Concello De Zas Actualidade Municipal

Cómo llegar Página web

Concello De Zas Actualidade Municipal Conta oficial do Concello de Zas

09/10/2026

Aviso importante por unha avaría na rede de abastecemento de auga, imos proceder ao seu corte para ó seu arranxo . Afectará a Sobreira, Lamas e San Cremenzo

Periquito atopado en Baio. O dono que se poña en contacto coa casa do vento en Baio
08/10/2026

Periquito atopado en Baio. O dono que se poña en contacto coa casa do vento en Baio

Este sábado 10 de outubro, o noso concello celebra o IX torneo de xadrez . Un torneo con gran prestixio dónde se reunen ...
07/10/2026

Este sábado 10 de outubro, o noso concello celebra o IX torneo de xadrez . Un torneo con gran prestixio dónde se reunen os mellores
xogadores da provincia

Comezamos a tempada de bailes, este sábado co dúo Mar de Vila
06/10/2026

Comezamos a tempada de bailes, este sábado co dúo Mar de Vila

🎬 𝐀𝐅𝐈𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐅𝐎𝐔𝐂𝐈𝐍̃𝐎𝐒 | 𝟐ª 𝐒𝐄𝐒𝐈𝐎́𝐍Este venres, 2 de outubro, continúa en Zas o ciclo de cine 𝐀𝐟𝐢𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐅𝐨𝐮𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 coa proxecc...
30/09/2026

🎬 𝐀𝐅𝐈𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐅𝐎𝐔𝐂𝐈𝐍̃𝐎𝐒 | 𝟐ª 𝐒𝐄𝐒𝐈𝐎́𝐍

Este venres, 2 de outubro, continúa en Zas o ciclo de cine 𝐀𝐟𝐢𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐅𝐨𝐮𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 coa proxección de 360 𝑐𝑢𝑟𝑣𝑎𝑠, un documental de Alejandro Gándara e Ariadna Silva Fernández, recoñecido co 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐌𝐞𝐬𝐭𝐫𝐞 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨 𝐚𝐨 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥.

🛣️ 𝟯𝟲𝟬 𝗖𝗨𝗥𝗩𝗔𝗦 separan A Fonsagrada de Lugo. Un camiño longo, difícil e descendente entre montañas que se converte tamén no reflexo do declive dun territorio que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia a través das chamadas As Movidas.

Narrado entre un pasado e un presente non tan afastados, o documental conta a historia dunha comunidade rural que se resiste a desaparecer.

📍 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬
🕘 𝟐𝟏:𝟎𝟎 𝐡
📅 𝐕𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟐 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨

Vémonos en Zas!

📷 O Centro Sociocultural de Baio retoma a súa programación expositivaO Centro Sociocultural de Baio volve abrir as súas ...
30/09/2026

📷 O Centro Sociocultural de Baio retoma a súa programación expositiva

O Centro Sociocultural de Baio volve abrir as súas portas á fotografía coa exposición ‘Entre a auga e o ar’, de Jorge Vilas Souto.

A mostra poderá visitarse do 2 de outubro ao 13 de novembro, unha nova proposta para achegar a creación fotográfica á veciñanza e seguir facendo do centro un espazo para a cultura e o encontro.

📍 Centro Sociocultural de Baio
📅 Do 2 de outubro ao 13 de novembro
🕒 Martes a venres, de 15:30 a 20:30 e sábados, de 10:00 a 14:00 h

A inauguración terá lugar o venres 2 de outubro ás 18:00 h.

Máis info 👉 https://concellodezas.gal/o-centro-sociocultural-de-baio-retoma-a-sua-programacion-expositiva-cunha-mostra-fotografica-de-jorge-vilas/

O auditorio de Baio acollerá o vindeiro 𝐦𝐞́𝐫𝐜𝐨𝐫𝐞𝐬 𝟕 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 un encontro, organizado polo Gdr Costadamorte, para falar...
29/09/2026

O auditorio de Baio acollerá o vindeiro 𝐦𝐞́𝐫𝐜𝐨𝐫𝐞𝐬 𝟕 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 un encontro, organizado polo Gdr Costadamorte, para falar sobre o desenvolvemento da 𝐕𝐢́𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐚𝐧𝐚, unha iniciativa vinculada ao patrimonio, ao territorio e ás oportunidades que ofrece este itinerario.

Será un espazo para 𝐜𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨, 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐞 𝐚𝐛𝐨𝐫𝐝𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐬𝐢𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨 𝐝𝐚 𝐕𝐢́𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨.

📍 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐢𝐨
📅 𝐌𝐞́𝐫𝐜𝐨𝐫𝐞𝐬 𝟕 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨
🕒 𝟏𝟗:𝟎𝟎

Unha oportunidade para achegarse, coñecer de primeira man a iniciativa e participar neste encontro sobre o futuro da Vía Mariana.

Máis información 👉 https://www.gdrcostadamorte.com/single-post/encontros-para-o-desenvolvemento-da-v%C3%ADa-mariana-en-baio

🎬 Baio énchese de cinema cos VI Premios Fouciño!A programación desta nova edición xa está lista. Baio volverá encherse d...
28/09/2026

🎬 Baio énchese de cinema cos VI Premios Fouciño!

A programación desta nova edición xa está lista. Baio volverá encherse de cinema, cultura e actividades os días 22, 23 e 24 de outubro.

Durante tres días haberá proxeccións, coloquios, música, karaoke cinéfilo, sesión vermú e o concurso de curtametraxes, que terá como colofón a gala final e os concertos na Praza Jorge Mira.

📍 Baio | 22, 23 e 24 de outubro

Consulta a programación completa e garda as datas 👉 https://premiosfoucino.concellodezas.gal/programa/

Agardámoste en Baio!

🎭 PROPOSTAS PARA TODAS AS IDADESContinuamos lembrando algunhas das actividades do programa 2026-2027 do Concello de Zas....
28/09/2026

🎭 PROPOSTAS PARA TODAS AS IDADES

Continuamos lembrando algunhas das actividades do programa 2026-2027 do Concello de Zas. Nesta ocasión, toca poñer o foco nas propostas para todas as idades:

🏹 Tiro con arco
🏓 Tenis de mesa
🎭 Escola de teatro
🎵 Música moderna
♟️ Xadrez

Actividades para desfrutar en familia, aprender novas habilidades ou simplemente dedicar un tempo ás túas afeccións.

📅 Lembramos que o prazo de inscrición remata o 1 de outubro.

📞 Máis información e inscricións: 981 708 303

Dirección

Praza Do Campo S/n
Zás
15850

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello De Zas Actualidade Municipal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir