo e á que o Movemento Veciñal de Touro votamos EN CONTRA por ser, resumidamente, unha chapuza que discrimina ós traballadores, paraliza procesos selectivos en beneficio de persoas concretas e imposibilita unha xestión eficiente e eficaz do persoal do Concello.

1. En canto ás propostas para o Plan Complementario de Obras, adícase unha gran cantidade de recursos, o máximo que permite o Plan ó financiamento de gastos correntes dos servizos do Concello, principalmente auga e electricidade, algo que nunca ocorrera antes xa que a boa situación económica do Concello permitía adicar a totalidade do POS a investimentos. A maiores disto, e seguindo a liña dos anteriores plans presentados polo novo goberno, inclúense algunhas das obras que xa poderían estar executadas se o actual goberno non votara en contra do POS 2025 que presentamos nós en xaneiro do ano pasado. Atrasan máis dun ano a execución de obras, moitas delas urxentes, e as consecuencias son tanto as molestias para os veciños, como a deficiente xestión económica nas contas municipais.

2.Dadas esas consecuencias económicas de atrasar a execución de obras, como por exemplo concreto, a renovación de alumeados públicos e instalacións eléctricas, o Concello vese obrigado tamén a tirar dos aforros do Concello para pagar o funcionamento de servizos básicos.

Convén ter en conta que esta é a segunda vez que se vai ós aforros do Concello no que vai de ano. Estamos en setembro e o Concello retirou da caixa 393.234,70 € (125.234,70 € na primeira ocasión e 268.000 € na aprobada onte).

Todo isto, co agravante de que o Orzamento para este ano 2026, foi aprobado no mes de Marzo. O feito de ter que recurrir xa dúas veces no ano a financiamento complementario demostra unha pésima planificación económica, incontinencia no gasto público e carencias graves na xestión dos recursos públicos.

3.Tamén se someteron a votación as Alegacións á proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. Como consecuencia das mesmas o goberno veuse obrigado a retirar a proposta de modificación, por deficiencias no trámite administrativo e por ser un atropelo ós dereitos adquiridos dos participantes nun proceso selectivo en beneficio directo dun traballador concreto que era segundo o alcalde "a persona adecuada", e por non aportar ningunha mellora tampouco en canto á deficiente xestión do persoal.

Unha xestión do persoal que se reflicte nun custo económico polo recurso de horas extra dos traballadores, algún dos cales acumula máis de 450 horas nos 240 días (incluíndo sábados, domingos, e festivos) que van de ano ata finais do mes de agosto.

A maiores de todas estas cuestións non menores, coñecimos que o Concello recibira dúas sancións de Augas de Galicia por verquidos contaminantes ó dominio público procedentes da depuradora, dado que, segundo declara o Alcalde, Espina&Delfín se saltou os permisos de actuación outorgados para realizar xestións nesa infraestrutura.

Volveremos sobre a cuestión de Espina&Delfín cando vaiamos coñecendo máis polo miúdo as facturas do suministro de auga con camións cisterna.

Uns incumpren, o Concello paga. Así é a xestión do goberno do Partido Popular, uns sempre gañan, pero a veciñanza sempre perde.

A nefasta xestión do goberno municipal maniféstase en tódolos ámbitos nos que ten competencia Logo de que no mes de Agosto non se celebrara Pleno ordinario, chegabamos a un Pleno de setembro ben co…

17/07/2026

O CONCELLO DE TOURO DESATENDE OS SEUS COMPROMISOS COA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Mediado o mes de xullo o Concello non puxo en marcha o servizo de motobomba para a extinción de incendios.

No ano 2025, o Movemento Veciñal de Touro, promovera dende o goberno un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para, a través dunha subvención, financiar o servizo de motobomba de extinción de incendios e os desbroces no territorio municipal nos anos 2025 e 2026.

Dacordo co convenio asinado, o servizo de motobomba tiña que estar operativo dende o pasado día 1 de xullo, sen embargo, a día de hoxe 17 de Xullo o goberno municipal liderado polo PP de Touro aínda non o puxo en funcionamento.

Cabe recordar que no ano 2025 xa se perdeu unha parte da subvención destinada ós desbroces porque o actual goberno do PP non executou os traballos comprometidos, co que o Concello saíu dobremente perxudicado; os terreos quedaron sen desbrozar e perdéronse 34.624,50 € de subvención.¹

Para este 2026, o Concello tampouco solicitou á empresa pública SEAGA o desbroce de 12 km de pistas forestais conforme ó convenio activado polo Movemento Veciñal no ano 2024.

O goberno do PP intenta ocultar a súa parálise con anuncios nas redes sociais e na comunicación institucional, a realidade é que dende que comezaron a gobernar aínda non executaron nada a escepción da temeridade do local de Protección Civil², por iso anuncian e presentan unha e outra vez as mesmas obras e proxectos decindo que "vaise facer".

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/07/15/o-concello-de-touro-desatende-os-seus-compromisos-coa-conselleria-de-medio-rural/

Pleno Ordinario Xuño 2026A nula capacidade do goberno para facer mesmo aquelo que eles consideran "urxente" e "prioritar...
13/06/2026

Pleno Ordinario Xuño 2026

A nula capacidade do goberno para facer mesmo aquelo que eles consideran "urxente" e "prioritario"

No mes de novembro de 2025, advertimos de que as que o novo goberno denominaba "urxentísimas obras" referidas á "reparación" e "mellora" da rede de abastecemento de auga e da piscina municipal, non iban estar listas para este verán, aínda no caso de que se tramitaran o máis rápido posible. [https://pmvdetouro.wordpress.com/2025/11/27/sabias-que-%e2%8f%b1%ef%b8%8f/]

No Pleno de onte, 11 de Xuño, aprobouse finalmente iniciar o trámite de contratación da obra para o abastecemento de auga. Este trámite vai demorarse alomenos 1 mes dende hoxe, co que no mellor dos casos a obra comezará a facerse a mediados de xullo, e contempla un prazo de execución de 9 meses.

O Movemento Veciñal de Touro, dadas as carencias na xustificación da obra, dado que a obra non estará lista para afrontar a tempada de seca deste verán, dado que o Concello non dispón da concesión de Augas de Galicia para aumentar o bombeo, e ante o feito de que esta obra é a contemplada por Cobre San Rafael como compensación pola eliminación das captacións no proxecto da Mina de Touro, propuxemos que se pospuxera a súa tramitación ata que o Concello reciba os permisos e Augas de Galicia se pronuncie sobre o proxecto mineiro, e en especial, no referido á proposta de Cobre San Rafael que coincide con esta obra. A maioria absoluta do Pleno desoíu a nosa proposta e aprobaron iniciar o trámite. Nós non.

No referido á piscina municipal, no mes de maio o Goberno someteu a contratación as obras para o proxecto de reparación integral da piscina, a este contrato non se presentou ningunha empresa.
Ante este feito víronse obrigados a realizar as tarefas de mantemento mínimas, as que se fan tódolos anos, para poder abrir a piscina na tempada de verán. E que son as que anunciaron estes días nas redes sociais.

Isto non lle tería acontecido se cando estaban na oposición non votaran en contra do programa POS que o goberno do Movemento Veciñal someteu no mes de febreiro de 2025 e que incluía a reforma e reparación da piscina e a construcción da piscina infantil. En fin, non se engana quen non quere.

Logo volvimos a consultar sobre as obras que se están facendo en Protección Civil sen ningunha medida de seguridade, planificación e proxecto técnico, e tamén polo dito onte, sen os permisos sectoriais pertinentes, en concreto sen a autorización de AESA por estar o edificio na área de influencia do Aeroporto de Lavacolla, e tratarse dunha obra que afecta á estrutura do edificio e ó seu volume.

O sr Alcalde non entende, ou fai que non entende o que é unha medida de volume, confunde a altura máxima do edificio co seu volume total; segue coa súa patada cara adiante para realizar as obras sen os correctos equipamentos para os traballadores, sen proxecto nin supervisión técnica, e sen os permisos sectoriais necesarios.

Di que o Movemento Veciñal queremos paralizar a acción do goberno, a realidade é que este goberno paralízase só, a maioría das obras están sen facer, e o pouco que se fai, non se fai ben.

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/06/12/pleno-ordinario-xuno-2026/

20/05/2026

Obras no edificio de Protección Civil

Ó "novo goberno" éntranlle agora as presas por reformar o edificio de Protección Civil, despois de deixar perder unha subvención de 40.000€ por non facer unha obra con proxecto técnico e garantías de seguridade.

Agora, en vez de executar ese proxecto, que en todo caso, poderían financiar cos €s do concello, fan unha «reforma» totalmente carente de tódalas garantías técnicas e medios necesarios para levala a cabo, e poñen en risco tanto a seguridade da estrutura do edificio como a dos traballadores municipais que realizan a obra:

1.Os traballadores non recibiron a formación necesaria para os traballos en altura que están facendo sobre a cuberta do edificio.
2.Os traballadores non recibiron os equipos de protección individual necesarios para realizar os traballos.
3.Os traballadores non disfrutan dos equipos de seguridade colectiva obrigatorios neste tipo de obras.
4.A obra non dispón de Proxecto Técnico que indique que reforzos estruturais precisa o edificio para garantir a seguridade e durabilidade unha vez finalizada a obra.
5.Os traballos realízanse sen ningunha supervisión técnica.

Máis información no enlace: https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/05/19/neglixencia-do-goberno-do-pp-as-obras-no-local-de-proteccion-civil/

08/05/2026

No Pleno ordinario de onte, debateuse sobre a mina.

Os habituais debates plenarios arredor de se o Concello "ten que posicionarse" tódolos meses dalgunha maneira sobre o asunto mineiro, deslabazando as problemáticas unha a unha, ignoran por completo o feito de que o Concello de Touro XA TEN un posicionamento oficial, recoñecido, consolidado, escrito e concretado no trámite de avaliación ambiental que está realizando a Xunta de Galicia.

Ese posicionamento é a solicitude dunha Declaración de Impacto Ambiental desfavorable ó proxecto e a retirada definitiva do mesmo. Posicionamento argumentado nun informe técnico de 100 páxinas, elaborado polo Concello e a asesoría ambiental contratada polo goberno do Movemento Veciñal de Touro.¹

Animamos ós demais grupos a reforzar a posición e os argumentos do informe técnico e defendelo como propio, sen prexuízo de que se poidan incorporar novos argumentos ó mesmo fin.

\_/

Por outra banda, o Alcalde do PP manifestou no Pleno, que o Proxecto Mineiro non inclúe propostas de solución ante os problemas que conlevaría a súa posta en funcionamento. Esta afirmación é falsa.

O Proxecto Mineiro inclúe unha proposta de "solución" que consiste en costear unha reforma do sistema de abastecemento municipal de auga para ampliar a capacidade da rede e levar auga ata os núcleos de poboación e usuarios con dereitos de augas afectados pola explotación mineira.

O Alcalde do PP coñece esta proposta perfectamente, en Xaneiro de 2025 presentou unha Moción a Pleno para levar a cabo esta proposta mediante un "convenio coa promotora Cobre San Rafael SL", e dende que lidera o goberno, aprobou unha proposta de mellora da capacidade da rede de abastecemento municipal, que coincide coa proposta feita por Cobre San Rafael no Proxecto de Explotación.²

O noso partido xa denunciou a coincidencia dos proxectos presentados por Cobre San Rafael e o Concello de Touro para a "mellora da rede de abastecemento" en varias publicacións.³

Seguimos defendendo que non se debe executar ese proxecto nas condicións nas que se tramitou.

https://pmvdetouro.wordpress.com/2026/05/08/pleno-ordinario-maio-2026/

Fermoso día de compartir experiencias e construir ferramentas con compañeiros de moitos recunchos de Galicia.🫂E tamén de...
25/04/2026

Fermoso día de compartir experiencias e construir ferramentas con compañeiros de moitos recunchos de Galicia.🫂

E tamén de memoria, no aniversario da revolución en Portugal que puxo fin á ditadura no país veciño. 🌹

O próximo sábado, o Movemento Veciñal de TOURO  asistiremos en Chantada á xornada de Agora Galicia  na que compartiremos...
18/04/2026

O próximo sábado, o Movemento Veciñal de TOURO asistiremos en Chantada á xornada de Agora Galicia na que compartiremos espacio con outras candidaturas municipalistas independentes de todo o territorio galego coas que compartimos principios políticos.

🔵 Agora Galicia constitúese como espazo de encontro de candidaturas municipalistas galegas co obxectivo de seguir medrando como cuarto espazo político do País.

🤝 Candidaturas das catro provincias galegas propoñen un modelo de coalición, con autonomía local, para sumar votos cara as Deputacións e compartir experiencias de traballo municipal.

💚 As candidaturas de Agora Galicia configúranse como espazos locais plurais de defensa da mairía social fronte a onda reaccionaria global.

* Galicia, 10 de abril de 2026. *

Le a nota completa aquí 👇

O vindeiro 25 de abril, candidaturas municipalistas de toda Galicia reúnense en Chantada para seguir traballando nunha confederación de proxectos locais cara as Municipais de 2027.

Dende o primeiro encontro realizado en marzo de 2025, sumáronse máis espazos locais ao proxecto, que se darán cita nunha xornada na que se propón definir o modelo de concorrencia ás Eleccións Locais de 2027. Proponse un modelo de coalición creada especificamente para as Municipais de 2027 e con ampla autonomía local, estando aberta a incorporacións.

A coalición permite o mantemento de siglas locais e a capacidade das candidaturas de chegar a acordos con outras forzas políticas e sociais a nivel local ou de partido xudicial. Permite a optimización do voto popular, sumando votos en cada partido xudicial, de cara á elección das Deputacións, e preserva a capacidade de decisión nas localidades, tanto nas súas finanzas coma na designación de representantes supramunicipais.

Asemade, as candidaturas municipalistas dótanse dunha Coordinadora – integrada por unha persoa representante de cada localidade –, e un Código Ético común.

Cremos firmemente na cooperación dos proxectos de base e cos movementos da cidadanía para, desde os concellos, poidamos construír unha ferramenta plural ao servizo do país, partindo da base de que só coa expansión do espazo político galego é posible un cambio de rumbo en Galicia aumentando a pluralidade política e o entendemento entre as forzas transformadoras e para mobilizar abstencionistas, xente descontenta co escenario político actual de crecente desafección, e a convencer votantes doutras forzas de que hai unha alternativa galega construída por veciñas e veciños sen dogmatismos nin hipotecas.

Temos mirada e horizonte propio, pero coas xanelas abertas ao diálogo co fin de chegar a puntos de encontro coas forzas políticas e sociais e, sobre todo, co conxunto do tecido social de base e coa cidadanía do noso país acompañando as súas arelas e necesidades e loitando por defender os servizos sociais e por un futuro mellor para Galicia

Por outra parte, nun momento tan complexo a nivel global, as candidaturas municipalistas sitúanse claramente contra a vaga reaccionaria global, poñéndose na vangarda da loita por un mundo máis xusto e contra a mudanza climática dende as institucións locais.

Os documentos a debate na xornada complétanse con resolucións contra a guerra e a favor de acordos amplos para evitar unha vitoria da ultradereita nas vindeiras Eleccións Xerais.

Nun cadro tan sombrío e complexo nen que dicir ten que o contributo de Agora Galicia ten que ser organizar a cidadanía máis activa e consciente dos nosos concellos e facer ver desde un municipalismo coherente e honesto que hai alternativa a esta deriva política autoritaria e antisocial, que apenas favorecerá os privilexios dos ricos e a degradación das sociedades e dos territorios. Igualmente, non abonda con rexeitar o espolio territorial e o acaparamento de terras, mais cómpre incidir nas alternativas.

Dirección

Touro
15822

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Movemento Veciñal de TOURO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Movemento Veciñal de TOURO:

Atajos

Compartir