Marcha Mundial Mulleres Galiza

Cómo llegar Página web

Marcha Mundial Mulleres Galiza A Marcha Mundial das Mulleres é un colectivo feminista que fai parte dunha rede internacional feminista antira***ta, anticolonial e anticapitalista.

Temos grupos en: A Coruña, A Estrada, Compostela. Ferrol, Ourense, Verín e Vigo. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e recoñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das nosas estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas. Nacida do desexo de reunir ás mulleres do mundo en torno a un proxecto común, impúxose rapidamente como un formidable movemento mundial despois da organización da Marcha das Mulleres no ano 2000, dando ao movemento feminista a oportunidade de manifestarse e facerse ouvir en todas as esferas.

[ Ourense ] Preparamos xuntas do 25N! todos os xoves ás 19h na Galleira (Praza San Cosme). Asiste e difunde!
27/10/2026

[ Ourense ] Preparamos xuntas do 25N! todos os xoves ás 19h na Galleira (Praza San Cosme). Asiste e difunde!

[ Lugo ] 🗣 Este mércores 28 de outubro vémonos en Lugo para seguir tecendo e construíndo entre todas un feminismo galego...
24/10/2026

[ Lugo ] 🗣 Este mércores 28 de outubro vémonos en Lugo para seguir tecendo e construíndo entre todas un feminismo galego, anticapitalista e de clase para loitar polos nosos dereitos. Estades todas convidadas!

[ 29N ] ⛔A chegada do PP e VOX ao goberno do Estado ameaza os dereitos das mulleres. Hoxe Feijóo confirma a pretensión d...
23/10/2026

[ 29N ] ⛔A chegada do PP e VOX ao goberno do Estado ameaza os dereitos das mulleres. Hoxe Feijóo confirma a pretensión de retroceder no dereito ao ab**to e anuncia a eliminación do Ministerio de Igualdade.

Dende a Galiza bem sabemos o que significan as políticas do PP en material de feminismo: eliminación Secretaría de Igualdade, aprobación lei de familia da abortista Redmadre, recorte de axudas ás víctimas de violencia, diminución dos recursos de loita contra a violencia machista, desmantelamento dos Centros Información Municipal ás Mulleres....

Este 29N hai que paralos!

[ Ourense ] Este 25 de outubro atopámonos nun novo Encontro de Mulleres para preparar o 25N e seguir construíndo e tecen...
23/10/2026

[ Ourense ] Este 25 de outubro atopámonos nun novo Encontro de Mulleres para preparar o 25N e seguir construíndo e tecendo

🗣 Ás 12h sumámonos á concentración convocada contra a brutalidade policial

✊ Ás 14h xantamos xuntas na Galleira e preparamos o 25N!

Estades todas convidadas a achegarvos!

[ Ourense ] 📢🗣 A Coordenadora Local de Ourense convoca unha asemblea aberta para preparar o 25N, Todas aquelas que queir...
20/10/2026

[ Ourense ] 📢🗣 A Coordenadora Local de Ourense convoca unha asemblea aberta para preparar o 25N, Todas aquelas que queirades facer parte da organización desta data reivindicativa contra a violencia machista achegádevos á Galleira o xoves 22 de outubro ás 19h (Praza San Cosme).

13/10/2026

[ Ourense ] 📢📢 Hoxe volvemos estar diante de Inspección Educativa.

Desde setembro, as nais do IES Xulio Prieto Nespereira piden cada semana unha reunión. A día de hoxe, nin unha chamada. Mentres, o persoal non docente vinculado ás agresións machistas segue no centro e as crianzas seguen relatando episodios de violencia.

Esiximos:
➡️ Que Inspección informe ás familias xa
➡️ Que o expediente remate apartando do centro ao agresor
➡️ Medidas cautelares inmediatas
➡️ Protocolos contra a violencia machista que non sexan un trámite burocrático máis

O silencio institucional protexe ao agresor.

Queremos espazos seguros para as nosas crianzas!!

[ Vivenda ] 📢 Este sábado enchamos as rúas da Galiza dunha reivindicación imprescindíbel: a vivenda é un dereito non un ...
02/10/2026

[ Vivenda ] 📢 Este sábado enchamos as rúas da Galiza dunha reivindicación imprescindíbel: a vivenda é un dereito non un negocio!!

👉 Estas son as nosas reclamacións en relación á vivenda cunha perspectiva feminista, coñece os nosos 25 eixos de traballo na nosa web: https://www.calameo.com/read/007881826c7269e0b9a44

⚠️ - 🏠
✊🏻

[ Vivenda ] 📢 Este sábado enchamos as rúas da Galiza dunha reivindicación imprescindíbel: a vivenda é un dereito non un ...
02/10/2026

[ Vivenda ] 📢 Este sábado enchamos as rúas da Galiza dunha reivindicación imprescindíbel: a vivenda é un dereito non un negocio!!

⚠️ - 🏠
✊🏻

[ A Coruña ] ☕️♀️ Este sábado voltan os Cafés Feministas á Coruña coa colaboración da @ desta volta mulleres, maternidad...
02/10/2026

[ A Coruña ] ☕️♀️ Este sábado voltan os Cafés Feministas á Coruña coa colaboración da @ desta volta mulleres, maternidade, xuízos e cuestionamentos. Achégate a partillar con nós!

[ Ferrolterra ] 📢✊ A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra súmase a concentración convocada para o venres 25 de set...
23/09/2026

[ Ferrolterra ] 📢✊ A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra súmase a concentración convocada para o venres 25 de setembro, ás 19,30 h na rúa Dolores,fronte a sede da Cruz Vermella.

Ao propio tempo condenamos firmemente a agresión realizada contra esta entidade humanitaria polo seu exercicio de axuda as persoas necesitadas.

Agresión ra***ta, machista e xenófoba promovida, coa súa intolerancia e chamda á violencia, por unha parte destacada da nosa sociedade, para impedir a prestación da axuda humanitaria a quen a precisa, seguindo a elemental obriga de exercitar os valores de igualdade, solidariedade e respecto propios dunha sociedade democrática.

"As mulleres decidimos"

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Marcha Mundial Mulleres Galiza publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir