31/10/2026
🕯️🤍 1 de novembro · Día de Tódolos Santos
Hai persoas que marchan, pero nunca desaparecen de verdade. Permanecen nas lembranzas, nos pequenos xestos, nos momentos compartidos e no amor que nos deixaron.
Hoxe é un día para lembrar con agarimo a quen xa non está ao noso lado, para encender unha luz na súa memoria e sentir que, dalgún xeito, seguen connosco.
🌼 Porque o amor non desaparece e a lembranza mantén vivo o que nunca esqueceremos.
Desde EDADES COMPOSTELA enviamos unha aperta chea de agarimo a todas as persoas que hoxe lembran ós seus seres queridos.
Sempre nos nosos corazóns. 🤍🕊️