09/11/2026
𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗧𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗗𝗔 𝗟𝗘𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗟: 𝗢 𝗤𝗨𝗘 𝗢 𝗣𝗣 𝗡𝗢𝗡 𝗘𝗫𝗣𝗟𝗜𝗖𝗢𝗨 𝗡𝗢 𝗣𝗟𝗘𝗡𝗢
No pleno municipal, a portavoz do Partido Popular afirmou que a letrada do Concello de Arteixo tiña recoñecida a compatibilidade profesional desde o ano 2006.
𝗣𝗘𝗥𝗢 𝗢 𝗤𝗨𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗘𝗫𝗣𝗟𝗜𝗖𝗢𝗨 𝗘́ 𝗖𝗢𝗠𝗢 𝗦𝗘 𝗖𝗛𝗘𝗚𝗢𝗨 𝗔 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗥 𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗧𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘.
A letrada presentou a súa solicitude o 16 de xaneiro de 2006, cando gobernaba o Concello o alcalde do Partido Popular Manuel Pose Miñones.
Segundo o informe municipal de Persoal do 11 de novembro de 2014, non constaba ningún acordo expreso do Pleno concedendo aquela compatibilidade, a pesar de ser o órgano competente para resolvela.
𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗧𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗙𝗢𝗜 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗜𝗗𝗘𝗥𝗔𝗗𝗔 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗜𝗗𝗔 𝗣𝗢𝗥 𝗦𝗜𝗟𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢 𝗔𝗗𝗠𝗜𝗡𝗜𝗦𝗧𝗥𝗔𝗧𝗜𝗩𝗢 𝗣𝗢𝗦𝗜𝗧𝗜𝗩𝗢, como consecuencia de que a Administración non resolveu expresamente a solicitude dentro do prazo legal aplicable.
𝗣𝗼𝗿 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗲 𝗿𝗲𝘀𝗼𝗹𝘃𝗲𝘂? 𝗤𝘂𝗲 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘇𝗼𝘂 𝗼 𝗚𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹? 𝗘𝘅𝗶𝘀𝘁𝗶𝘂 𝗮𝗹𝗴𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘀𝘂𝘀𝗽𝗲𝗻𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼? 𝗘 𝗽𝗼𝗿 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗲 𝗮𝗰𝗹𝗮𝗿𝗼𝘂 𝗲𝘅𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝘀𝗶𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝘁𝗮 𝗼𝗶𝘁𝗼 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗼𝗶𝘀?
Pero hai algo aínda máis importante.
𝗧𝗘𝗥 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗧𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗜𝗚𝗡𝗜𝗙𝗜𝗖𝗔 𝗧𝗘𝗥 𝗖𝗔𝗥𝗧𝗔 𝗕𝗥𝗔𝗡𝗖𝗔 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗘𝗫𝗘𝗥𝗖𝗘𝗥 𝗔 𝗔𝗩𝗢𝗚𝗔𝗖𝗜́𝗔 𝗣𝗥𝗜𝗩𝗔𝗗𝗔.
Existen resolucións xudiciais públicas nas que consta a intervención profesional da letrada municipal en representación de empresas privadas que tamén mantiveron relacións e controversias urbanísticas co Concello de Arteixo.
A cuestión que debe aclararse é se esas intervencións respectaron as prohibicións e limitacións establecidas na lexislación de incompatibilidades e se existiron posibles conflitos de intereses.
𝗤𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗯𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘇𝗼𝘂 𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼? 𝗘𝘅𝗮𝗺𝗶𝗻𝗼𝘂 𝗮𝗹𝗴𝘂𝗻𝗵𝗮 𝘃𝗲𝘇 𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗰𝗶𝗿𝗰𝘂𝗻𝘀𝘁𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀? 𝗣𝗼𝗱𝗲 𝗮𝗰𝗿𝗲𝗱𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗲 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝘁𝗮𝗿𝗼𝗻 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗹𝗶𝗺𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗹𝗲𝗴𝗮𝗶𝘀?
Afirmar que unha funcionaria ten compatibilidade desde 2006 non responde a ningunha destas preguntas.
𝗔 𝗖𝗜𝗗𝗔𝗗𝗔𝗡𝗜́𝗔 𝗠𝗘𝗥𝗘𝗖𝗘 𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗥 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗢́ 𝗤𝗨𝗘 𝗦𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗨 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗔𝗧𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘, 𝗦𝗘𝗡𝗢́𝗡 𝗧𝗔𝗠𝗘́𝗡 𝗖𝗢𝗠𝗢 𝗦𝗘 𝗣𝗥𝗢𝗗𝗨𝗖𝗜𝗨 𝗘𝗦𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗡̃𝗘𝗖𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗘 𝗦𝗘 𝗢 𝗘𝗫𝗘𝗥𝗖𝗜𝗖𝗜𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗙𝗘𝗦𝗜𝗢𝗡𝗔𝗟 𝗣𝗢𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢𝗥 𝗦𝗘 𝗔𝗫𝗨𝗦𝗧𝗢𝗨 𝗔́ 𝗟𝗘𝗚𝗔𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘.
Desde Alternativa Enxebre reclamamos explicacións documentadas, acceso ao expediente e transparencia sobre as actuacións municipais.
𝗟𝗘𝗚𝗔𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘, 𝗛𝗢𝗡𝗥𝗔𝗗𝗘𝗭 𝗘 𝗧𝗥𝗔𝗡𝗦𝗣𝗔𝗥𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔.