20/10/2026
▪️ O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de visitou a Granxa Arqueixal e o Castelo de Pambre, en Palas de Rei. ▪️
🐮🧀 Fai uns días os nenos e nenas do colexio de Triacastela visitaron a Granxa Arqueixal, en Santiago de Albá, onde experimentaron a importancia do gando e o valor do traballo coas mans no proceso de elaboración do queixo. Tamén coñeceron como era a vida nas casas das xeracións anteriores e como se coida ese legado.
🏰 A xornada continuou no Castelo de Pambre, onde viaxaron ata a Idade Media e descubriron a única fortaleza de Galicia que resistiu a Revolta Irmandiña. Dende o foso ata a Torre da Homenaxe, percorreron os seus espazos e coñeceron a súa historia.
🤝 A saída contou coa colaboración da ANPA e enmárcase no programa "Da Escola á Granxa", da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.