Bng O Rosal

Directions

Bng O Rosal Páxina do BNG do Rosal

Hoxe, unha parte do BNG do Rosal, xunto cunha representación da veciñanza das zonas afectadas, con implicación nas comun...
23/09/2026

Hoxe, unha parte do BNG do Rosal, xunto cunha representación da veciñanza das zonas afectadas, con implicación nas comunidades de montes, traídas de auga e recollida de sinaturas, estivemos no Parlamento Galego para escoitar de primeira man e amosar a nosa desconformidade co proxecto de centrais hidroeléctricas reversibles de auga mariña que se proxectan en Portecelo e Fonte das Mañas.

Máis información no seguinte enlace 👇🏻👇🏻

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-insta-pp-ponerse-do-lado-da-xente-fronte-ameaza-especulativa-das-centrais-portecelo-fonte-das-manas/20260923163735043470.html

30/08/2026

𝙊 𝘽𝙉𝙂 𝙙𝙤 𝘽𝙖𝙞𝙭𝙤 𝙈𝙞𝙣̃𝙤 𝙚𝙡𝙚𝙫𝙖 𝙖𝙤 𝙋𝙖𝙧𝙡𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙂𝙖𝙡𝙚𝙜𝙤 𝙦𝙪𝙚 𝙖 𝙓𝙪𝙣𝙩𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙙𝙚𝙣𝙚 𝙪𝙣 𝙘𝙪𝙧𝙨𝙤 𝙢𝙖́𝙞𝙨 𝙖́ 𝙘𝙤𝙢𝙖𝙧𝙘𝙖 𝙘𝙪𝙣 𝙨𝙚𝙧𝙫𝙞𝙯𝙤 𝙙𝙚 𝙖𝙪𝙩𝙤𝙗𝙪𝙨𝙚𝙨 𝙢𝙤𝙞 𝙙𝙚𝙛𝙞𝙘𝙞𝙚𝙣𝙩𝙚.

𝙊𝙨 𝙣𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙡𝙞𝙨𝙩𝙖𝙨 𝙘𝙧𝙞𝙩𝙞𝙘𝙖𝙣 𝙦𝙪𝙚, 𝙙𝙚𝙨𝙥𝙤𝙞𝙨 𝙙𝙪𝙣 𝙖𝙣𝙤 𝙙𝙚 𝙩𝙚𝙧 𝙙𝙚𝙣𝙪𝙣𝙘𝙞𝙖𝙙𝙤 𝙤 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙖𝙩𝙤, 𝙤 𝙜𝙤𝙗𝙚𝙧𝙣𝙤 𝙙𝙚 𝙍𝙪𝙚𝙙𝙖 𝙛𝙤𝙨𝙚 𝙞𝙣𝙘𝙖𝙥𝙖𝙯 𝙙𝙚 𝙚𝙡𝙖𝙗𝙤𝙧𝙖𝙧 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙥𝙧𝙤𝙥𝙤𝙨𝙩𝙖 𝙢𝙚𝙡𝙡𝙤𝙧

“Cada ano chega setembro e repítese a mesma cantinela: o estudantado volta ás clases, a xente ao seu traballo, todo a súa rutina e o servizo de autobuses tamén segue sen mellorar: estudantes que teñen que ir de pé, amontonados no pasillo, poucas liñas ou frecuencias e viaxes interminables para ir ao hospital ou á universidade, xente que queda tirada na estación autobuses cando quere voltar á casa porque o autobús xa non admite máis… isto é o que ten que sufrir a xente da comarca” afirman desde o Bloque Nacionalista Galego.

Esta formación política reprocha ao goberno do Partido Popular que non sexan capaces de ofertar unha proposta axeitada para a comarca, despois de tanto tempo.

“Desde as alcaldías nacionalistas xa se lle fixeron propostas dimensionadas ás necesidades da xente, pero á Xunta segue coa mesma actitude: desatendendo un servizo público vital para o Baixo Miño”, afirman.

Na última sesión da Comisión Permanente nº2 do Parlemento Galego, con competencias sobre transporte, celebrada o pasado día 16 de xullo, Paulo Ríos, deputado do BNG urxía unha vez máis unha vez máis ao goberno galego a solucionar este problema. “A resposta dos populares foi que non ofertarán o novo proxecto ata 2027 para que as empresas poidan concursar, un retraso máis nunha situación que castiga ano tras ano á nosa comarca”

Esta formación solidarízase coas reivindicacións que están a realizar as traballadoras e traballadores da empresa concesionaria, cunha nova xornada de folga que celebran o día de hoxe. “As traballadoras e as usuarias son as que sempre “pagan o pato”
deste deterioro dos servizos aos que nos someten os populares”, lamentan.

Afirman que seguirán presionando ata conseguir unha mellora eficaz do servizo.

31/07/2026
14/07/2026

Este 25 de xullo esperámoste en Compostela para celebrar o Día da Patria Galega ✊

Unha xornada para reivindicar con orgullo quen somos e para seguir defendendo unha Galiza con identidade propia! 🩵

17/12/2025

El Partido Popular rechaza las 18 emendas del BNG para carreteras, salud y vivienda, dejando a la comarca del Baixo Miño con inversión mínima en 2026.

05/12/2025

Address


Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Bng O Rosal posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed government service?

Share