Sindicato Labrego Galego

  • Home
  • Sindicato Labrego Galego
Directions Website

Sindicato Labrego Galego Forma parte de La Vía Campesina.

O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha cara a unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario e baseada na agroecoloxía e na soberanía alimentaria.

Queres coñecer experiencias de transformación cárnica porque estás pensando en realizar venda directa na túa granxa ou e...
09/11/2026

Queres coñecer experiencias de transformación cárnica porque estás pensando en realizar venda directa na túa granxa ou encantaríache ter un espazo colaborativo para facer chegar a túa produción de carne á cidadanía? 🥩🍽

Dende o animámosvos a participar nesta actividade que organiza a Asociación Terras de Valcarce co financiamento da Deputación da Coruña!

Acompáñanos nesta xornada sobre transformación cárnica a través da presentación experiencias que son referencia na venda directa de carne así como tamén coñeceremos as claves normativas e prácticas necesarias para seguir impulsando proxectos de futuro dende o noso territorio.

🗓 Cando? Xoves, 26 de novembro de 2026
⏰ Horario: De 10:30- 14:30 e de 16:00 a 18:00
📍 Onde? No Centro Etnográfico do Río Mandeo en Teixeiro (Curtis)

✍️ Inscríbete de balde aquí: https://bit.ly/4zTTr77

📺🐄 O   esíxelle á TVG unha r̲e̲c̲t̲i̲f̲i̲c̲a̲c̲i̲ó̲n̲ por 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝘂𝗯𝗶𝗱𝗮 de sete céntimos no prezo do leite que 𝗻...
09/11/2026

📺🐄 O esíxelle á TVG unha r̲e̲c̲t̲i̲f̲i̲c̲a̲c̲i̲ó̲n̲ por 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝘂𝗯𝗶𝗱𝗮 de sete céntimos no prezo do leite que 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗿𝗲𝘀𝗽𝗼𝗻𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗮 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 ‼️ Crtvg Galicia

🧐 O SLG reclama maior rigor e contraste á televisión pública e pide que tamén dea visibilidade ás baixadas de prezos e ao peche continuado de granxas.

💸ℹ️ Os últimos datos dispoñíbeis amosan que a suba foi de apenas 7 milésimas de euro por litro, non de 7 céntimos. Esta pequena variación explícase, ademais, polo incremento dos contidos de graxa e proteína do leite entregado polas gandeiras, non por unha mellora real dos prezos pagados pola industria.

📉 Foi no pasado mes de abril cando os prezos sufriron unha caída de entre 7 e 9 céntimos por litro, unha baixada que aínda non foi recuperada. Todo isto nun contexto de profunda crise para as granxas, cos custos de produción disparados e cunha enorme incerteza ante a renovación dos contratos deste mes de novembro.

𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-slg-esixelle-a-tvg-unha-rectificacion-por-informar-dunha-subida-de-sete-centimos-no-prezo-do-leite-que-non-se-corresponde-coa-realidade/

📜 Esta tarde, o   presentou as súas 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 de cara á próxima lexislatura 2026-2030, nun a...
06/11/2026

📜 Esta tarde, o presentou as súas 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 de cara á próxima lexislatura 2026-2030, nun acto ao que asistiron representantes de partidos políticos, organizacións sindicais e movementos sociais.

Dende a nosa organización queremos agradecer a participación e asistencia do BNG, PSdeG, Fronte Ampla, o Foro Galego de Inmigración e a Plataforma pola Sanidade Pública.

➡️ Especial mención para Iago Suárez Fernández -número 2 do BNG en Lugo-, Carmen Rodríguez Dacosta -cabeza de lista do PSdeG en Ourense-, Xosé Lois Piñeiro -cabeza de lista da Fronte Ampla na Coruña-, ás deputadas do grupo parlamentario galego do BNG -Nino Fernández, Ariadna Fernández e Sonia Vidal- e a Rocío Núñez, candidata ao Senado pola Fronte Ampla. Obrigadas pola vosa presenza esta tarde.

📢 Chamamos ás formacións políticas a levar estas propostas aos seus programas electorais. A agricultura labrega, a soberanía alimentaria e a defensa do territorio teñen que estar no centro das políticas públicas.

𝗡𝗼𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗲𝗻𝘀𝗮: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-sindicato-labrego-galego-reclama-un-cambio-profundo-nas-politicas-agrarias-de-cara-a-proxima-lexislatura-para-garantir-o-futuro-das-persoas-labregas-e-a-soberania-alimentaria/

BNG - Bloque Nacionalista Galego
BNG - Parlamento galego
PSdeG Socialistas de Galicia
Fronte Ampla

🌾 O SLG presentou hoxe en Compostela as súas propostas para o agro e o medio rural de cara á lexislatura 2026-2030.Ao go...
06/11/2026

🌾 O SLG presentou hoxe en Compostela as súas propostas para o agro e o medio rural de cara á lexislatura 2026-2030.

Ao goberno que saia das urnas o 29N reclamámoslle:

✅ Medidas urxentes contra a crise de custos
✅ Prezos xustos para quen produce
✅ Relevo xeracional
✅ Transición agroecolóxica
✅ Reforma agraria e acceso á terra
✅ Servizos públicos para un rural vivo

No acto, que correu a cargo de María Ferreiro e Brais Álvarez, estiveron presentes o BNG, o PSdeG, a Fronte Ampla, o Foro Galego de Inmigración e a Plataforma pola Sanidade Pública.

Chamamos ás formacións políticas a levar estas propostas aos seus programas electorais. A agricultura labrega, a soberanía alimentaria e a defensa do territorio teñen que estar no centro das políticas públicas.

👉 Le a noticia completa: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-sindicato-labrego-galego-reclama-un-cambio-profundo-nas-politicas-agrarias-de-cara-a-proxima-lexislatura-para-garantir-o-futuro-das-persoas-labregas-e-a-soberania-alimentaria/

06/11/2026

📢 O , na 𝗙𝗼𝗹𝗴𝗮 𝗫𝗲𝗿𝗮𝗹 𝟭𝟭𝗡!

𝘗𝘰𝘳 𝘲𝘶𝘦 𝘢𝘤𝘶𝘥𝘪𝘳?
🗨️ "Porque consideramos que ser labrego e labrega é moi importante para o conxunto da sociedade, pero necesitamos condicións para poder selo".
🎙 Escoita a Isabel Vilalba Seivane, labrega da Mariña de Lugo.

🙌👩‍🌾 𝗔𝗻𝗶𝗺𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗲 𝗼𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗼𝘀 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿 o 11 de novembro canda o Sindicato Labrego Galego nas concentracións convocadas pola Confederación Intersindical Galega - CIG baixo o lema 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘻𝘢 𝘦𝘯 𝘭𝘰𝘪𝘵𝘢 𝘱𝘰𝘳 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘥𝘪𝘨𝘯𝘢!

🪧 Os locais do SLG estarán p̲e̲c̲h̲a̲d̲o̲s̲. Sairemos ás rúas de Vigo, A Coruña, A Estrada, Compostela, Lugo, Ourense alzando a nosa voz!

𝗔𝗧𝗘𝗡𝗗𝗘: houbo cambios na localización ‼️🌱 CURSO DE MANIPULACIÓN E APLICACIÓN DE FITOSANITARIOSOrganizamos un curso sobre...
06/11/2026

𝗔𝗧𝗘𝗡𝗗𝗘: houbo cambios na localización ‼️

🌱 CURSO DE MANIPULACIÓN E APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS

Organizamos un curso sobre manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios, dirixido a todas as persoas que traballan no sector agrario e precisan formación para facelo con seguridade e conforme á normativa.

📅 𝗗𝗮𝘁𝗮𝘀 𝗲 𝗵𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼
▪️ Luns 23 de novembro: tarde
▪️ Martes 24 de novembro: tarde
▪️ Venres 27 de novembro: tarde
▪️ Sábado 28 de novembro: mañá

📍 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿
Mercado Municipal das Neves.
Praza da Feira nº 6. As Neves.

✍️ Inscricións
📧 [email protected]
📞 669 808 418

𝗔𝘀 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝘀𝗼𝗻 𝗹𝗶𝗺𝗶𝘁𝗮𝗱𝗮𝘀. Anótate xa! 👨‍🌾👩‍🌾

📌 A actividade conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Colabora: Concello As Neves

05/11/2026

📢 O , na 𝗙𝗼𝗹𝗴𝗮 𝗫𝗲𝗿𝗮𝗹 𝟭𝟭𝗡!

𝘗𝘰𝘳 𝘲𝘶𝘦 𝘢𝘤𝘶𝘥𝘪𝘳?
🎙️ Escoita a Xosé Manuel Calvo Rey, gandeiro de Oroso!

🙌👩‍🌾 𝗔𝗻𝗶𝗺𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗲 𝗼𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗼𝘀 𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿 o 11 de novembro canda o Sindicato Labrego Galego nas concentracións convocadas pola Confederación Intersindical Galega - CIG baixo o lema 𝘎𝘢𝘭𝘪𝘻𝘢 𝘦𝘯 𝘭𝘰𝘪𝘵𝘢 𝘱𝘰𝘳 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘷𝘪𝘥𝘢 𝘥𝘪𝘨𝘯𝘢!

🪧 Os locais do SLG estarán p̲e̲c̲h̲a̲d̲o̲s̲. Sairemos ás rúas de Vigo, A Coruña, A Estrada, Compostela, Lugo, Ourense alzando a nosa voz!

🚨 MANIFESTACIÓN POLA DEFENSA DO RÍO ANLLÓNS ‼️⚠️ Dende o   animámosvos a participar este s̲á̲b̲a̲d̲o̲, 7 de novembro, ne...
05/11/2026

🚨 MANIFESTACIÓN POLA DEFENSA DO RÍO ANLLÓNS ‼️

⚠️ Dende o animámosvos a participar este s̲á̲b̲a̲d̲o̲, 7 de novembro, nesta manifestación que terá lugar ás 12h na contra a macroplanta de biogás que pretenden instalar!

🚯 Procesará 6̲3̲.̲5̲0̲0̲ toneladas de residuos ao ano.
😷 Vai tratar todo tipo de residuos e só un 1̲0̲%̲ serán puríns!
🌊 O río recibirá ̲5̲9̲.̲0̲0̲0̲M̲3̲ ̲d̲e̲ ̲v̲e̲r̲t̲i̲d̲o̲s̲ ao ano (equivalentes a 2000 camións cisterna).

Stop Biogás A Laracha

BIOGÁS NA LARACHA, 𝗡𝗢𝗡!
𝗗𝗘𝗙𝗘𝗡𝗗𝗔𝗠𝗢𝗦 A NOSA SAÚDE E O NOSO FUTURO!

📢🌾 Curso g̲r̲a̲t̲u̲í̲t̲o̲ en  : Novidades sobre a PAC e outras normativas do sector!🗓 Os días 16, 17, 18 e 19 de novembr...
05/11/2026

📢🌾 Curso g̲r̲a̲t̲u̲í̲t̲o̲ en : Novidades sobre a PAC e outras normativas do sector!

🗓 Os días 16, 17, 18 e 19 de novembro, de 10:00 a 14:00 h, organizamos esta formación no local do SLG en Xinzo de Limia (rúa San Sebastián, 16 baixo).

👥 Dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

✍️ 𝗜𝗡𝗦𝗖𝗥Í𝗕𝗘𝗧𝗘:
[email protected]
606 353 258 / 988 462 547

📌 Organizan o Sindicato Labrego Galego e COAG. Actividade financiada ao 100% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

📢 MAÑÁ, v̲e̲n̲r̲e̲s̲ 6 de novembro, o   presentará en   as súas 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 de cara á 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮...
05/11/2026

📢 MAÑÁ, v̲e̲n̲r̲e̲s̲ 6 de novembro, o presentará en as súas 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 de cara á 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗹𝗲𝘅𝗶𝘀𝗹𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮 2026-2030.

⏰ O acto terá lugar ás 𝟭𝟲:𝟬𝟬𝗵 𝗻𝗼 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹 𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗻 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮 (rúa Ofelia Nieto, 13-23, Baixo 15705 - Santiago de Compostela).

🗣🎙 Convocamos a partidos políticos, sindicatos e movementos sociais para facerlles chegar 𝗮 𝘃𝗼𝘇 𝗱𝗮𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗲 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮.

📢 O presentará en este v̲e̲n̲r̲e̲s̲ 6 de novembro as súas 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗼 𝗮𝗴𝗿𝗼 𝗲 𝗼 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗼 𝗿𝘂𝗿𝗮𝗹 de cara á 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗹𝗲𝘅𝗶𝘀𝗹𝗮𝘁𝘂𝗿𝗮 2026-2030.

⏰ O acto terá lugar ás 𝟭𝟲:𝟬𝟬𝗵 𝗻𝗼 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹 𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲𝗻 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮 (rúa Ofelia Nieto, 13-23, Baixo 15705 - Santiago de Compostela).

🗣️🎙️ Convocamos a partidos políticos, sindicatos e movementos sociais para facerlles chegar 𝗮 𝘃𝗼𝘇 𝗱𝗮𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗮𝘀 𝗲 𝗹𝗮𝗯𝗿𝗲𝗴𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮.

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Sindicato Labrego Galego posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed government service?

Share