Alcaldía Concello de Vilaboa

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Alcaldía Concello de Vilaboa Nesta páxina poderás atopar información municipal do Concello de Vilaboa gobierno municipal

🩸De novo tivemos a oportunidade de contribuír na campaña de doazón de sangue en Vilaboa!👉Como veciños e veciñas, e tamén...
22/10/2026

🩸De novo tivemos a oportunidade de contribuír na campaña de doazón de sangue en Vilaboa!

👉Como veciños e veciñas, e tamén desde o Concello, sabemos que un pequeno xesto pode salvar vidas. Doar sangue é un acto de solidariedade inmenso e hoxe quixemos sumar o noso gran de area nesta xornada tan importante.

🫶Agradecemento para as persoas que vos achegastes a doar e aos profesionais sanitarios polo seu gran labor



22/10/2026

♥️ Orgullosos de , campión do mundo co ! Exemplo de superación 🚣‍♂️🏆

📌📌Hoxe tivemos a oportunidade de asistir á inauguración de EDUGAL, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia...
21/10/2026

📌📌Hoxe tivemos a oportunidade de asistir á inauguración de EDUGAL, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, grazas á amable invitación de AEMPE

📚📚Desde o Concello de Vilaboa queremos agradecer á organización este encontro que achega ao alumnado, ás familias e aos profesionais toda a información necesaria para construír o seu futuro académico e laboral. Iniciativas como esta contribúen a abrir portas, descubrir oportunidades e favorecer unha formación de calidade para as novas xeracións

Grazas a por contar con Vilaboa nesta cita de referencia para a educación e a formación en Galicia.



20/10/2026

♻️ Coñecendo de preto as novas tecnoloxías para unha depuración máis eficiente e unha xestión sostible da auga na EDAR de Moaña.

💚 Seguimos apostando pola innovación, a sustentabilidade e a protección do noso entorno para afrontar os retos ambientais do futuro

♻️♻️Participamos hoxe nunha xornada de portas abertas na estación depuradora de augas residuais de Moaña, unha oportunid...
20/10/2026

♻️♻️Participamos hoxe nunha xornada de portas abertas na estación depuradora de augas residuais de Moaña, unha oportunidade para coñecer de primeira man novas tecnoloxías aplicadas á depuración das augas residuais e a xestión sostible das redes de saneamento

🟢Durante a visita, vimos solucións innovadoras orientadas a mellorar a eficiencia destas infraestruturas mediante un innovador sistema de granularización aerobia e a dixitalización da rede de saneamento

✅A xornada permitiunos intercambiar experiencias e coñecementos sobre os retos ambientais do presente e do futuro

🌐Seguimos apostando pola innovacion, a sustentabilidade e a proteccion do noso entorno




🐚🌊 Hoxe acompañamos as nenas e nenos das escolas de Bértola, Paredes e Figueirido que cambiaron a aula pola praia, o por...
20/10/2026

🐚🌊 Hoxe acompañamos as nenas e nenos das escolas de Bértola, Paredes e Figueirido que cambiaron a aula pola praia, o porto e a lonxa para descubrir de primeira man o mundo do marisqueo.💙

✅️ Un programa da Deputación de Pontevedra chamado a dar a coñecer as RUTAS DE MARISQUEO

🩵 Hoxe a cativada puido g***r de dúas experiencias diferentes que despois intercambiamos

⚓ Na lonxa, con Rita, aprendemos algo moi importante: que peixes podemos coller e cales debemos deixar medrar. 🐟

Porque xa o temos claro… pequeniños non, grazas! 🙅‍♀️🐟

Tamén xogamos cunha rede, fixemos a nosa propia poxa de peixe e marisco e coñecemos algúns dos aparellos que se utilizan na lonxa: a báscula, a máquina que separa as ameixas segundo o seu tamaño e a máquina de frío. ⚖️🦪❄️

🌊 Na praia de Deilán, con Rosa, tocou converterse en auténticos mariscadores e mariscadoras. Coñecemos o angazo e puxémonos mans á obra co rastrillo, buscando entre a area ata atopar… berberechos e ameixas! 🦪

Unha mañá para observar, tocar, experimentar, xogar e aprender, achegándonos a un oficio tan importante para a nosa ría e coñecendo todo o camiño que percorren os produtos do mar. 🌊🐚

Grazas a Confraría Pedra da Oliveira, e especialmente a Rita e Rosa, por acompañarnos nesta experiencia tan especial.



🏎‍🟀💨 ¡ÉXITO TOTAL DA 3ª FESTA DO MOTOR DE VILABOA! 🏁🏆Vilaboa volveu vibrar coa paixón das catro rodas! 🚗💥 Participamos d...
18/10/2026

🏎‍🟀💨 ¡ÉXITO TOTAL DA 3ª FESTA DO MOTOR DE VILABOA! 🏁🏆

Vilaboa volveu vibrar coa paixón das catro rodas! 🚗💥 Participamos desta gran cita e acompañamos aos asistentes nunha xornada espectacular en Riomaior, chea de adrenalina, afección e un ambiente inmellorable 🙌✨, con entrega de premios incluída

O noso enorme agradecemento e recoñecemento á Asociación do Motor de Vilaboa polo seu incrible traballo, esforzo e dedicación para poñer en marcha este evento. 🛠️❤️ Grazas á vosa entrega e paixón, a festa foi un éxito rotundo de público, enchendo o municipio de ruxido de motores, música e moita animación! 🎶🔥

Grazas tamén a todas as persoas que vos achegastes a g***r da exposición e a dinamizar o noso concello. 👏🎒 ¡Seguimos sumando e apoiando as iniciativas que fan grande a Vilaboa! 🌟



16/10/2026

🎉 Paredes estivo hoxe de festa para celebrar unha Carretera Vella máis moderna, accesible e pensada para as persoas.

💙 Música, convivencia e moita ledicia da man da veciñanza, da Asociación Veira do Río de Pontesampaio e de DJ Goma.

🏡 Grazas á Asociación Veciñal e Cultural Carretera Vella de Paredes por facer posible esta gran celebración.

🥳🥳A Carretera Vella de Paredes converteuse esta tarde nunha festa da veciñnza para celebrar a humanización do vial, un s...
16/10/2026

🥳🥳A Carretera Vella de Paredes converteuse esta tarde nunha festa da veciñnza para celebrar a humanización do vial, un símbolo da modernidade e dos espazos de convivencia polos que apostamos desde o Concello

🚶‍♀️🚶‍♀️Tivemos a oportunidade de compartir a ledicia de veciños e veciñas nunha xornada moi especial, vendo como este novo espazo cobra vida e se converte nun lugar pensado para as persoas, para o encontro e para a convivencia. Un proxecto que transforma a contorna e mellora o día a día da veciñanza

🥁🥁A celebración contou coa Asociación Veira do Ríio de Pontesampaio e coa música de DJ Goma, que puxeron o mellor ambiente a unha tarde festiva na que non faltaron os petiscos, as conversas e as ganas de celebrar xuntos este importante avance para Paredes.

🫶Agradecemos de maneira moi especial o traballo e a implicación da Asociación Veciñal e Cultural Carretera Vella de Paredes, organizadora do acto, polo seu esforzo e colaboración para facer posible unha celebración que reuniu á veciñanza arredor dun proxecto que xa forma parte do presente e do futuro desta contorna

Seguimos construíndo unha Vilaboa máis moderna, accesible e humanizada, con espazos públicos pensados para desfrutar, compartir e convivir



🤝 Primeira visita a Vilaboa do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández LópezAproveitamos o encontro...
15/10/2026

🤝 Primeira visita a Vilaboa do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández López

Aproveitamos o encontro para revisar unha das obras executadas a través do Plan Marco e para trasladarlle algunhas das principais necesidades e proxectos estratéxicos para o futuro de Vilaboa

💧 Demandamos o impulso da Mancomunidade de Augas da ría de Pontevedra, unha ferramenta fundamental para garantir o desenvolvemento do noso concello

🚶🌿 Tamén solicitamos o apoio da Xunta para avanzar na senda do Cal ao Sal, un proxecto clave para poñer en valor o noso patrimonio natural e cultural

🏛️ Ademais, incidimos na importancia de manter e reforzar as distintas liñas de axuda aos concellos, imprescindibles para seguir mellorando servizos e infraestruturas

✅ Diálogo, colaboración e compromiso para seguir construíndo a Vilaboa do futuro 💙💚



Dirección

Toural, 1
Vilaboa
36141

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Alcaldía Concello de Vilaboa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Alcaldía Concello de Vilaboa:

Atajos

Compartir