Biblioteca Pública da Estrada

Cómo llegar Contactar con la organización

Biblioteca Pública da Estrada A Biblioteca Mario Blanco, situada na Casa das Letras, é a biblioteca pública municipal do Concello da Estrada.

📚 Incorporacións da semana, con narrativa, poesía e teatro
27/10/2026

📚 Incorporacións da semana, con narrativa, poesía e teatro

Hoxe tocou 'filipar' cos contos de Cía. Bandullo Azul 🤗🤗Música, contos e diversión na biblio na última actividade deste ...
23/10/2026

Hoxe tocou 'filipar' cos contos de Cía. Bandullo Azul 🤗🤗

Música, contos e diversión na biblio na última actividade deste ano do programa Ler conta moito 😄

Así celebramos con un día de adianto o Día das Bibliotecas 🎉📚

📚 Cousas novas por aquí Incorporamos Paio e o Gatipedro, álbum ilustrado ganador do premio Alberte Quiñoi de 2026 🤗Ademá...
22/10/2026

📚 Cousas novas por aquí

Incorporamos Paio e o Gatipedro, álbum ilustrado ganador do premio Alberte Quiñoi de 2026 🤗

Ademáis, varios libros temáticos para a sala infantil: de antropoloxía, de historia, de fisioloxía, de sexualidade, de micoloxía e de helmintoloxía, que é a parte da zooloxía que estuda os vermes. Palabra ben fermosa.

E tamén algo de banda deseñada: o sexto e derradeiro volume de Heartstopper, co cal completamos a colección; tres números máis de Monstress, despois da boa acollida que tiveron os tres primeros, e un par deles máis.

🎃 Fixemos aquí unha selección de contos de Samaín, que en realidade é unha forma de falar, porque a meirande parte deste...
21/10/2026

🎃 Fixemos aquí unha selección de contos de Samaín, que en realidade é unha forma de falar, porque a meirande parte destes contos non van de Samaín, simplemente están protagonizados por personaxes propios do folclore popular (ou da literatura) de varias culturas. O que pasa é que ese título era moi longo.

Puxemos tamén unha mostra bibliográfica aquí, en físico, in real life, tanxible, pero moitos dos contos están prestados así que en vez de facerlle unha foto fixemos esta publicación.

Tamén puxemos varias novelas de medo, por petición popular (unha persoa) do ano pasado. Igual mañá ou pasado facemos unha publicación similar.

📚 Ooooutra tanda de novidades variaditas de ficción e de non ficción Deu a casualidade de que aquí van dúas sagas, a de ...
19/10/2026

📚 Ooooutra tanda de novidades variaditas de ficción e de non ficción

Deu a casualidade de que aquí van dúas sagas, a de Tergit e a de Sznajderman, que emberdá teñen moi boa pinta. Unha vez fixen un curso da deputación sobre o uso da linguaxe no ámbito administrativo, pregúntome que pensarán sobre o uso do termo "emberdá" nesta publicación 😄

📚 Máis álbumes ilustrados por aquí para seguir enchendo a sala infantil 🤗😁O de "¿Quién se ha comida a Esteban?" pareceum...
15/10/2026

📚 Máis álbumes ilustrados por aquí para seguir enchendo a sala infantil 🤗😁

O de "¿Quién se ha comida a Esteban?" pareceume particularmente divertido, a verdade. Tamén é certo que o que a min me pareza non ten que ver co que lle vaia parecer á cativada, pero eu deixo aí a miña recomendación 👍

Imos coa última actividade do Ler conta moito deste ano! 👵🏻 Filipa cos contos, con Cía. Bandullo Azul 📅 Venres 23 de out...
14/10/2026

Imos coa última actividade do Ler conta moito deste ano!

👵🏻 Filipa cos contos, con Cía. Bandullo Azul
📅 Venres 23 de outubro
🕑 17:30
🧒 Para nenos e nenas de 4 a 11 anos (aprox.)
🎫 Entradas de balde na biblioteca ata esgotar aforo

📚 Cousas novas para a rapazada por aquí 👆🏻👆🏻👆🏻
13/10/2026

📚 Cousas novas para a rapazada por aquí 👆🏻👆🏻👆🏻

E a galardoada co Nobel de Literatura 2026 foi a canadiense Anne Carson, e esta vez si, temos na biblioteca un libro seu...
08/10/2026

E a galardoada co Nobel de Literatura 2026 foi a canadiense Anne Carson, e esta vez si, temos na biblioteca un libro seu 😄

Autobiografía de Rojo é, en teoría, a súa obra máis coñecida. É, como di a propia cuberta, unha novela en verso. A edición que temos é bilingüe: na folla esquerda o orixinal en inglés, na folla dereira a súa traducción en castelán.

Como non a lin, pois non vos pido dicir moito máis. Déronlle o Nobel «pola súa obra audaz e enxeñosa que, nun diálogo lúdico coa tradición clásica, creou novas formas para a literatura contemporánea». Imaxino que estará xenial, así que dende aquí animámosvos a lelo. Veña, boa tarde!

📚 Algunha cousa nova por aquí 🙋🏻‍♂️Algún thriller, a última novela de Sara Barquinero ou unha novela do francés Jean-Mar...
06/10/2026

📚 Algunha cousa nova por aquí 🙋🏻‍♂️

Algún thriller, a última novela de Sara Barquinero ou unha novela do francés Jean-Marie Gustave Le Clézio, que é o único gañador do Nobel no século XXI do que aínda non tiñamos ningunha obra na nosa biblioteca.

Tamén a edición en galego de Noites brancas, noveliña chiquita de Dostoievski, que por algún motivo que descoñezo púxose moi de moda este ano. Que non teño nada que obxectar, eh, ler a Dostoievski sempre é unha boa elección.

Dirección

Avenida Benito Vigo, 58
La Estrada
36680

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Pública da Estrada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública da Estrada:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos