BNG da Baña

Cómo llegar Página web

BNG da Baña Páxina da Asemblea local do Bloque Nacionalista Galego da Baña.

Manifestamos todo o noso cariño e apoio para as familias das vítimas así como para as persoas feridas.
28/10/2026

Manifestamos todo o noso cariño e apoio para as familias das vítimas así como para as persoas feridas.

💙

Organizado pola Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía e pola Asociación de Mulleres Alborada, ont...
25/10/2026

Organizado pola Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía e pola Asociación de Mulleres Alborada, onte tivo lugar o magosto popular.

Antes, houbo humor, contos e tradicións coa Xanela do maxín, para pequen@s e maiores.

Despois das castañas, as Pandereteiras da Baña puxeron o remate a coas cancións tradicionais.

Grazas ás persoas voluntarias que axudaron na organización, e parabéns a todas aquelas que se achegaron a desfrutar desta fermosa tarde.

Dende o BNG da Baña queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de MARIANO PAZOS CURRAIS.Gandeiro de profesión, moi ...
20/10/2026

Dende o BNG da Baña queremos manifestar o noso pesar polo pasamento de MARIANO PAZOS CURRAIS.

Gandeiro de profesión, moi coñecido na nosa comarca. Mariano sempre tivo unha grande implicación e iniciativa en todas as loitas agrarias, o que o levou a ter tamén unha firme implicación na loita sindical (SLG) para a defensa dos intereses dese sector.

Coherente coas súas ideas, o seu compromiso levouno a implicarse na acción política do noso concello.

Mariano formou parte desta asemblea local do BNG durante varias lexislaturas, e chegou a ser concelleiro polo BNG entre 1999 e 2007.

Sempre aberto a falar con calquera veciño, con todos os colectivos e asociacións, tratou de inculcar na veciñanza a necesidade dunha maior implicación de todo o pobo polo ben común do concello. Así mesmo, nunca deixou de denunciar o caciquismo e clientelismo.

Sen dúbida, foi un referente pola súa valentía, pola forza que mostraba á hora de abordar os problemas da nosa comarca e pola inquebrantábel loita por un concello mellor e por unha sociedade más xusta.

Dende o BNG da Baña trasladamos as nosas condolencias a toda a súa familia.

Que a terra lle sexa leve!

Uns divertidos contos e historias directamente inspirados na TV dos anos 80...Sergio Alba non só contou e cantou, tamén ...
10/10/2026

Uns divertidos contos e historias directamente inspirados na TV dos anos 80...
Sergio Alba non só contou e cantou, tamén conseguiu que o público participase no relato...😉👏

Finou Xosé Manuel Beiras Torrado.Foi unha figura fundamental do nacionalismo galego, cun amor  inquebrantábel pola Patri...
08/10/2026

Finou Xosé Manuel Beiras Torrado.

Foi unha figura fundamental do nacionalismo galego, cun amor inquebrantábel pola Patria e unha loita permanente por unha Galiza soberana.

Que a Terra lle sexa leve!

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

Denunciamos o xenocidio contra Palestina, perpetrado por Israel co apoio de Europa e os EE.UU. Paz e liberdade!!
04/10/2026

Denunciamos o xenocidio contra Palestina, perpetrado por Israel co apoio de Europa e os EE.UU.

Paz e liberdade!!

Moi interesante documental e coloquio a cargo de César Caramés, que dou a coñecer un episodio case esquecido da historia...
03/10/2026

Moi interesante documental e coloquio a cargo de César Caramés, que dou a coñecer un episodio case esquecido da historia de Galiza.
A revolución galega de 1846 que fixo posíbel un goberno propio.
Grazas á Afonso Eanes e a Fundacion Galiza Sempre por traernos esta obra imprescindíbel para coñecer mellor a nosa historia.

Un episodio pouco coñecido da historia de Galiza. Non o perdades!
01/10/2026

Un episodio pouco coñecido da historia de Galiza.
Non o perdades!

Próximo venres 2 de outubro presentamos o documental 1846. Revolución Galega! Na Casa da Cultura da Baña! Vinde!

Esta mañá participamos no acto que tivo lugar no encoro do Tambre en contra do “espolio enerxético” no país, baixo o lem...
27/09/2026

Esta mañá participamos no acto que tivo lugar no encoro do Tambre en contra do “espolio enerxético” no país, baixo o lema:
“Galiza produce, Madrid consume, Tarifa galega”

Para reivindicar a soberanía sobre os nosos recursos naturais e unhas políticas centradas na xestión pública dos mesmos.

Lupe Blanco sábeo, sabe ben quen inventou o rap 😉E así no lo contou con moito humor e regueifa 👏👏👏
25/09/2026

Lupe Blanco sábeo, sabe ben quen inventou o rap 😉
E así no lo contou con moito humor e regueifa 👏👏👏

Dirección

A Baña
A Baña
15863

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG da Baña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos