20/09/2026
No Pleno ordinario que tivo lugar o mércores, día 9, preguntamos varias cuestións en relación coas Casas do Maior, no Concello.
A día de hoxe contamos con 4 casas e as nosas preguntas foron as seguintes:
1) Están as 4 en funcionamento? Non houbo resposta.
2) Con cantos usuari@s conta cada unha delas? Descoñecíano.
3) Se unha casa non ten usuari@s que acontece? Non houbo resposta.
4) Se un/unha usuari@ ten un grao de dependencia superior ao 1 pode beneficiarse deste servizo? NON
5) Por que non están a promover/impulsar o Centro de Día compartido con Vedra do mesmo xeito que fan coas Casas do Maior? Responde o sr. alcalde que a demanda real para o centro de día é de 3 usuari@s e que esta se mantería máis ou menos así nun horizonte de 10-15 anos...segue dicindo na súa intervención que oxalá poidésemos ter 14 casas do maior, unha por parroquia...
Este é o interese que demostra o noso goberno municipal polo Centro de Día compartido e por mellorar a calidade de vida dos usuari@s dependentes e os seus coidadores.
Compartimos o enlace do pleno do pasado 9/9/2026 donde no min 22:06 podedes ver as preguntas que o noso portavozIvan EC fórmula e no min 37:42 as respostas do señor Alcalde.
Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.