04/26/2026
Onte, A Casa da Muller puxo rumbo a Noia, terra de Francisco Añón, de mar aberto e de historias que seguen latexando en cada recuncho.
Foi unha xornada chea de convivencia, risas e complicidade, desas que quedan gardadas para sempre. Rematamos como mellor sabemos: cunha comida de confraternidade e cos xa imprescindibles cánticos no bus de volta, que pouco a pouco xa se están a converter en tradición.
E como non, lembrar a súa voz, que aínda resoa en Galicia:
“Galicia, Galicia,
terra querida,
de verdes campos
e doces rías…”
Seguimos facendo camiño xuntas, tecendo memoria e compartindo momentos que nos unen aínda máis 💜
04/22/2026
🌿A informática tamén pode practicarse ao aire libre! Fantástica tarde💚✨
04/21/2026
☀️
A aldea canta, o tempo esquece,
cada instante aquí medra e florece,
porque na árbore das ilusións
habitan libres mil corazóns.
🌳✨ Chega a Escola de Verán 2026!
📍 Único día de inscrición na FEP:
📣 Sábado 9 de maio
Mañá: 09:00 – 14:00 h
Tarde: 16:00 – 20:00 h
📮 Taxa de inscrición:
• 1 👦🏼 familia: 45 €
• 2 👦🏼 familia: 55 €
• 3 👦🏼 familia: 65 €
• 4 👦🏼 familia: 75 €
💳 Pago dispoñible desde este momento vía transferencia bancaria:
➡️ Nº de conta: ES79 0049 0889 9022 1003 7381
➡️ Concepto: Nome e apelidos do/a neno/a participante seguido de Escola de Verán
📌 Exemplo: “Lola e Xiao Pérez Pérez – Escola de Verán”
⚠️ Para formalizar a inscrición o día 9 de maio será IMPRESCINDIBLE achegar o xustificante de pago.
💭 Cando terá lugar a Escola de Verán?
• Do 3 ao 31 de agosto
• Madrugadores a partir das 9:00 h
• Xornada normal: 11:00 – 13:30 h
Agardámosvos un ano máis!
GRAZAS! 💚⛱️
⚠️ LEMBRADE: PRAZAS LIMITADAS!
(Comunicaremos cando cheguemos ao número de prazas marcado).
04/16/2026
🌿 Encontro de aldeas singulares: tradición, cooperación e sabor 🍷🥞
As aldeas asturianas e vascas visitan a Aldea do Couto nun fermoso proxecto de cooperación que pon en valor o noso rural, a cultura compartida e as raíces que nos unen.
A xornada desenvolveuse nun ambiente cheo de ilusión e aprendizaxe, creando espazos de encontro, diálogo e intercambio de experiencias.
🤝 Un día de confraternidade fantástico, deses que deixan pegada, e que tivo o seu broche final cunha deliciosa cata de viños da man de Choiva Viños e de filloas en Balarés Hotel
Unha celebración da nosa identidade, do traballo en común e do orgullo de ser aldea! 💚
03/20/2026
Hoxe tivemos o pracer de recibir a visita de Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, quen se achegou ás Aulas Científicas Isidro Parga Pondal para coñecer de primeira man o seu funcionamento e o labor que desenvolve o seu monitorado.
➡️Durante a visita, puido comprobar a importancia destas aulas como espazo de aprendizaxe, experimentación e divulgación científica, así como o compromiso e profesionalidade do equipo encargado de dinamizalas. Un encontro moi enriquecedor que reforza o valor da educación científica e o seu papel fundamental na formación do alumnado.
03/02/2026
Este domingo, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller cun acto moi especial: a entrega de premios Literatas 2026.
Co termo “Literatas” tamén lembramos a Rosalía de Castro, quen no século XIX reflexionou sobre a situación das mulleres escritoras no seu texto “Las literatas. Carta a Eduarda”.
Naquela época, chamar a unha muller “literata” podía ter un ton despectivo, cuestionando o seu talento e o seu lugar na cultura. Rosalía denunciou eses prexuízos e reivindicou o dereito das mulleres a escribir, pensar e crear en liberdade.
Hoxe, na Casa da Muller, recuperamos esa palabra con orgullo como símbolo de talento, loita e recoñecemento.
🕔 Ás 17 horas
📍 Na Fundación Eduardo Pondal
🗣️Presenta Natalia Lema
📖 Dramatización da Escola de Teatro da Casa da Muller dirixido pola profesora Tamara Lema
🎭 "Isabel Zendal, pioneira" co alumnado do CEIP Labarta Pose dirixido pola profesora Sinda Cundíns.
🏆 Entrega de galardóns Literatas 2026
🎶 Música en directo con Irma Macías e Luís Pinto.
Unha tarde para celebrar a cultura, a igualdade e a memoria das mulleres que abriron camiño 💜
02/13/2026
Grazas pola acollida!
Cada día somos máis 🏠💜
Calceta, pirogravado, costura, pintura, fotografía, novas tecnoloxías, club de lectura, cestería, mindfulness, ximnasia de mantemento, memoria, teatro, cociña... e este sábado comezamos co curso de poda e enxertos🌱
Agardámoste!
02/12/2026
Tarde de moita arte hoxe na Casa da Muller!
Arte de cores e arte na cociña!
Mañá máis nesta CASA CHEA! 🏠🍀💜