Concello de Vilasantar

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Vilasantar Páxina oficial do Concello de Vilasantar.

Unha pequena fiestra para asomarse ao municipio, a nosa organización, os servizos que prestamos, eventos, programas, cursos, actividades culturais e deportivas, axudas, turismo…

🍂 A comisión de festas de Présaras organiza un xantar de outono!📆 7 de novembro📍 No pavillón municipal🍽️ Menú: empanada,...
22/10/2026

🍂 A comisión de festas de Présaras organiza un xantar de outono!

📆 7 de novembro
📍 No pavillón municipal
🍽️ Menú: empanada, lacón asado con patacas, pan, larpeira, bebida e café.
➡ Prezo: 27 € por persoa; menores de 12 anos de balde.
🎶 Haberá música en directo e sorteos!

⚠ Recollida de entradas no bar O Muíño ou a través dos membros da comisión antes do 1 de novembro.

VILASANTAR, DISTINGUIDO COA BANDEIRA VERDE DE GALICIA♻ O Concello de Vilasantar vén de ser distinguido co distintivo Ban...
22/10/2026

VILASANTAR, DISTINGUIDO COA BANDEIRA VERDE DE GALICIA

♻ O Concello de Vilasantar vén de ser distinguido co distintivo Bandeira Verde de Galicia, como mostra do seu compromiso co medio ambiente e a paisaxe.
💚 O alcalde de , Fernando Pérez Fernández, recolleu a distinción de mans da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, e do alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martinez Carrillo, xunto a outros 38 municipios.
🌳 Este distintivo destaca o compromiso do Concello de Vilasantar co impulso de distintos tipos de accións e boas prácticas para ordear o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe, afrontar o cambio climático, mellorar a eficiencia enerxética, xestionar de xeito responsable os residuos municipais e sensibilizar á veciñanza nesta materia.
👏👏👏 Grazas a todos os veciños e veciñas de Vilasantar por axudarnos a facer un mellor lugar onde vivir❗

⛲️ Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ⛲️🔰 2 de novembro: Vilasantar, Mezonzo, Bar...
21/10/2026

⛲️ Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ⛲️

🔰 2 de novembro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
🔰 9 de novembro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente

☎️ Anotación: 981 77 82 57

⚠️ Número de prazas: 30 cada días

👥 Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar.

📝 As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.

🩱 Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.

🗣️ Xornada informativa "Comunidade Enerxética de Vilasantar".📆 Xoves, 5 de novembro📍 20 h⏰ Local social de PrésarasAdema...
20/10/2026

🗣️ Xornada informativa "Comunidade Enerxética de Vilasantar".

📆 Xoves, 5 de novembro
📍 20 h
⏰ Local social de Présaras

Ademais de afondar no caso específico de Vilasantar Enerxía, será un encontro interesante para calquera persoa que queira coñecer máis sobre as comunidades enerxéticas. Sexas de Vilasantar ou non, formes parte deste proxecto ou non, convidámoste a vir á reunión! 😊

🤩 Comida baile da man da comisión de festas de Armental!📆 Sábado, 24 de outubro📍 Escola de Armental⏰ A partir das 15 h➡ ...
19/10/2026

🤩 Comida baile da man da comisión de festas de Armental!

📆 Sábado, 24 de outubro
📍 Escola de Armental
⏰ A partir das 15 h
➡ 25 € por persoa; menores de 12 anos de balde.

🍽 Menú: callos, lacón asado con patacas, postre, café e chupitos.
🎶 Sesión de tarde amenizada pola solista Mery e agasallos sorpresa!

🙌 Cada 15 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, proclamado polas Nacións Unidas para empodera...
15/10/2026

🙌 Cada 15 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais, proclamado polas Nacións Unidas para empoderar e recoñecer a contribución esencial das mulleres e as nenas rurais ao desenvolvemento sostible, a seguridade alimentaria, a erradicación da pobreza e o progreso das comunidades rurais.

👩‍🌾 Esta conmemoración adquire unha especial relevancia en 2026, declarado Ano Internacional da Agricultora, unha iniciativa impulsada pola FAO que pon o foco na contribución das mulleres á agricultura e os sistemas agroalimentarios e que invita a reforzar as políticas públicas dirixidas a eliminar as desigualdades que aínda persisten no medio rural.

As mulleres rurais desempeñan un papel imprescindible no desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental dos nosos municipios. Son elas quen manteñen vivos os nosos pobos, axentes chave na transición ecolóxica, na innovación agroalimentaria, no emprendemento local e na sostibilidade dos territorios.

➡️ Podes ler a declaración institucional da FEMP na nosa páxina web.

⛲️ Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ⛲️🔰 15 de outubro: Vilasantar, Mezonzo, Bar...
14/10/2026

⛲️ Saúde e calidade de vida | XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA ⛲️

🔰 15 de outubro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito

🔰 2 de novembro: Vilasantar, Mezonzo, Barbeito
🔰 9 de novembro: Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente

☎️ Anotación: 981 77 82 57

⚠️ Número de prazas: 30 cada días

👥 Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar.

📝 As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.

🩱 Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.

🔜 "Venres de Consumo responde"!⏰ Mañá, 9 de outubro, ás 12.30 h celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha cha...
08/10/2026

🔜 "Venres de Consumo responde"!

⏰ Mañá, 9 de outubro, ás 12.30 h celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha charla aberta sobre prácticas agresivas na venda en liña. Comezará cunha pequena exposición e despois responderanse todas as dúbidas en materia de consumo.

Para participar:
1️⃣ Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2️⃣ Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3️⃣ Verás que estás na aula de videoconferencia, prema na ligazón para acceder á mesma.
✳️ Se non tes Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador".

🔵 𝟴 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 | 𝗗𝗶́𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗗𝗶𝘀𝗹𝗲𝘅𝗶𝗮Sumámonos á campaña internacional "Unidos pola Dislexia", coordinada pola...
08/10/2026

🔵 𝟴 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 | 𝗗𝗶́𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗗𝗶𝘀𝗹𝗲𝘅𝗶𝗮

Sumámonos á campaña internacional "Unidos pola Dislexia", coordinada pola Organización Internacional Dislexia e Familia (DISFAM). O obxectivo é dar visibilidade a este trastorno do neurodesenvolvemento e aprendizaxe, que afecta como mínimo ao 10 % da poboación mundial. Non obstante, en moitas ocasións detéctase tarde por ser totalmente invisible, causando moito fracaso e abandono escolar.

🟡 A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel amarelo por choiva que a...
05/10/2026

🟡 A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel amarelo por choiva que afectará dende a mañá do día 06/10/2026 e que se prolongará ao longo de toda a xornada. Espérase unha precipitación acumulada de 15mm nunha hora. 💧

⚠️ Recomendamos precaución e, ante calquera emerxencia, chamar ao 112.

Dirección

Vilasantar
15807

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 19:00
Martes 08:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 19:00
Viernes 08:30 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Vilasantar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Vilasantar:

Atajos

Compartir