27/10/2026
VISITA Á FUNDACIÓN NEIRAS VILAS
O pasado 23 de outubro Xosé Manuel Soutullo e Xosé Manuel Dasilva, director e subdirector da Fundación Penzol, visitaron en Gres a Casa do Romano, sede da Fundación Neira Vilas, onde foron recibidos por Chus Neira, sobriña do escritor e bibliotecaria da Fundación, que forneceu moi interesantes informacións sobre Neira Vilas e Anisia Miranda. Pola súa parte, os visitantes comentaron algunhas das actividades que a Penzol está pensando organizar o ano que vén ao redor da figura de Xosé Neira Vilas, de quen se conserva importante documentación no noso Arquivo, así como unha numerosa colección de monografías de e sobre o autor a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2027. No momento oportuno, informaremos delas.