Concello de Guntín

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Guntín Conta oficial do Concello de Guntín

🖤 𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐮𝐧𝐭𝐢́𝐧 𝐮́𝐧𝐞𝐬𝐞 𝐚́𝐬 𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐬𝐚𝐫 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐫𝐚́𝐱𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐓𝐨𝐥𝐞𝐝𝐨Desde o Concello de Guntín queremos...
28/10/2026

🖤 𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐮𝐧𝐭𝐢́𝐧 𝐮́𝐧𝐞𝐬𝐞 𝐚́𝐬 𝐦𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐬𝐚𝐫 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐭𝐫𝐚́𝐱𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐓𝐨𝐥𝐞𝐝𝐨

Desde o Concello de Guntín queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como o noso apoio e solidariedade a todas as persoas afectadas.

Desexamos tamén unha pronta recuperación ás persoas feridas.

O noso agarimo e respecto nestes momentos de profunda dor.

🏃 𝐌𝐨́𝐯𝐞𝐭𝐞 𝐞 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚 𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐬𝐚𝐮́𝐝𝐞!Manterse activa/o é unha boa forma de coidar o noso benestar, favorecer a mobilidade e i...
07/10/2026

🏃 𝐌𝐨́𝐯𝐞𝐭𝐞 𝐞 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚 𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐬𝐚𝐮́𝐝𝐞!

Manterse activa/o é unha boa forma de coidar o noso benestar, favorecer a mobilidade e incorporar o exercicio físico á rutina diaria. 💪
O vindeiro 13 de outubro comezan as clases de ximnasia para todas as idades en diferentes puntos do Concello de Guntín.

📅 Consulta na imaxe os días, lugares e horarios.
🤸 Anímate a moverte e a desfrutar dos beneficios da actividade física.

🏃‍♀️ 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐆𝐔𝐍𝐓𝐈́𝐍 𝟐𝟎𝟐𝟔 🏃‍♂️Este domingo, 4 de outubro, Guntín prepárase para unha nova xornada de deport...
28/09/2026

🏃‍♀️ 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐆𝐔𝐍𝐓𝐈́𝐍 𝟐𝟎𝟐𝟔 🏃‍♂️

Este domingo, 4 de outubro, Guntín prepárase para unha nova xornada de deporte coa celebración da Carreira Concello de Guntín, que contará con andaina e diferentes categorías para todas as idades.

📅 Domingo, 4 de outubro
⏰ Horarios:
🚶 10:00h | Andaina
🏃 11:30h | Carreira 1: 2019 e posteriores
🏃 11:45h | Carreira 2: de 2018 a 2015
🏃 12:00h | Carreira 3: de 2014 a 2011
🏃 12:30h | Carreira absoluta: 2010 e anteriores

📝 Inscricións: https://carreiraguntin.ccnorte.com/

👏 Animamos a toda a veciñanza a participar e a desfrutar dunha mañá de deporte en Guntín!

📢 COMUNICADO – ITV AGRÍCOLAO Concello informa de que, por motivos organizativos, se produce un cambio nas datas prevista...
15/09/2026

📢 COMUNICADO – ITV AGRÍCOLA

O Concello informa de que, por motivos organizativos, se produce un cambio nas datas previstas para a ITV Agrícola.

📍 GUNTÍN – 16, 17, 18 e 21 de setembro
🕘 9:00–13:30 h · 15:15–18:00 h
(18 e 21: só pola mañá)

📍 LOUSADA – 22, 23, 24, 25 e 28 de setembro; 1, 2 e 5 de outubro
🕘 9:00–13:30 h · 15:15–18:00 h
(23, 25 e 2: só pola mañá)

📍 SAN ROMÁN DA RETORTA – 6, 7, 8 e 9 de outubro
🕘 9:00–13:30 h · 15:15–18:00 h
(9: só pola mañá)

📌 PODESE SOLICITAR CITA PREVIA
As persoas interesadas xa poden solicitar a súa cita previa para a ITV Agrícola a través da seguinte ligazón:

● No hay citas disponibles para este día | ● Haz clic para solicitar cita | ● Podrás solicitar cita 30 días antes de la fecha indicada haciendo clic en la misma

O Pemento de Mougán: tradición, innovación e novas oportunidades 🌱 Este sábado, 12 de setembro, a Carballeira de Meixabo...
09/09/2026

O Pemento de Mougán: tradición, innovación e novas oportunidades 🌱

Este sábado, 12 de setembro, a Carballeira de Meixaboi acollerá unha xornada organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Friol arredor dun produto moi ligado á nosa terra: o Pemento de Mougán. 🌶️

📅 12 de setembro
🕙 De 10:00 a 13:00h
📍 Carballeira de Meixaboi (Guntín)

Ao longo da mañá haberá presentacións, unha mesa de diálogo, unha dinámica participativa e un showcooking “Da horta ao prato: o Pemento de Mougán na cociña”, que rematará cunha degustación e un espazo de networking.

📝 É necesario inscribirse previamente a través do medio indicado no cartel.

Un encontro para compartir experiencias e descubrir novas oportunidades arredor da produción, transformación, comercialización e uso gastronómico do Pemento de Mougán.

🎾 𝐑𝐞𝐦𝐚𝐭𝐨𝐮 𝐨 𝐓𝐨𝐫𝐧𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚́𝐝𝐞𝐥 𝐆𝐮𝐧𝐭𝐢́𝐧!Despois de varios días de competición e deporte na Pista Municipal de Guntín, poñem...
07/09/2026

🎾 𝐑𝐞𝐦𝐚𝐭𝐨𝐮 𝐨 𝐓𝐨𝐫𝐧𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚́𝐝𝐞𝐥 𝐆𝐮𝐧𝐭𝐢́𝐧!

Despois de varios días de competición e deporte na Pista Municipal de Guntín, poñemos o punto final a esta edición do torneo. 🏆
👏 Parabéns aos gañadores e grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible estas xornadas de pádel.

📸 Compartimos algunhas imaxes do torneo!

🎶 ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE GUNTÍN! 🎶Xa está aberto o prazo de matrícula para o curso...
05/09/2026

🎶 ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE GUNTÍN! 🎶
Xa está aberto o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 da Banda e Escola Municipal de Música de Guntín
🎵 A partir dos 7 anos
🎶 Non se precisan coñecementos previos
📅 O curso comeza o 28 de setembro
Podes formar parte da Escola de Música, Grupo de Adultos, Banda de Música, Coral, Coro Xuvenil ou Batucada.
💙 Non perdas a oportunidade de descubrir, aprender e g***r da música!
📞 Infórmate nos teléfonos:
982 32 00 01 · 630 51 55 91
BandaDeMúsica Coral CoroXuvenil Batucada

🎶 ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE GUNTÍN! 🎶Xa está aberto o prazo de matrícula para o curso...
05/09/2026

🎶 ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE GUNTÍN! 🎶
Xa está aberto o prazo de matrícula para o curso 2026-2027 da Banda e Escola Municipal de Música de Guntín
🎵 A partir dos 7 anos
🎶 Non se precisan coñecementos previos
📅 O curso comeza o 28 de setembro
Podes formar parte da Escola de Música, Grupo de Adultos, Banda de Música, Coral, Coro Xuvenil ou Batucada.
💙 Non perdas a oportunidade de descubrir, aprender e g***r da música!
📞 Infórmate nos teléfonos:
982 32 00 01 · 630 51 55 91

🚜 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐚𝐨 𝐧𝐮́𝐜𝐥𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐨𝐦𝐞𝐥𝐥𝐞📍 O Concello de Guntín continúa coa mellora da rede viaria municipal coa actuac...
03/09/2026

🚜 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐚𝐨 𝐧𝐮́𝐜𝐥𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐨𝐦𝐞𝐥𝐥𝐞

📍 O Concello de Guntín continúa coa mellora da rede viaria municipal coa actuación realizada no acceso ao núcleo de Gomelle.

🛣️ Os traballos incluíron a aplicación de rego asfáltico, así como a limpeza das cunetas, contribuíndo a mellorar o estado da vía e a facilitar uns desprazamentos máis cómodos e seguros para a veciñanza.

💚 Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas e os accesos ás diferentes localidades do municipio.

🎾 𝐓𝐎𝐑𝐍𝐄𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐀́𝐃𝐄𝐋 𝐆𝐔𝐍𝐓𝐈́𝐍 🎾Achégase unha nova cita deportiva ao noso concello! 💪A Pista Municipal de Guntín acollerá do...
25/08/2026

🎾 𝐓𝐎𝐑𝐍𝐄𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐀́𝐃𝐄𝐋 𝐆𝐔𝐍𝐓𝐈́𝐍 🎾

Achégase unha nova cita deportiva ao noso concello! 💪

A Pista Municipal de Guntín acollerá do 31 de agosto ao 5 de setembro o Torneo de Pádel Guntín, unha oportunidade perfecta para desfrutar do deporte, competir e pasar uns bos momentos. 🏆

📅 Do luns 31 de agosto ao venres 4 de setembro
🕢 Horario: de 19:30 a 23:30 h
🏆 Final: sábado 5 de setembro
👥 Categoría única
📝 Data límite de inscrición: 29 de agosto

🎁 Haberá premios para os finalistas e agasallos para todos os participantes.

📲 Inscríbete a través do código QR do cartel ou na seguinte ligazón:
https://squadhub.es/eventos/padel-guntin/?utm_source=chatgpt.com

🎾 Anímate a participar e desfruta do mellor pádel en Guntín!

Dirección

Avenida De Santiago, 12
Guntín
27211

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Guntín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Guntín:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos