CIFP Vilamarin

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CIFP Vilamarin Centro integrado de formación profesional de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias e Agraria.

Formación Profesional das familias profesionais:
Agraria
Hostalaría e Turismo
Industrias Alimentarias

V XORNADAS DE FP BÁSICA!🎓A semana pasada, o CIFP de Vilamarín participou nas V Xornadas de FP Básica; un espazo de encon...
19/10/2026

V XORNADAS DE FP BÁSICA!🎓

A semana pasada, o CIFP de Vilamarín participou nas V Xornadas de FP Básica; un espazo de encontro, reflexión e intercambio de experiencias💭

Un dos momentos destacados, foi a mesa redonda do alumnado na que participou Luis, ex alumno de FP Básica, e que continúa formándose actualmente no noso centro. Estivo acompañado de Modesto Iglesias Rodríguez, intérprete de signos do noso CIFP.

Foi un espazo de diálogo no que se compartiron experiencias sobre o papel da FP Básica nas traxectorias persoais e formativas 🗣️👁️‍🗨️

09/10/2026
O pasado xoves, o noso alumnado de 1° e 2° Curso do Ciclo de grao Superior de Aloxamentos Turísticos, visitaron a empres...
06/10/2026

O pasado xoves, o noso alumnado de 1° e 2° Curso do Ciclo de grao Superior de Aloxamentos Turísticos, visitaron a empresa Casal de Oseira ubicada no municipio de Oseira (San Cristovo de Cea)🏛️🖼️

A súa xerente, Tamara Prado Álvarez, amosoulles as instalacións e explicoulles a xestión real da empresa en materia de recursos humanos, mercadotecnia e investimentos💹🫰🏻

A xornada completouse coa visita ao Museo Etnografico de Liste Oseira e ao Mosteiro de Oseira, reforzando así a conexión dos estudantes coa historia e a cultura de Galicia.

O alumnado de 2°curso do ciclo de Grao Básico de Cociña e Restauración embarcouse nunha viaxe no tempo para descubrir a ...
02/10/2026

O alumnado de 2°curso do ciclo de Grao Básico de Cociña e Restauración embarcouse nunha viaxe no tempo para descubrir a pegada dos exploradores extremeños en América. Investigaron as súas rutas, coñeceron a súa influencia e descubriron como os seus nomes e historias quedaron reflectidos na toponimia e na cultura americana 🕵🏻‍♀️🗾

Para realizar este proxecto, tamén contamos con materiais e recursos da Oficina de Turismo de Extremadura Extremadura Turismo,que nos axudaron a descubrir e investigar a pegada extremeña ao outro lado do atlántico.

Un proxecto para aprender Historia investigando, conectando lugares e descubrindo que as pegadas do pasado aínda están presentes hoxe.

01/10/2026

EN VILAMARÍN ENTENDÉMONOS! ✌🏻

O pasado 23 de setembro, celebramos o Día Internacional da Lingua de Signos, unha data para poñer en valor a lingua que nos permite comunicarnos e compartir espazos máis accesibles e inclusivos.

Porque a inclusión non é algo puntual: forma parte do día a día no noso centro. Nas aulas,nas cociñas,nos descansos...en cada momento no que nos atopamos e nos entendemos. E para lembrarnos que comunicarse vai moito máis das palabras,Modesto,o noso intérprete de signos,preparounos este pequeno vídeo

Unha iniciativa promovida pola Biblioteca e o EDLG do CIFP de Vilamarín,coa participación de toda a comunidade educativa 📖📚

Dirección

Borulfe, Sn
Villamarín

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Vilamarin publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CIFP Vilamarin:

Compartir