15/01/2026
Nace a Comisión O Castro para impulsar o funcionamento do Museo Carlos Maside segundo o definido polos seus fundadores, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.
O manifesto xa foi asinado por máis dun centenar de entidades e particulares en menos dun día 💪
Asina en https://memoriadacoruna.gal/manifesto-ocastro/
Nace a Comisión O Castro para a posta en valor do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Coa declaración do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside como Ben de Interese Cultural en xullo do 2025, conformouse
03/01/2026
A intervención militar de Trump en Venezuela e o secuestro de Nicolás Maduro supoñen unha vulneración intolerable da legalidade internacional. Condenamos o ataque, expresamos a nosa solidariedade co pobo venezolano e chamamos á mobilización cidadá
02/10/2025
Reclamamos a expulsión da delegación diplomática de Israel, polo menos ata que devolvan sans e salvas ás integrantes da flotilla secuestradas. E que continuemos desvinculándonos económica e militarmente dun Estado que comete xenocidio e de calquera empresa que participe da economía da ocupación.
18/09/2025
Parabéns á nosa compañeira Co**ha Sánchez, recoñecida co Premio ás Boas Prácticas Cidadás pola súa longa traxectoria no activismo en ONGs e asociacións veciñais ❤️
Hoxe xoves 18 estaremos no salón de actos da ONCE ás 18:45 h para acompañala a ela e ás outras persoas premiadas polo seu activismo dende A Coruña
As Boas Prácticas 2025 ao escenario :-) < Proxecto Máscaras | Cine
Proxecto Máscaras | Cine < Actos e Xornadas
28/08/2025
Mentras non cese o xenocidio en Gaza, a cidadanía seguiremos saíndo á rúa en toda ocasión a berrar basta xa!
21/08/2025
A Coruña berra contra as políticas forestais do PP de Rueda que queiman os nosos montes.
20/08/2025
As políticas contra o lume sempre foron insuficientes, máis baseadas no malo será que na prevención efectiva. Esta situación é especialmente inaceptable ante a .
Mañá ás 20h, Galiza berra
10/08/2025
Lamentablemente toca despedirnos de Manuel Lourenzo, figura destacada da literatura e o teatro galego, cun labor formativo importantísimo na nosa cidade da man da escola de teatro Casa Hamlet. O teu legado seguirá vivo no presente e futuro do teatro coruñés.
03/08/2025
A loita de Loli, Pilar e o resto das veciñas e os veciños de Elviña non só era xusta, senón un chamado urxente a construír outro xeito de facer cidade. Grazas, de corazón, por este recoñecemento
A marxe dereita de Elviña, máis de dez anos de loita: «Volveriámolo facer»
Pilar Santiago, Loli Rey Paz e as súas familias son as únicas que poderán recuperar as súas casas da marxe dereita de Elviña. Levan máis de dez anos de loita para que isto sexa así. Non consideran un triunfo a aprobación inicial da modificación do plan xeral. É un paso adiante dos moitos q...
11/07/2025
Se o goberno local se puxese a traballar cando a Marea Atlántica alertou do problema e sinalou o camiño en 2020, hoxe a realidade sería outra. Este é o resultado da inacción política.
El alza sin freno del alquiler: el 40% de la oferta en A Coruña supera los 1.000 euros
Las ciudades tienen disponibles 2.200 pisos, un 27% menos que hace tres meses
09/07/2025
Deixounos Suso Díaz, un referente na defensa da clase obreira. 50 anos de militancia, activismo e compromiso dende CCOO.
Unha aperta fraternal nestes difíciles momentos á súa familia e achegados
📸 Sandra García Rey