IES Plurilingüe de Valga

Llamar Cómo llegar Página web

IES Plurilingüe de Valga Instituto de Ensino Secundario de Valga (Galiza)
ESO, Bacharelato, FP Dual, CM de Soldadura e Caldei

O pasado 25 de setembro, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata Portas para dalo todo na xornada de Xogade. T...
30/09/2026

O pasado 25 de setembro, o noso alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata Portas para dalo todo na xornada de Xogade. Tan ben o fixeron que varios podios se viñeron para o centro, incluído un formado íntegramente por alumnado de Valga. 🏃🏻‍♀️🏃🏻💨
Noraboa para todos elxs, son un orgullo para o noso centro! 🥇🏆

Hoxe foi o último día de clase do noso compañeiro e profe de Latín, Raúl.Despois de 21 anos neste centro, foi nomeado “D...
28/09/2026

Hoxe foi o último día de clase do noso compañeiro e profe de Latín, Raúl.
Despois de 21 anos neste centro, foi nomeado “Deus Retiramenti” polos seus alumnxs de Latín de 2º de bacharelato e comparteu un cachiño da tarta que lle preparou Rosa cos que alí estabamos.
Seguro que moitxs dxs que seguides esta conta e sodes ex-alumnxs o tivéchedes como profe así que se queredes dedicarlle unhas palabras, contar algunha anécdota das súas clases ou esa ensinanza que aínda lembrades, deixádelle a vosa mensaxe nos comentarios! Seguramente lle fará moita ilusión leervos 👇❤️
Grazas por estes 21 anos, Raúl! Que desfrutes moito desta nova etapa! 🏛️✨

A semana pasada comezamos co noso calendario da Hora de Ler para este curso escolar na ESO, FP Básica e Bacharelato.🗓️ C...
23/09/2026

A semana pasada comezamos co noso calendario da Hora de Ler para este curso escolar na ESO, FP Básica e Bacharelato.
🗓️ Consulta a imaxe para saber que hora de clase nos toca dedicar á lectura cada semana.
⚠️ Recordatorio importante para o alumnado:
Son 20 minutos dedicados exclusivamente á lectura.
Non esquezas traer o teu propio libro de casa ou do préstamo da biblioteca para ter preparado na túa mochila! 🎒📚
Cal está sendo o teu primeiro libro do curso? Cóntanos nos comentarios! 👇🏻

🚀🔬 STEMBach viaxa a Toulouse!O alumnado de STEMBach do IES Plurilingüe de Valga comezou o curso vivindo unha interesante...
21/09/2026

🚀🔬 STEMBach viaxa a Toulouse!
O alumnado de STEMBach do IES Plurilingüe de Valga comezou o curso vivindo unha interesante viaxe científico-cultural a Toulouse, unha das grandes referencias europeas no ámbito da aeronáutica, o espazo e a innovación tecnolóxica.
✈️ A primeira parada foi nas instalacións de Airbus, onde puideron coñecer de preto o funcionamento dunha das empresas líderes mundiais do sector aeroespacial e descubrir como a ciencia, a tecnoloxía e a investigación se converten en proxectos reais.
🛰️ A xornada seguinte estivo dedicada á Cité de l’Espace, un espazo único para achegarse á exploración do universo, coñecer os avances da investigación espacial e comprender mellor os grandes retos científicos e tecnolóxicos do presente e do futuro. 🌌
🏛️ A viaxe completouse cunha visita guiada por Toulouse, que permitiu ao alumnado descubrir a historia, o patrimonio e a riqueza cultural desta cidade.
Tres días intensos de aprendizaxe, ciencia, cultura e convivencia, nos que o alumnado puido ampliar coñecementos máis alá das aulas e achegarse a contornos profesionais e científicos de referencia.
🌍 Porque a educación tamén consiste en saír, experimentar, descubrir e abrir novas perspectivas.
💙 Unha experiencia STEM para lembrar!

Volvémolo facer! 🏆Por segundo ano consecutivo, o proxecto do noso centro foi recoñecido como un dos 40 máis innovadores ...
16/07/2026

Volvémolo facer! 🏆

Por segundo ano consecutivo, o proxecto do noso centro foi recoñecido como un dos 40 máis innovadores de España por Caixabank Dualiza. E decímolo cun orgullo inmenso: o de ser o único centro educativo en toda Galicia en recibir este galardón.

Gracias a CaixaBank Dualiza por confiar no noso proxecto. Seguimos traballando e apostando por unha Formación Profesional de calidade, conectada coa contorna e co futuro laboral. 🚀

☀️📚 Agora si, toca descansar!Desfrutade das vacacións, recargade pilas e aproveitade cada momento 🤎
23/06/2026

☀️📚 Agora si, toca descansar!

Desfrutade das vacacións, recargade pilas e aproveitade cada momento 🤎

23/06/2026

🎓✨ O último capítulo

Remata a etapa de 2º de Bacharelato, pero quedan os recordos, as amizades e todos os momentos que fixeron destes anos algo especial.

Grazas por formar parte da historia do IES de Valga. Moita sorte nesta nova etapa e que nunca perdades as ganas de seguir aprendendo e medrando 💚

🎓✨ Unha tarde para lembrar ✨🎓⁣⁣O pasado 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado de 𝟮...
23/06/2026

🎓✨ Unha tarde para lembrar ✨🎓⁣
⁣
O pasado 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝘅𝘂ñ𝗼, o Auditorio Municipal de Valga acolleu a graduación do alumnado de 𝟮º 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗰𝗵𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮𝘁𝗼, unha celebración chea de emocións, recordos e moitas ganas de futuro 💚⁣
⁣
O acto, presentado por 𝗔𝗶𝗻𝗵𝗼𝗮 𝗦𝗼𝗯𝗿𝗶𝗻𝗼 e 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗱 𝗕𝗮ñ𝗼́𝗻, estivo marcado polos momentos compartidos, as lembranzas destes anos e a ilusión por todo o que está por vir 👏✨⁣
⁣
Un dos momentos máis especiais foi a entrega dos diplomas ao alumnado graduado, un pequeno símbolo de todo o esforzo, as horas de traballo e a constancia que os trouxeron ata aquí 📚🎓⁣
⁣
Durante a cerimonia tamén se recoñeceu o excelente rendemento académico de J𝗲𝘀𝘂́𝘀 𝗟𝗮𝗳𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, distinguido co 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗔́𝗻𝗴𝗲𝗹 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗮𝗰𝗲𝗱𝗼 na modalidade de Ciencias, e de 𝗠𝗮𝗿𝘁í𝗻 𝗢𝘁𝗲𝗿𝗼, na rama de Humanidades e Ciencias Sociais 🏆✨⁣
⁣
Nos seus discursos, os estudantes lembraron que, máis alá das notas e dos exames, o que realmente levan consigo son as amizades, as experiencias compartidas e todos eses momentos que fan especial a etapa vivida no instituto 💭😊⁣
⁣
Foi un pracer vervos medrar e acompañarvos durante estes anos. Agora comezan novos camiños, novos retos e novas oportunidades. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa e que nunca deixedes de apostar por aquilo que vos ilusiona e vos fai felices 🚀💚⁣
⁣

🌿🌸 Fai da túa paixón pola natureza unha profesión.Na familia de Agroxardinaría e Composicións Florais aprenderás a crear...
22/06/2026

🌿🌸 Fai da túa paixón pola natureza unha profesión.

Na familia de Agroxardinaría e Composicións Florais aprenderás a crear, coidar e transformar espazos verdes, combinando técnica, creatividade e respecto polo medio ambiente 🌱✨

📍 IES Plurilingüe de Valga
AprenderFacendo

⚙️🔧 Constrúe o teu futuro coa familia de Instalacións e Mantemento.Formación práctica, profesorado especializado e apren...
22/06/2026

⚙️🔧 Constrúe o teu futuro coa familia de Instalacións e Mantemento.

Formación práctica, profesorado especializado e aprendizaxe en contornas reais para prepararte para un sector con grandes oportunidades laborais 💼✨

📍 IES Plurilingüe de Valga

Dirección

Valga
36645

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 22:00
Martes 08:30 - 22:00
Miércoles 08:30 - 22:00
Jueves 08:30 - 22:00
Viernes 08:30 - 22:00

Teléfono

+34886151980

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando IES Plurilingüe de Valga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría