28/10/2026
🎶 𝐓𝐫𝐞𝐬 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐧̃𝐞𝐧 𝐚 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐯𝐢𝐯𝐚 𝐜𝐚 𝐧𝐮𝐧𝐜𝐚
Os tres 👥 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚 -CantoEnCanto, Pandereteiras da Baña e Os Pequenos da Baña- levaron ao longo deste ano a nosa música e tradición a numerosos recunchos e celebracións.
As formacións participaron en 🥁 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 programadas polo Concello da Baña en colaboración coa Escola de Música, achegándose ás parroquias de📍𝐒𝐮𝐞𝐯𝐨𝐬, 𝐎 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐨, 𝐅𝐢𝐨𝐩𝐚́𝐧𝐬, 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐧𝐚𝐬 𝐞 𝐋𝐚𝐧̃𝐚𝐬, ademais de estar presentes en diferentes citas da vida cultural e social do municipio.
O Xantar Interxeracional, o Magosto, o Mercadiño de Nadal, o Día das Letras Galegas ou o Día da Muller no CPI da Baña foron 🩵 𝐚𝐥𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚𝐬 𝐝𝐚𝐬 𝐨𝐜𝐚𝐬𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐮𝐢𝐝𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐠𝐨𝐳𝐚𝐫 𝐝𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚.
A súa actividade tamén chegou fóra do municipio, con actuacións nas residencias de Ceilán e do Castiñeiriño, compartindo música, tradición e momentos de convivencia coas persoas residentes.
Desde o Concello queremos 𝐟𝐞𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐞 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 a colaboración de todas as persoas que forman CantoEnCanto, Pandereteiras da Baña e Os Pequenos da Baña, polo seu compromiso e por contribuír a manter viva e transmitir a nosa música tradicional.
👏 𝐆𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐨𝐧̃𝐞𝐫𝐥𝐥𝐞 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐚́ 𝐁𝐚𝐧̃𝐚 e por levar a nosa cultura alí onde actuades!