12/11/2026
💜 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒄𝒐𝒏𝒎𝒆𝒎𝒐𝒓𝒂 𝒐 𝟐𝟓𝑵 𝒄𝒐𝒏 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒏𝒔𝒊𝒃𝒊𝒍𝒊𝒛𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝒑𝒓𝒆𝒗𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒂 𝒗𝒊𝒐𝒍𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒙𝒆́𝒏𝒆𝒓𝒐
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza unha programación de actividades para promover a igualdade, a sensibilización e a prevención da violencia de xénero.
📅 Mércores, 25 de novembro
📍 Multiusos Ponte de Cuñas
🥋 11:00 h | Taller de defensa persoal para mulleres, impartido por Eladio Esteban Santalla, instrutor de defensa persoal e cinto negro sexto dan de karate.
🎬 17:30 h | Proxección da curtametraxe «Juntas».
🎨 18:00 h | Obradoiro creativo «A árbore dos bos tratos», un espazo participativo para reflexionar sobre a importancia do respecto, a igualdade e as relacións libres de violencia.
🖼️ Ademais, do 12 ao 24 de novembro, poderá visitarse nos baixos do Concello a exposición «Á violencia de xénero dille non», aberta a todas as persoas interesadas.
🤝 Desde o Concello de Lourenzá agradecemos a colaboración de Eladio Esteban Santalla e da Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá na realización destas actividades.
Porque a prevención, a educación e a sensibilización son fundamentais para construír unha sociedade libre de violencia contra as mulleres.