Concello de Touro

Cómo llegar Página web

Concello de Touro Rede social do Concello de Touro.

🍂🍁 XVII XORNADAS MICOLÓXICAS E SHOWCOOKING DE PRODUTOS DE OUTONO O SÁBADO 14 DE NOVEMBRO EN TOURO ℹ️ℹ️ O Concello de Tou...
22/10/2026

🍂🍁 XVII XORNADAS MICOLÓXICAS E SHOWCOOKING DE PRODUTOS DE OUTONO O SÁBADO 14 DE NOVEMBRO EN TOURO

ℹ️ℹ️ O Concello de Touro organiza dúas actividades moi outonais para o sábado 14 de novembro

🍄‍🟫🍄 Ao longo desa xornada terán lugar as XVII Xornadas Micolóxicas a cargo de José María Costa Lago

👩‍🍳🍄‍🟫E pola tarde, un showcooking de produtos de outono a cargo do chef Jose Carlos Gomez

✍️✍️ O prazo para anotarse en ambas actividades comezará a vindeira semana: será do 26 de outubro ao 6 de novembro

🎃👻 O Samaín xa está aquí! 🕸️🧙‍♀️🦇🍬Preparade os vosos disfraces, porque chega unha das xornadas máis terroríficas e diver...
21/10/2026

🎃👻 O Samaín xa está aquí! 🕸️🧙‍♀️

🦇🍬Preparade os vosos disfraces, porque chega unha das xornadas máis terroríficas e divertidas do ano! Convidámosvos a decorar os vosos fogares e establecementos!

💄😈Haberá obradoiros, animación, música, terá lugar a IV Procesión da Santa Compaña cun roteiro teatralizado, chocolatada terrorífica... e moita moita diversión!

📅 A cita será o sábado 31 de outubro e lembrade que o Concello de Touro dispón de disfraces para participar na procesión da Santa Compaña. O prazo para solicitalos rematará este venres, 23 de outubro

🟢🟢 TOURO RECIBE DE NOVO A BANDEIRA VERDE 👉🏾👉🏾 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, parti...
21/10/2026

🟢🟢 TOURO RECIBE DE NOVO A BANDEIRA VERDE

👉🏾👉🏾 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou en Vedra na entrega dos distintivos Bandeira Verde de Galicia aos 39 concellos recoñecidos este ano, entre eles Touro. O distintivo foi recollido pola alcalde, Jesús Reboredo.

ℹ️ℹ️Cómpre lembrar que o distintivo Bandeira Verde de Galicia ten como obxectivo poñer en valor a aposta que se fai desde as administracións locais para garantir a protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado ambiental do territorio.

🗞️🗞️Máis datos na ligazón: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/029683/xunta-sinala-record-39-bandeiras-verdes-concedidas-este-ano-como-exemplo-compromiso

🏠👵 O CONCELLO DE TOURO CONTARÁ COA PRIMEIRA CASA DO MAIOR, QUE SE SITUARÁ NA PARROQUIA DE VILAR 👉👉 O novo recurso ofrece...
21/10/2026

🏠👵 O CONCELLO DE TOURO CONTARÁ COA PRIMEIRA CASA DO MAIOR, QUE SE SITUARÁ NA PARROQUIA DE VILAR

👉👉 O novo recurso ofrecerá cinco prazas de atención diúrna para persoas maiores e estará situado nos baixos da vivenda social de Vilar, no local que ata agora se empregaba como colexio electoral

🏠🏠O Concello de Touro contará coa súa primeira Casa do Maior, un novo recurso de proximidade destinado a mellorar a atención e a calidade de vida das persoas maiores do municipio, favorecer que poidan permanecer no seu contorno habitual e ofrecer apoio ás familias coidadoras. A iniciativa é froito do acordo e do traballo conxunto entre Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde, Jesús Reboredo, que continúan impulsando medidas para ampliar os servizos sociais e mellorar a atención á veciñanza.

🗺️🗺️ A Casa do Maior estará situada na parroquia de Vilar, nos baixos da vivenda social, concretamente no local que ata o de agora se utilizaba como espazo para a celebración das votacións electorais.

✅✅Cinco prazas de atención personalizada

ℹ️ℹ️As Casas do Maior son recursos de atención diúrna promovidos no marco do programa da Xunta de Galicia, pensados especialmente para os concellos rurais que non dispoñen dun centro de día. Cada establecemento conta cun máximo de cinco prazas, o que permite ofrecer unha atención próxima, individualizada e adaptada ás necesidades das persoas usuarias.

👵👴 O servizo está dirixido, con carácter xeral, a persoas maiores de 60 anos que cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente. A atención poderá prestarse ata un máximo de oito horas diarias, de luns a venres. Entre as prestacións inclúense o acompañamento, o apoio nas actividades da vida diaria e o desenvolvemento de actividades de lecer, convivencia, envellecemento activo e estimulación cognitiva. Ademais, o recurso contempla a manutención das persoas usuarias e poderá contar con transporte para facilitar os seus desprazamentos, de acordo coas condicións establecidas para esta modalidade de
atención.

➡️➡️ A Casa do Maior constitúe unha alternativa de proximidade para que as persoas maiores poidan recibir atención durante o día sen ter que abandonar a súa contorna habitual.

👷🚧As obras executaranse nos próximos meses.

💸💸 A subvención necesaria para impulsar este proxecto acaba de ser concedida, polo que nos próximos meses se levarán a cabo as obras e adaptacións necesarias no local para acondicionalo como Casa do Maior. O Concello comunicará oportunamente os prazos e o procedemento para solicitar as prazas, así como os requisitos de acceso e o resto da información práctica, unha vez que se avance na preparación e posta en marcha do servizo.

👏👏Máis servizos sociais para o rural

🏘️🏘️A creación desta primeira Casa do Maior supón un paso importante para reforzar os servizos de atención ás persoas maiores e avanzar cara a un modelo de coidados de proximidade, especialmente necesario nun municipio rural como Touro.

🤝🤝 Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde, Jesús Reboredo, continúan traballando para que iniciativas deste tipo poidan estenderse a outras zonas do municipio, contando coa colaboración e a implicación de persoas emprendedoras locais interesadas en desenvolver proxectos de atención ás persoas maiores. Do mesmo xeito, continúase traballando para facer realidade un centro de día na capital municipal, un proxecto co que se pretende ampliar os recursos dispoñibles e dar resposta ás necesidades das persoas maiores e das súas familias. O obxectivo é avanzar na súa materialización antes de que remate a presente lexislatura.

🔹🔹 Con estas iniciativas, búscase reforzar a atención social, favorecer a autonomía persoal e contribuír a que as persoas maiores poidan seguir vivindo nas súas parroquias coa maior calidade de vida posible.

💉💊 CHARLA SOBRE DIABETES O 28 DE OUTUBRO 🩺🩺 A Casa da Cultura de Touro acollerá o vindeiro mércores, 28 de outubro, unha...
21/10/2026

💉💊 CHARLA SOBRE DIABETES O 28 DE OUTUBRO

🩺🩺 A Casa da Cultura de Touro acollerá o vindeiro mércores, 28 de outubro, unha charla que leva por título 'Falemos da diabetes'

⏰⏰ Será ás 12:30 horas

🚶‍♂️🚶‍♀️ ÚLTIMA ANDAINDA DE TOURO ANDA 2026🌳👣 Este domingo, 25 de outubro, terá lugar a última andaina do programa Touro...
20/10/2026

🚶‍♂️🚶‍♀️ ÚLTIMA ANDAINDA DE TOURO ANDA 2026

🌳👣 Este domingo, 25 de outubro, terá lugar a última andaina do programa Touro Anda 2026.

👉 👉Será a Ruta Os Ancares de 15 km de dificultade media alta e con saída dende o Concello ás 7:30 horas

✍️✍️ É necesario inscribirse a través do enlace https://appreservas.com/reservas_galileo/64a52036cdb02ebe03507c92/instalaciones/662f838b8c5682724fc3d248 , do 981 50 40 29 ou de xeito presencial no Consistorio

✨🎩 Hoxe en Touro vivimos unha tarde chea de maxia, ilusión e moitas risas co espectáculo do Mago Paco! 🪄✨Unha experienci...
18/10/2026

✨🎩 Hoxe en Touro vivimos unha tarde chea de maxia, ilusión e moitas risas co espectáculo do Mago Paco! 🪄✨

Unha experiencia fantástica para g***r, sorprenderse e deixar voar a imaxinación. 💫❤️

🪄🎩Hoxe temos maxia na Casa da Cultura!
18/10/2026

🪄🎩Hoxe temos maxia na Casa da Cultura!

🪄🪄 ESPECTÁCULO DO MAGO PACO O DOMINGO 18 EN TOURO

🎩🐇 A Casa da Cultura de Touro acollerá o vindeiro domingo, 18 de outubro, o espectáculo 'Xoga e Maxia' do Mago Paco

⏰⏰ Será ás 17:00 horas

🏛️ 50 persoas participaron nunha nova edición das Xornadas de Patrimonio Oculto de Touro!👉Queremos agradecer de corazón ...
17/10/2026

🏛️ 50 persoas participaron nunha nova edición das Xornadas de Patrimonio Oculto de Touro!

👉Queremos agradecer de corazón a participación das 50 persoas que nos acompañaron nesta xornada para descubrir, coñecer e poñer en valor o enorme patrimonio histórico, cultural e arqueolóxico do noso concello.

👏 Grazas ao Pazo de Mince por acollernos nesta nova edición e a Fran, de Tempos Arqueólogos, por acompañarnos e explicarnos as actuacións que vai impulsar o Concello de Touro no Coto de San Sebastián, coa escavación arqueolóxica e a posta en valor da capela e do conxunto arqueolóxico do castro.

🚶Ao longo da xornada tivemos a oportunidade de visitar lugares tan especiais como o muíño de Rozas, a fonte e a corredoira de Besaña, o Pazo de Mince, os baños de Brandelos e o Coto de San Sebastián. Un percorrido que nos permitiu descubrir a riqueza e a diversidade dun patrimonio que, en moitas ocasións, permanece oculto á vista, pero que forma parte da nosa historia e da nosa identidade.

🌿 Estas xornadas consolídanse como unha iniciativa para achegar o patrimonio á veciñanza, fomentar o seu coñecemento e contribuír á súa conservación e posta en valor.

💚 Grazas a todas e todos por formar parte desta aventura de descubrir o Touro que ás veces non vemos, pero que temos tan preto.

👵👩‍🦱 DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS EN TOURO  📆📆 Hoxe día 15 de outubro, dende o Concello de Touro, queremos poñe...
15/10/2026

👵👩‍🦱 DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS EN TOURO

📆📆 Hoxe día 15 de outubro, dende o Concello de Touro, queremos poñer no centro a todas as mulleres que forman parte do noso rural, aquelas mulleres que traballan a terra, emprenden, coidan, crean, educan, sosteñen as súas familias e manteñen vivas as nosas tradicións e a Touro.

ℹ️ℹ️ O Día Internacional das Mulleres Rurais foi proclamado pola ONU precisamente para poñer en valor o papel fundamental das mulleres no rural, as súas importantes contribucións e para fomentar o seu apoderamento. Este é un día para recoñecer o traballo incansable destas mulleres que, coa súa dedicación e esforzo, impulsan o desenvolvemento das comunidades rurais.

👏🏻👏🏻 Dende o Concello de Touro queremos aproveitar esta data para reivindicar a todas as mulleres que forman parte do rural, dar valor as súas voces e seguir traballando por un rural no que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades para vivir, traballar e construír o seu futuro.

Dirección

Rúa Isabel II, 26/Fonte Díaz
Touro
15822

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Touro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir