Partido Popular Vilalba

  • Home
  • Partido Popular Vilalba
Directions

Partido Popular Vilalba Páxina de Facebook dos Populares de Vilalba. Páxina facebook do Partido Popular en Vilalba

PREGUNTAS · PLENO DE SETEMBRO❓ PREGUNTAS | PLENO DE SETEMBRONo vindeiro Pleno, o Grupo Municipal do Partido Popular de V...
23/09/2026

PREGUNTAS · PLENO DE SETEMBRO

❓ PREGUNTAS | PLENO DE SETEMBRO

No vindeiro Pleno, o Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba formulará 9 preguntas ao goberno municipal:

1️⃣ Que prezos se estableceron para persoas empadroadas e non empadroadas na comida da Xira dos Maiores?

2️⃣ Cantas horas extraordinarias realizou a Policía Local, incluídos efectivos doutros concellos, durante as festas de San Ramón e Santa María e cal foi o custo destes servizos?

3️⃣ Por que non apareceron dispoñibles en Sporttia as actividades das escolas deportivas municipais tras anunciarse esta posibilidade de inscrición?

4️⃣ Que dispositivo de reforzo e planificación da limpeza se estableceu durante as festas patronais?

5️⃣ Despois de destinar 15.000 € aos traballos do inventario de camiños, por que non se contestaron as alegacións presentadas e por que se destinan agora outros 11.000 € para esa finalidade?

6️⃣ En que situación se atopa actualmente o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba?

7️⃣ Cantos nenos e nenas están inscritos actualmente no servizo Concilia na Tarde?

8️⃣ Ante a falta de persoal en departamentos como a Biblioteca Municipal, que previsión existe para evitar o peche do servizo?

9️⃣ Que medidas se estudan para mellorar a circulación, a accesibilidade e os aparcadoiros da vila, especialmente o das Pedreiras?

ANTIGO COLEXIO CASTELAO DE BELESAR📢 MOCIÓN | ANTIGO COLEXIO CASTELAO DE BELESARNo vindeiro Pleno presentaremos unha moci...
23/09/2026

ANTIGO COLEXIO CASTELAO DE BELESAR

📢 MOCIÓN | ANTIGO COLEXIO CASTELAO DE BELESAR

No vindeiro Pleno presentaremos unha moción relativa á rehabilitación do antigo Colexio Castelao de Belesar para estudar a súa recuperación e utilización como espazo público.

A proposta solicita impulsar unha actuación con participación das administracións e da propia veciñanza para:

🔹 Elaborar unha proposta de usos do edificio en colaboración coa veciñanza e coas entidades sociais.

🔹 Analizar as necesidades reais da parroquia e os posibles usos futuros das instalacións.

🔹 Establecer unha mesa de traballo institucional entre o Concello de Vilalba, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.

🔹 Definir conxuntamente o proxecto de rehabilitación, os usos, o calendario de actuación e o financiamento necesario.

CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL · MADALENA📢 MOCIÓN | CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DA MADALENANo vindeiro Pleno, o Grupo Municipal...
23/09/2026

CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL · MADALENA

📢 MOCIÓN | CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DA MADALENA

No vindeiro Pleno, o Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba presentará unha moción para a mellora, renovación e arranxo das instalacións do campo de herba artificial da Madalena.

A iniciativa propón:

🔹 Elaborar coa maior brevidade posible un proxecto técnico que determine as actuacións necesarias no campo e nos elementos complementarios da instalación, incluídos baños e vestiarios.

🔹 Realizar as xestións necesarias para procurar o financiamento da actuación.

🔹 Dar conta ao Pleno do proxecto, do financiamento solicitado e da evolución das actuacións ata a súa execución.

17/09/2026

🔵 Dende o PP de Vilalba denunciamos o lamentable estado do campo de céspede artificial da Madalena: céspede deteriorado, matogueiras nos accesos, focos tapados e elementos das instalacións rotos.

E, o que é máis grave, meses sen auga quente nos vestiarios, unha situación que afecta directamente aos deportistas e clubs que utilizan estas instalacións.

❗ Non é aceptable que unhas instalacións municipais se atopen neste estado por falta de mantemento.

Esiximos ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta que deixe de mirar para outro lado e actúe xa, solucionando estas deficiencias e garantindo unhas instalacións seguras e dignas.

No día de onte estivemos presentes na tradicional Ofrenda á Virxe dos Remedios, en Mondoñedo, este ano con Vilalba como ...
14/09/2026

No día de onte estivemos presentes na tradicional Ofrenda á Virxe dos Remedios, en Mondoñedo, este ano con Vilalba como protagonista. 💙

Dende o Partido Popular de Vilalba queremos agradecer a todas as persoas que fan posible, ano tras ano, que esta tradición continúe viva e siga reuníndonos arredor dos Remedios.

TerraChá

06/09/2026

🎉 Hoxe acompañamos á parroquia de Román no día das parroquias

Unha xornada para compartir cos veciños e veciñas e seguir apoiando e poñendo en valor as nosas parroquias e as súas tradicións.

💙 Bo final de festas a todos e todas!

🧹 Vilalba merece estar limpa e coidada.Dende o PP de Vilalba denunciamos a falta de limpeza viaria nas nosas rúas e os m...
06/09/2026

🧹 Vilalba merece estar limpa e coidada.

Dende o PP de Vilalba denunciamos a falta de limpeza viaria nas nosas rúas e os malos cheiros nos aparcadoiros subterráneos da Praza da Constitución.

En plenas festas patronais, Vilalba debería ofrecer a súa mellor imaxe a veciños e visitantes.

Esiximos ao goberno municipal que actúe con urxencia e garanta un mantemento e unha limpeza á altura do que merece a nosa vila.

02/09/2026

🔵 Dende o Partido Popular de Vilalba quixemos estar presentes na concentración celebrada en Vilalba baixo o lema “Todos con Ceuta”, mostrando o noso apoio e solidariedade con Ceuta e con todos os seus veciños.

Ceuta é España , e nestes momentos é fundamental estar unidos e defender a seguridade, a convivencia e a integridade territorial do noso país.

Dende Vilalba queremos trasladar todo o noso apoio, compromiso e solidariedade co pobo de Ceuta e con todos os españois que viven alí.

🇪🇸 Ceuta é España. Todos con Ceuta.🇪🇸

🔵 Unha vez máis, desde o PP de Vilalba tivemos o pracer de compartir con todos vós as festas de Santa María.Seguimos ao ...
01/09/2026

🔵 Unha vez máis, desde o PP de Vilalba tivemos o pracer de compartir con todos vós as festas de Santa María.

Seguimos ao lado da nosa xente, compartindo cada celebración e traballando por unha Vilalba viva e con futuro.

Viva Santa María!

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Partido Popular Vilalba posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed government service?

Share