Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC

Cómo llegar Página web

Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC Welcome to the Institute of Marine Research (CSIC - Spanish Research Council) - Somos o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo.

Investigamos o océano transversalmente, incluindo á sociedade e compartindo novos descubrimentos dende 1951. Instituto pertencente ao CSIC. A súa labor investigadora está encamiñada ás ciencias mariñas e a acuicultura. Encárgase da formación de persoal investigador e técnico especializado. Contribúe á Cultura Oceánica, comunicando a influencia que o océano ten na sociedade e viceversa. Instituto perteneciente al CSIC. Su labor investigadora está encaminada a las ciencias marinas. Se encarga de la formación de personal investigador y técnico especializado. Contribuye a la Cultura Oceánica, comunicando la influencia que el océano tiene en la vida de las personas y viceversa.

Aida Fernández Ríos, sempre presente na memoria da ciencia galega. 💙 Hai persoas que deixan unha pegada que permanece no...
09/10/2026

Aida Fernández Ríos, sempre presente na memoria da ciencia galega. 💙

Hai persoas que deixan unha pegada que permanece no tempo. Aida Fernández Ríos foi unha delas: unha pioneira da investigación mariña, unha figura fundamental para a ciencia galega e unha compañeira moi querida no IIM-CSIC.

Hoxe, o Parque das Ciencias Padre Sarmiento, en Santiago de Compostela, conta cunha placa conmemorativa dedicada a Aida, recoñecida como Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega de Ciencias.

Desde o IIM-CSIC, sentimos orgullo e emoción ante esta homenaxe, que mantén vivo o recordo de Aida e fai máis presente o seu legado na memoria colectiva.

Grazas ao Concello de Santiago de Compostela e á Real Academia Galega de Ciencias por este recoñecemento e por contribuír a que a súa memoria siga viva.

Aida forma parte da historia do noso instituto e da historia da ciencia mariña. E seguirá formando parte de nós.

Día da Ciencia en Galicia. 🔬💙Hoxe, no acto celebrado en Santiago de Compostela e organizado pola Real Academia Galega de...
08/10/2026

Día da Ciencia en Galicia. 🔬💙

Hoxe, no acto celebrado en Santiago de Compostela e organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, rendeuse homenaxe a Aida Fernández Ríos, pioneira no ámbito da ciencia mariña e unha persoa moi querida no IIM-CSIC.

Esta é unha data especialmente relevante para o noso Instituto, como parte da comunidade científica galega, e tamén unha oportunidade para reivindicar o valor de facer ciencia desde Galicia, para Galicia e con vocación internacional.

Porque a investigación que se desenvolve aquí contribúe a ampliar o coñecemento sobre o noso planeta e os nosos océanos e a buscar respostas aos grandes retos globais aos que nos enfrontamos, co obxectivo de xerar coñecemento, benestar e progreso para o conxunto da cidadanía.

Aida Fernández Ríos é un exemplo dese compromiso. A súa traxectoria científica no IIM-CSIC contribuíu de maneira relevante ao coñecemento dos océanos, do clima e da acidificación oceánica, deixando tamén unha importante pegada na comunidade científica.

📸 Compartimos algunhas imaxes do acto e das autoridades, compañeiros, compañeiras, amigos e familiares que quixeron acompañar a Aida neste recoñecemento como Científica Galega do Ano. Entre as persoas asistentes estiveron a directora do IIM-CSIC, Beatriz Novoa; a delegada institucional do CSIC Galicia, Carmen González Sotelo; a vicepresidenta adxunta de Investigación do CSIC, Elena Cartea; así como compañeiros e compañeiras que compartiron con Aida os seus anos de ciencia no IIM-CSIC.

Celebramos a ciencia que se fai en Galicia e as persoas que contribuíron a construíla. 🔬💙

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánicaMañá, 7 de outubro, o IIM-CSIC acollerá a present...
06/10/2026

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

Mañá, 7 de outubro, o IIM-CSIC acollerá a presentación do libro "Aida Fernández Ríos. Da produtividade das rías á acidificación oceánica", no marco do Día da Ciencia en Galicia 2026.

A publicación recupera a traxectoria dunha científica fundamental para a investigación mariña en Galicia e que foi, entre 2006 e 2011, a primeira muller en dirixir o IIM-CSIC. A súa investigación centrouse nos cambios físico-químicos dos océanos, a súa relación co clima e a acidificación oceánica e os seus efectos nos organismos mariños.

O acto contará coa participación de Beatriz Novoa García, directora do IIM-CSIC; Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias, e Dolores Vilavedra Fernández, presidenta do Consello Da Cultura Galega

A continuación, unha mesa redonda moderada por Gabriel Rosón Porto reunirá a Miguel A. Fernández Fernández, Carmen González Castro e José Luis Garrido Valencia para abordar a figura e o legado científico de Aida Fernández Ríos.

📅 7 de outubro de 2026
🕛 12:00 h
📍 IIM-CSIC, Vigo
🔗 Evento: https://iim.csic.es/evento/presentacion-do-libro-aida-fernandez-rios-da-produtividade-das-rias-a-acidificacion-oceanica-no-iim-csic/

Unha oportunidade para lembrar e recoñecer o legado dunha científica pioneira da investigación mariña en Galicia.

30/09/2026

La semana pasada recibimos en el IIM-CSIC a , alcalde de Vigo. 🌊

Abel Caballero, acompañado por la teniente de alcalde Elena Espinosa, visitó el Instituto para conocer de primera mano la investigación marina que desarrollamos desde Vigo y nuestras instalaciones.

Durante el recorrido, investigadores e investigadoras de los distintos grupos compartieron su trabajo y los retos a los que se enfrentan nuestros mares.

La visita permitió también poner en valor el trabajo conjunto de todo el personal investigador, técnico, de gestión y formación que hace posible la actividad del IIM-CSIC.

16 grupos de investigación, más de 70 proyectos activos y una investigación marina con proyección nacional e internacional.

Desde el IIM-CSIC agradecemos la visita y vuestro interés en la investigación marina que se desarrolla desde Vigo. 💙

Así vivimos a G-Night 2026 no IIM-CSIC! 🌊🔬 O pasado 25 de setembro participamos na G-Night, a Noite das Persoas Investig...
28/09/2026

Así vivimos a G-Night 2026 no IIM-CSIC! 🌊🔬

O pasado 25 de setembro participamos na G-Night, a Noite das Persoas Investigadoras, en A Laxe (Vigo), cunha tarde chea de ciencia, participación e investigación mariña.

🐟 Coa actividade «Dende o mar ao prato. Unha cadea de xogo», o grupo MARSOCIAL, con Katina Roumbedakis e Xochitl Édua Elías, convidou as persoas participantes a descubrir todo o que acontece desde que un produto se obtén no mar ata que chega ao noso prato.

🌊 E con «Animais baixo as ondas», Alexandre Alonso, do Grupo de Ecoloxía Mariña Integrada, mostrou como estudamos os movementos e o comportamento dos animais mariños mediante técnicas como a telemetría acústica submarina.

As actividades están vinculadas a diferentes proxectos de investigación: SUCCEPHS, financiado por Horizon Europe no marco dunha bolsa posdoutoral Marie Skłodowska-Curie; REGEN-SEA, financiado polas Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2026 da Xunta de Galicia; e CONECTEE, financiado a través do Programa de proxectos de investigación en parques nacionais.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes, participastes e compartistes con nós esta xornada! 💙

24/09/2026

Que hai detrás do que chega ao noso prato?🎣

Desde o mar ata a nosa mesa hai moito máis que unha viaxe.

Na 2026, Katina e Xochitl, do grupo MARSOCIAL do IIM-CSIC, propoñen un percorrido interactivo para descubrir, a través dun xogo, as diferentes etapas e decisións que forman parte das cadeas de valor pesqueiras.

Pesca, transporte, transformación, comercialización, consumo… e tamén cuestións como a pesca ilegal, o papel das mulleres no sector ou a capacidade de adaptación das comunidades costeiras.

Queres descubrir todo o que hai detrás dun produto pesqueiro antes de chegar ao teu prato?

📅 25 de setembro | 18:00–21:00 h
📍 A Laxe · Vigo

👉 Ven á G-Night e participa!

Mañá o IIM-CSIC estará na  ! 🌊Queres descubrir que hai detrás do que chega ao noso prato? Ou saber como estudamos o move...
24/09/2026

Mañá o IIM-CSIC estará na ! 🌊

Queres descubrir que hai detrás do que chega ao noso prato? Ou saber como estudamos o movemento dos animais que viven nas nosas rías?

Nesta edición da G-Night, achegamos a investigación mariña á cidadanía con dúas actividades:

🐟 "Dende o mar ao prato. Unha cadea de xogo"
Katina Roumbedakis e Xochitl Ilosvay, do grupo MARSOCIAL, propoñen un percorrido interactivo polas diferentes etapas das cadeas de valor pesqueiras e por cuestións como a pesca ilegal, o papel das mulleres no sector ou a capacidade de adaptación das comunidades costeiras.

🌊 "Animais baixo as ondas"
Alexandre Alonso, do Grupo de Ecoloxía Mariña Integrada, mostrará como empregamos a telemetría acústica submarina para estudar os desprazamentos e o comportamento dos animais mariños.

📅 25 de setembro | 18:00–21:00 h
📍A Laxe, Vigo
🔗 Máis información: https://iim.csic.es/.../o-iim-csic-achega-a-g-night-2026.../

👉 Achégate, participa nas actividades e descubre a ciencia que se agocha no noso mar!

18/09/2026

A ciencia non só se investiga: tamén se comparte! 🔬🤝

O venres 25 de setembro, a 💫G-Night 2026 volve converter Galicia no punto de encontro para achegar a investigación á sociedade.

A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, as 7️⃣ cidades galegas acollerán propostas para todos os públicos, coa participación de universidades, centros e institutos de investigación e máis dunha ducia de institucións.

💡Unha noite para espertar a curiosidade, descubrir e lembrar que a ciencia tamén forma parte do noso día a día 👉📆.

Consulta toda a información na ligazón da biografía 🔗.

Coordinado pola Universidade de Vigo xunto con:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
XuvenCiencia
CSIC Galicia
Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento
Biomision
Instituto de Ciencias del Patrimonio - Incipit
IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación
IEO A Coruña. Investigación Marina y Divulgación
INIBIC
CITMAga
Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela
SEBBM
CESGA
GAIN
Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
Fundación CEER
ECOBAS
Ceres 1894
Cervexa Nasa

Coa colaboración da Xunta de Galicia e da Real Sociedade Española de Química.

🔬 10 años de calidad al servicio de la investigación marinaLa Unidad Técnica de Biobanco del IIM-CSIC cumple una década ...
06/09/2026

🔬 10 años de calidad al servicio de la investigación marina

La Unidad Técnica de Biobanco del IIM-CSIC cumple una década de certificación ISO 9001:2015, otorgada por DNV.

Gestionada por el grupo Ecobiomar/iSEAS, esta infraestructura garantiza la gestión, conservación y suministro de muestras biológicas marinas con altos estándares de calidad y trazabilidad.

Durante estos diez años ha prestado servicio a una decena de instituciones académicas europeas y colaborado con empresas del sector mar-alimentario en España.

10 años de compromiso con la ciencia, la calidad, la innovación y la transferencia de conocimiento. 👏

🔗 Noticia completa: https://iim.csic.es/la-unidad-tecnica-de-biobanco-del-iim-csic-celebra-diez-anos-de-certificacion-de-calidad-al-servicio-de-la-investigacion-marina/

Dirección

Eduardo Cabello, Nº6
Vigo
36208

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir