07/10/2026
Unha xornada de aventura en Silleda 🧗♀️🏹
O vindeiro martes 13 de outubro, o alumnado do noso centro desfrutará dunha xornada moi especial en Fervenza Aventura, en Silleda.
Ao longo de todo o día, mañá e tarde, participaremos en diferentes actividades multiaventura, entre as que se inclúen o rocódromo, tiro con arco e outras propostas pensadas para g***r, superar retos e compartir unha experiencia diferente fóra da aula.
Esta actividade conta coa subvención da Deputación de Pontevedra, a través do programa Vivo Rural 2026, que permite que o alumnado poida desfrutar desta experiencia practicamente de balde, xa que a Deputación asume o custo da entrada ao parque e as familias só terán que facerse cargo do desprazamento.
Sen dúbida, será unha magnífica oportunidade para aprender, divertirse e vivir unha auténtica xornada de aventura en contacto coa natureza. 🌿