Mancomunidade de Verín CIM

Cómo llegar Página web

Mancomunidade de Verín CIM Iniciativas do C.I.M. localizado na comarca de Verín (Ourense)
Non atendemos consultas por meseenger O C.I.M.

da Mancomunidade de Verín ofrece atención psicolóxica, legal, social, laboral e educativa nos sete concellos que forman parte da comarca. É un centro multidisciplinar e integral de carácter público situado en Verín.

DENDE O CIM IMPARTIMOS FORMACIÓN ESPECIALIZADA PARA PROFESIONAIS O 17 e 18 de setembro recibimos no C.I.M. a Emitas Acev...
22/09/2026

DENDE O CIM IMPARTIMOS FORMACIÓN ESPECIALIZADA PARA PROFESIONAIS

O 17 e 18 de setembro recibimos no C.I.M. a Emitas Acevedo, psicóloga e terapeuta familiar, para impartir un taller de 8 horas para profesionais denominado “Xestión da Parentalidade en Contextos de Post-Violencia de Xénero e Protección de Menores” dentro do noso programa formativo “ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO: detección, intervención especializada e coordinación profesional”. Queremos dar as gracias ós 17 profesionais que asistiron á formación; psicólogas, psicopedagogas, traballadoras/es sociais, educadores/as sociais involucrados na protección da infancia e adolescencia, así como a loita contra a violencia de xénero.

𝗔𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜Ó𝗡. 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗧𝗥Í𝗖𝗨𝗟𝗔 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗢. 𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗔 𝗠𝗔𝗡𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘Están abertas as inscricións para dous cursos d...
16/09/2026

𝗔𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜Ó𝗡. 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗧𝗥Í𝗖𝗨𝗟𝗔 𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗢. 𝗖𝗨𝗥𝗦𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗔 𝗠𝗔𝗡𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘

Están abertas as inscricións para dous cursos de formación para o emprego que permiten obter un certificado de profesionalidade: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (nivel 2) e Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (nivel 1). As persoas interesadas poden anotarse a través da plataforma DIPLOS da Xunta de Galicia ou chamando aos teléfonos 988 41 46 00 - 988411314 e 629 56 37 95.

+ info: https://www.mancoverin.es/2026/09/10/cursos-certificado-profesionalidade-atencion-sociosanitaria-limpeza/

𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗕𝗔́𝗦𝗜𝗖𝗔 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗧𝗥𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥𝗘𝗦 𝗛𝗨𝗠𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗙𝗘𝗦𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟𝗘𝗦O 30 de setembro recibimos na Casa da Cultura de Verín a ...
16/09/2026

𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗕𝗔́𝗦𝗜𝗖𝗔 𝗦𝗢𝗕𝗥𝗘 𝗧𝗥𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥𝗘𝗦 𝗛𝗨𝗠𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗙𝗘𝗦𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟𝗘𝗦
O 30 de setembro recibimos na Casa da Cultura de Verín a para unha formación "Formación básica sobre trata de seres humanos a profesionais". A formación levarase a cabo dende as 9.00-14.00h. Está destinada a operadoras/es xurídicos, Forzas e corpos de seguridade do estado, profesionais de entidades sociais e persoal do ámbito social e/ou sanitario que traballan en Verín ou Ourense.

Anótate no formulario 👉forms.cloud.microsoft/e/L3CSBWXeER

📢 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔𝗟 𝗚𝗥𝗔𝗧𝗨𝗜́𝗧𝗔 | 𝗫𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗣𝗮𝗿𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗖𝗼𝗻𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝘀𝘁-𝗩𝗶𝗼𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗫𝗲́𝗻𝗲𝗿𝗼 𝗲 𝗣𝗿𝗼𝘁𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲...
09/09/2026

📢 𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔𝗟 𝗚𝗥𝗔𝗧𝗨𝗜́𝗧𝗔 | 𝗫𝗲𝘀𝘁𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗣𝗮𝗿𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗖𝗼𝗻𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝘀𝘁-𝗩𝗶𝗼𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗫𝗲́𝗻𝗲𝗿𝗼 𝗲 𝗣𝗿𝗼𝘁𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗻𝗼𝗿𝗲𝘀

Desde o CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín organizamos esta formación dirixida a profesionais que interveñen ou median en conflitos familiares, especialmente psicólogos/as, traballadores/as sociais, educadores/as e outras profesionais dos ámbitos social, educativo e de intervención.

🎯 Obxectivo: achegar ferramentas sistémicas e estratexias prácticas para a intervención en contextos de post-violencia de xénero, conflito parental e protección de menores.

📚 Programa

🗓️ Módulo 1 | Marco de Diagnóstico Sistémico e Diferenciación Clínica — 4 h

Control coercitivo post-ruptura: ferramentas para diferenciar o conflito parental da violencia de xénero post-separación.
Impacto no menor ante o contacto obrigado e visitas reguladas ou conflitivas.
Indicadores de posible instrumentalización dos fillos e prolongación do control do agresor.

🗓️ Módulo 2 | Estratexias de Intervención, Visitas e Desbloqueo Técnico — 4 h

Pautas de actuación ante incumprimentos e cronificación de visitas conflitivas.
Como abordar discrepancias entre informes técnicos dos ámbitos social, xudicial e educativo.
“Espello de casos”: análise e resolución estratéxica de casos reais anonimizados.

💡 A formación combinará exposición conceptual, dinámicas interactivas e traballo práctico sobre casos, favorecendo a detección de sesgos e a aplicación inmediata das ferramentas na intervención profesional.

📍 Modalidade: presencial- 17 e 18 de setembro na Casa da Cultura en Verín de 10.00h - 14.00h
💶 Gratuíta
👥 Dirixida a profesionais da intervención familiar e social. Teñen preferencia os/as profesionáis da Comarca de Verín.

📝 INSCRICIÓN: https://forms.gle/dSxKfghMexdwmrDP6

Trátase dunha formación exclusivamente para profesionais. Segue a para máis oportunidades como esta.

📸 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡O C.I.M. este verán achegouse os concellos de Laza, Verín, Vilardevós e C...
20/08/2026

📸 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗥𝗜́𝗔 𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗦𝗢𝗦 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡

O C.I.M. este verán achegouse os concellos de Laza, Verín, Vilardevós e Castrelo do Val 😊 para achegar algo de diversión, coeducación e tempo de calidade en familia.

Grazas os concellos colaboradores por participar nesta iniciativa e permitir que os títeres e o teatro cheguen as aldeas!

📸🎭💛

20/08/2026

Este verán recibimos a Pedriño Mendrugo 😍❤️ que nos trouxo a oportunidade de disfrutar en Verín, Castrelo do Val, Laza e Vilardevós dun espectáculo para familias. Vístelo? Gracias Pedriño por vir a vernos este verán 👏

💜 Unha oportunidade para avanzar (urxe a contratación)Desde o Centro de Información á Muller  intermediamos unha oferta ...
12/08/2026

💜 Unha oportunidade para avanzar (urxe a contratación)

Desde o Centro de Información á Muller intermediamos unha oferta de emprego cunha duración de 12 meses, xornada a 75%, dirixida a mulleres que intentan sair dunha situación de violencia de xénero.

O acceso ao emprego é unha ferramenta fundamental para recuperar e mellorar a independencia, a autonomía persoal e a autonomía económica, favorecendo novas oportunidades e a construción dun proxecto de vida propio.

🌱 12 meses de oportunidade, experiencia e crecemento.

📩 Se estás interesada, contacta co Centro de Información á Muller (CIM) da Manomunidade de Municipios da Comarca de Verín. Achega o teu CV por correo (iremos respondendo en medida do posible). URXE. Valoramos a experiencia en atención ó público, traballo en equipo e moitas ganas dunha nova aventura laboral 😊

Comparte a nova e segue a para máis oprtunidades

Trátase dunha oportunidade de emprego do CIM grazas á Mancomunidade de Muncipios da Comarca de Verín, Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, SEPE, e Pacto de Estado contra a VX do Ministerio de Igualdade.

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓Pequeno Cabaret InfantilSábado, 8 de agostoVerín – 18:30 h...
05/08/2026

𝐄𝐒𝐓𝐀́𝐒 𝐁𝐔𝐒𝐂𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐏𝐋𝐀𝐍𝐒 𝐄𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎 𝐍𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀❓❓

Pequeno Cabaret Infantil

Sábado, 8 de agosto
Verín – 18:30 h | Praza García Barbón de Verín
Castrelo do Val – 20:00 h | O Terrón en Castrelo do Val

Venres, 14 de agosto
Vilardevós – 18:00 h | Praza do Cruceiro de Vilardevós
Laza – 20:30 h | Praza da Picota de Laza

Nesta iniciativa participan os concellos de Verín, Vilardevós, Castrelo do Val e Laza a través das súas ludotecas. Grazas o Plan Corresponsables, Ministerio de Igualdade, Xunta de Galicia e Xacobeo 2026.

+ info:
https://www.mancoverin.es/2026/07/24/cultura-que-transforma-ocio-comunitario-pola-corresponsabilidade-chega-a-comarca-de-verin/

𝐀 𝐌𝐚𝐧𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐢́𝐧 𝐚𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐚 𝐦𝐨𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞O Obradoiro ...
31/07/2026

𝐀 𝐌𝐚𝐧𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐢́𝐧 𝐚𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐚 𝐦𝐨𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞

O Obradoiro de Emprego e o Programa de Formación-Emprego Talento Mozo ofrecen unha oportunidade para que persoas mozas maiores de 18 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquiran formación, experiencia profesional e unha cualificación que facilite a súa incorporación ao mercado laboral.

Nesta edición impartiranse dous certificados de profesionalidade de nivel 2. É requisito ser demandantes de emprego no SEPE, cumprir os requisitos de formación mínima esixida (ESO) e límite de idade:

🍏 Fruticultura, orientada á produción, mantemento e aproveitamento sostible de cultivos froiteiros.

🤝 Atención sociosanitaria a persoas en institucións.

Durante 12 meses, o alumnado combinará formación teórico-práctica con traballo remunerado, adquirindo experiencia profesional e competencias que mellorarán a súa empregabilidade.

+ información: 👇

Just another WordPress site

Dirección

Rúa Irmáns Moreno 3, Baixo
Verín
32600

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mancomunidade de Verín CIM publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir