Concello Vilagarcía de Arousa

Cómo llegar Página web

Concello Vilagarcía de Arousa Todas as novidades do Concello de Vilagarcía de Arousa actualizadas diariamente.

  🫰 O K-Pop regresa este sábado ao Piñeiriño da man do grupo ADT, co ✨All Dance Together✨📍Será no Centro Cultural Breogá...
22/10/2026

🫰 O K-Pop regresa este sábado ao Piñeiriño da man do grupo ADT, co ✨All Dance Together✨
📍Será no Centro Cultural Breogán e está dirixido a público de todas as idades:
📌Pola mañá, de 11 a 13 h celebrarase o KPop Pekes con pintacaras, música e baile.
📌De 16 a 20 h terá lugar o evento central con Random Dance e exhibición de bailes que terá como temática central o Samain, con concurso de disfraces 🎃👻

O evento conta coa colaboración do Concello e da O Piñeiriño - Asociación Veciñal Breogán I Solifest
A entrada é libre e gratuita. Achégate❗️

  O goberno valora en 4,1 millóns o custe da Escola Infantil para os vindeiros 5 anos.🔸O prego de licitación, xa finaliz...
22/10/2026

O goberno valora en 4,1 millóns o custe da Escola Infantil para os vindeiros 5 anos.
🔸O prego de licitación, xa finalizado, foi presentado hoxe aos portavoces municipais, que terán 15 días para aportar suxestións.
🔸A intención é elevalo ao pleno en novembro con vistas a convocar o concurso a principios de 2027.
🔸O contrato, por dúas anualidades con posibilidade de tres prórrogas ano a ano, prevé a subrogación do actual persoal.

  O goberno propón a conxelación de taxas e impostos para 2027, a excepción da cota por auga e depuración, que subirá o ...
22/10/2026

O goberno propón a conxelación de taxas e impostos para 2027, a excepción da cota por auga e depuración, que subirá o IPC de acordo co contrato.
🔸Vilagarcía continúa cunha presión fiscal por debaixo da media.

  Vilagarcía acolle hoxe, mañá e o venres o ✨Salón de Maquinaria e Equipamento Vitivinícola en Galicia, VINTEC✨🔸O evento...
21/10/2026

Vilagarcía acolle hoxe, mañá e o venres o ✨Salón de Maquinaria e Equipamento Vitivinícola en Galicia, VINTEC✨
🔸O evento, orientado a pequenos, medianos e grandes viticultores e cooperativas de toda Galicia e norte de Portugal, abarca todos os servizos necesarios para a produción, recolección, elaboración e distribución.
📌Desenvólvese en Fexdega con horario de 10 a 19 h hoxe e mañá, e de 10 a 15 h o venres.

  O goberno local eleva ao pleno a necesidade de construir un centro de día e unha residencia para as persoas con discap...
21/10/2026

O goberno local eleva ao pleno a necesidade de construir un centro de día e unha residencia para as persoas con discapacidade intelectual da comarca.
🔸Na súa moción, fai súas as reivindicacións da Anpa do Centro de Educación Especial, cuxo alumnado debe deixar a institución aos 21 anos.
🔸As novas instalacións terían carácter comarcal, como o propio CEE.

  AVISO ⚠️ O Concello advirte que mañá a primeira hora comezan as obras de asfaltado da rúa Faxilde e pide a colaboració...
20/10/2026

AVISO ⚠️ O Concello advirte que mañá a primeira hora comezan as obras de asfaltado da rúa Faxilde e pide a colaboración veciñal.
🔸Durante estes días, polo tanto, a circulación será restrinxida para facilitar os traballos.
🔸A renovación do vial, tras a mellora da rede de abastecemento, eleva a 107.000 o investimento feito nesta rúa de Sobrán.

+info👉 https://vilagarcia.gal/novas/rtdo2.asp?idnoticia=16874

  As obras da rúa Esperanza comezarán dende a do Carme para chegar, por tramos, á avenida Rosalía de Castro.🔸A actuación...
19/10/2026

As obras da rúa Esperanza comezarán dende a do Carme para chegar, por tramos, á avenida Rosalía de Castro.
🔸A actuación arrancará de inmediato, unha vez asinada a acta de revisión e aprobado o plan de seguridade
🔸O Concello pide colaboración á veciñanza e condutores, para seguir facilitando o paso mentres se executa o proxecto.
🔸Serán 4 meses de traballo, cun presuposto de 375.000 €.

   Comezan as obras para dotar á rúa Pablo Picasso dun paso de peóns elevado e iluminado.❗️O concello pide a colaboració...
18/10/2026

Comezan as obras para dotar á rúa Pablo Picasso dun paso de peóns elevado e iluminado.
❗️O concello pide a colaboración de condutores e viandantes durante a semana que durarán os traballos.
🔸Trátase dun vial con alta densidade de tráfico por ser un acceso ao porto no que conflúen os vehículos que veñen da autopista, a N-640 e a PO-549, que comunica a comarca con Vilagarcía.

  🟣A sala de conferencias do Auditorio acolleu onte a terceira das xornadas dedicadas á saúde con perspectiva de xénero,...
17/10/2026

🟣A sala de conferencias do Auditorio acolleu onte a terceira das xornadas dedicadas á saúde con perspectiva de xénero, nesta ocasión á menopausa e cómo minimizar os seus efectos, con especial atención ao lipedema.
🔸O acto contou cunha mesa redonda coa participación de Diana López, especialista en Xinecoloxía e Obstetricia e integrante da AEEM, Katia Bonvehí, fisioterapeuta de Centro Balance, Ángela Patricio, psicóloga e promotora
de Momento Calma 2025, e con María Araujo,
traballadora social da AGL. Un monólogo da man de A Boti, e o obradoiro "Coidando o solo pélvico
durante a menopausa", completaron o programa.

  🎭Marcelino de Santiago, “Kukas”, chega hoxe ao auditorio con “Xan Perillán e a maleta máxica”🔸O divertido espectáculo,...
17/10/2026

🎭Marcelino de Santiago, “Kukas”, chega hoxe ao auditorio con “Xan Perillán e a maleta máxica”
🔸O divertido espectáculo, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, mestura maxia, clown e monicreques.
📌 Comezará ás 18:00h
🎟️ O prezo das entradas é de 5 € para adultos e de 3 para a rapazada, maiores de 65 anos, desempregados/as e titulares do carné xoven.
Podes adquirilas en 👉ataquilla.com ou ben na billeteira do propio auditorio dende as 16 h.

Dirección

Praza Ravella, 1
Vilagarcía
36600

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello Vilagarcía de Arousa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir