BNG Baleira

Cómo llegar

BNG Baleira Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BNG Baleira, Partido político, O Saviñao.

28/10/2026
🍯🐝 Baleira celebra a IX Feira do Mel da Montaña!Os días 24 e 25 de outubro, temos unha nova oportunidade para g***r do n...
18/10/2026

🍯🐝 Baleira celebra a IX Feira do Mel da Montaña!

Os días 24 e 25 de outubro, temos unha nova oportunidade para g***r do noso territorio, dos seus produtos e do traballo das nosas apicultoras e apicultores.

Unha fin de semana para descubrir, degustar e valorar o mel da montaña lucense, compartir tradicións e celebrar todo o que nos une.

📍 Baleira, 24 e 25 de outubro.

O rural tamén se constrúe coas nosas tradicións, co traballo da nosa xente e co orgullo de pertencer a esta terra. 🍯🌿

🌍 𝐓𝐢𝐧𝐨 𝐃í𝐚𝐳 𝐞𝐧 𝐁𝐫𝐮𝐱𝐞𝐥𝐚𝐬, 𝐝𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐯𝐨𝐳 𝐚𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨.Participou en reunións na Comisión Europea sobre a Política Agraria C...
16/10/2026

🌍 𝐓𝐢𝐧𝐨 𝐃í𝐚𝐳 𝐞𝐧 𝐁𝐫𝐮𝐱𝐞𝐥𝐚𝐬, 𝐝𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐯𝐨𝐳 𝐚𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨.

Participou en reunións na Comisión Europea sobre a Política Agraria Común (PAC) e nunhas xornadas de traballo no Parlamento Europeo para defender o futuro do agro, a remuda xeracional e uns servizos públicos que
permitan vivir e traballar no rural.

✅ Interesouse especialmente polas posibilidades que ofrecen os 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐫𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐩𝐞𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐡𝐞𝐬𝐢ó𝐧 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐚𝐥 e polas oportunidades de financiamento de 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 que poderían contribuír ao desenvolvemento do noso concello.

🚜 𝐎 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐭𝐚𝐦é𝐧 𝐬𝐞 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐞𝐧 𝐄𝐮𝐫𝐨𝐩𝐚.

Tino Díaz é un dos integrantes dnha delegación de concelleiras e concelleiros do BNG de Lugo que viaxou a Bruxelas para ...
15/10/2026

Tino Díaz é un dos integrantes dnha delegación de concelleiras e concelleiros do BNG de Lugo que viaxou a Bruxelas para trasladar ás institucións europeas as principais necesidades dos municipios rurais da provincia.

A alcaldesa de Samos, Chus López, encabezou unha delegación municipal que trasladou á eurodeputada Ana Miranda as necesidades do rural lucense en materia de vivenda, transporte, servizos públicos e financiamento europeo

🌱 Tino Díaz forma parte dunha delegación galega que leva a Bruxelas a voz do agro e das vilas rurais.Unha oportunidade p...
14/10/2026

🌱 Tino Díaz forma parte dunha delegación galega que leva a Bruxelas a voz do agro e das vilas rurais.

Unha oportunidade para trasladar a realidade do rural galego e os retos que afrontan os territorios afectados polo despoboamento, a falta de remuda xeracional e o deterioro dos servizos públicos.

A eurodeputada Ana Miranda coorganiza este xoves no Parlamento Europeo unhas conferencias en defensa do Dereito a Vivir e Permanecer no Medio Rural, “unha ci...

09/10/2026

Hai decisións que, cando non se toman a tempo, poden ter consecuencias moi negativas para o futuro de Baleira.

A finca, na que se celebraban as Festas de San Cristovo e a Mostra De Gando, 𝗹𝗲𝘃𝗮𝗯𝗮 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗼𝗳𝗲𝗿𝘁á𝗻𝗱𝗼𝘀𝗲 𝗻𝗼 𝗺𝗲𝗿𝗰𝗮𝗱𝗼 𝗶𝗻𝗺𝗼𝗯𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿𝗶𝗼, a un prezo perfectamente asumible.

Quen a comercializaba era 𝗦𝗼𝗹𝘃𝗶𝗮 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝗰𝗶𝗼𝘀 𝗜𝗻𝗺𝗼𝗯𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀, 𝗦.𝗔.𝗨., con domicilio social en Madrid, a compañía inmobiliaria do 𝗚𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗜𝗻𝘁𝗿𝘂𝗺, multinacional sueca especializada na xestión de crédito e activos.

O noso portavoz, Tino Díaz, solicitou en numerosas ocasións ao señor alcalde, Ángel Puga, que o Concello adquirise estes terreos, dada a súa enorme utilidade pública.

Pero, a finca xa foi adquirida por un particular.

Preguntámoslle ao señor alcalde que medidas pensa adoptar para garantir o futuro destes dous eventos e que alternativas contempla. Unha vez máis, a indecisión e as ambigüidades foron a resposta.

Cómpre buscar solucións!

Ese é o noso compromiso se as veciñas e os veciños de Baleira 𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗳í𝗮𝗻 𝗮 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗼𝗻𝘀𝗮𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗴𝗼𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗿 𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼.

03/10/2026

📍 A Braña, Fonteo e Retizós.

🌿 Continuamos recorrendo as parroquias de Baleira para coñecer de cerca as súas necesidades, escoitar aos veciños e identificar os problemas que precisan solución.

🤝 Un traballo que tamén require trasladar propostas ás institucións e impulsar proxectos de consenso para o noso concello.

💚 Seguimos traballando por Baleira.

15/09/2026

Percorrendo 3 rutas en 📍Baleira da man de Iván Pereira🌳🌳🌳

Dirección

Córneas

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Baleira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos