08/10/2026
🏆🛍️ 𝗩𝗘𝗥Í𝗡 𝗥𝗘𝗖𝗢Ñ𝗘𝗖𝗘 𝗢 𝗧𝗔𝗟𝗘𝗡𝗧𝗢, 𝗢 𝗘𝗦𝗙𝗢𝗥𝗭𝗢 𝗘 𝗔 𝗧𝗥𝗔𝗫𝗘𝗖𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 𝗗𝗢 𝗦𝗘𝗨 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟
👏 Xoguetería Kuqui, Chabela Regalos, Marise Salgado, UnoUno e Santiveri foron os cinco establecementos galardoados na primeira edición dos Premios ao Comercio de Verín, celebrada a pasada fin de semana no Auditorio Municipal ante máis de 200 asistentes.
🏅 Estes son os establecementos premiados:
🏆 Xoguetería Kuqui — Renovación ou Relevo Xeracional.
🏆 Chabela Regalos — Compromiso coa Comunidade e Identidade Local.
🏆 Marise Salgado — Novo Comercio.
🏆 UnoUno — Innovación Comercial de Proximidade.
🏆 Santiveri — Mellor Comunicación Comercial de Proximidade.
🌟 Premio Honorífico: Almacenes Recaredo Romero, en recoñecemento á súa traxectoria como establecemento histórico da nosa vila.
🎭 A gala, conducida por Iria Sobrado e amenizada coa música en directo de Mr. Cool, reuniu comerciantes, representantes institucionais, tecido asociativo e veciñanza nunha noite dedicada a poñer en valor o comercio de proximidade.
🏛️ A gala contou cunha ampla representación institucional das administracións autonómica e provincial, así como coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e de varios concelleiros e concelleiras do goberno municipal; así como da cámara de Chaves. A súa participación neste encontro puxo de manifesto o recoñecemento institucional ao comercio de proximidade e ao seu papel fundamental na dinamización económica e social da vila.
🤝 Desde o Concello de Verín queremos trasladar o noso parabéns a todos os establecementos premiados, finalistas e participantes, e agradecer especialmente a AEVER o excelente traballo de organización e o seu compromiso constante coa promoción e dinamización do comercio local.
🏛️ Esta primeira edición, organizada por AEVER, contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, e coa colaboración do Concello de Verín.
💙 Porque detrás de cada comercio hai persoas, historias, esforzo e ilusión. E detrás dun comercio local forte, hai unha vila con vida.