Concello de Lourenzá

Cómo llegar Página web

Concello de Lourenzá Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Concello de Lourenzá, Ayuntamiento, Plaza del Conde Santo, s/n, Cuadros.

💜 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒄𝒐𝒏𝒎𝒆𝒎𝒐𝒓𝒂 𝒐 𝟐𝟓𝑵 𝒄𝒐𝒏 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒏𝒔𝒊𝒃𝒊𝒍𝒊𝒛𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝒑𝒓𝒆𝒗𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒂 𝒗𝒊𝒐𝒍𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒙𝒆́𝒏𝒆𝒓𝒐Con motivo do 25 de...
12/11/2026

💜 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒄𝒐𝒏𝒎𝒆𝒎𝒐𝒓𝒂 𝒐 𝟐𝟓𝑵 𝒄𝒐𝒏 𝒂𝒄𝒕𝒊𝒗𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒏𝒔𝒊𝒃𝒊𝒍𝒊𝒛𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝒑𝒓𝒆𝒗𝒆𝒏𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒂 𝒗𝒊𝒐𝒍𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒅𝒆 𝒙𝒆́𝒏𝒆𝒓𝒐

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza unha programación de actividades para promover a igualdade, a sensibilización e a prevención da violencia de xénero.

📅 Mércores, 25 de novembro
📍 Multiusos Ponte de Cuñas

🥋 11:00 h | Taller de defensa persoal para mulleres, impartido por Eladio Esteban Santalla, instrutor de defensa persoal e cinto negro sexto dan de karate.

🎬 17:30 h | Proxección da curtametraxe «Juntas».

🎨 18:00 h | Obradoiro creativo «A árbore dos bos tratos», un espazo participativo para reflexionar sobre a importancia do respecto, a igualdade e as relacións libres de violencia.

🖼️ Ademais, do 12 ao 24 de novembro, poderá visitarse nos baixos do Concello a exposición «Á violencia de xénero dille non», aberta a todas as persoas interesadas.

🤝 Desde o Concello de Lourenzá agradecemos a colaboración de Eladio Esteban Santalla e da Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá na realización destas actividades.

Porque a prevención, a educación e a sensibilización son fundamentais para construír unha sociedade libre de violencia contra as mulleres.

🚌⛪ 𝑨 𝑨𝒔𝒐𝒄𝒊𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝑽𝒂𝒍𝒅𝒆𝒇𝒍𝒐𝒓𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒐𝒓𝒈𝒂𝒏𝒊𝒛𝒂 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒗𝒊𝒂𝒙𝒆 𝒄𝒖𝒍𝒕𝒖𝒓𝒂𝒍 𝒂 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒆𝒍𝒂!Baixo o título "Esas cou...
11/11/2026

🚌⛪ 𝑨 𝑨𝒔𝒐𝒄𝒊𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝑽𝒂𝒍𝒅𝒆𝒇𝒍𝒐𝒓𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒐𝒓𝒈𝒂𝒏𝒊𝒛𝒂 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒗𝒊𝒂𝒙𝒆 𝒄𝒖𝒍𝒕𝒖𝒓𝒂𝒍 𝒂 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒊𝒂𝒈𝒐 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒆𝒍𝒂!

Baixo o título "Esas cousas que non se ven nunha visita convencional", a Asociación Valdeflores propón unha xornada para descubrir algúns dos espazos máis especiais da Catedral de Santiago e coñecer de preto o seu patrimonio histórico e artístico. ✨

📅 Venres, 20 de novembro de 2026
🕣 Saída: ás 08:30 h desde o Cantón
💶 Prezo: 65 €
👥 Prazas: 40, con preferencia para as persoas socias por orde de reserva.
📞 Información e reservas: 658 09 71 33.

💚 Unha oportunidade para descubrir Santiago desde unha perspectiva diferente e desfrutar dunha xornada de cultura e convivencia!

🎭✨ 𝑼𝒏𝒉𝒂 𝒏𝒐𝒗𝒂 𝒇𝒊𝒏 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒎𝒂𝒏𝒂 𝒅𝒆 𝒕𝒆𝒂𝒕𝒓𝒐 𝒂𝒈𝒂́𝒓𝒅𝒂𝒏𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́!O VIII Certame de Teatro Concello de Lourenzá continúa esta...
09/11/2026

🎭✨ 𝑼𝒏𝒉𝒂 𝒏𝒐𝒗𝒂 𝒇𝒊𝒏 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒎𝒂𝒏𝒂 𝒅𝒆 𝒕𝒆𝒂𝒕𝒓𝒐 𝒂𝒈𝒂́𝒓𝒅𝒂𝒏𝒐𝒔 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́!

O VIII Certame de Teatro Concello de Lourenzá continúa esta fin de semana con dúas novas representacións no Multiusos Ponte de Cuñas, da man de compañías chegadas de Pontevedra e Ortigueira. 👏

📅 Sábado 14 de novembro | 20:00 h
🎭 «Pantasmas», da compañía Avelaíña Teatro (Pontevedra).

📅 Domingo 15 de novembro | 20:00 h
🎭 «Unha obra para un pobo», da compañía O Bicho da Barra (Ortigueira).

📍 Lugar: Multiusos Ponte de Cuñas, Lourenzá.
🎟️ Entrada: 4 € por representación.

🎬 Dúas novas propostas para seguir desfrutando do teatro afeccionado e do talento das compañías participantes.

👏 Animámosvos a achegarvos e a desfrutar da cultura e teatro en Lourenzá!

🎤 𝑯𝒐𝒙𝒆 𝒕𝒆𝒎𝒐𝒔 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒄𝒊𝒕𝒂 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒑𝒐𝒊𝒂𝒓 𝒂 𝑪𝒂𝒓𝒎𝒆𝒏 𝒅𝒆 𝑷𝒊𝒄𝒐𝒂𝒈𝒂!Lembrámosvos que hoxe, ás 16:00 h, terá lugar na Pra...
09/11/2026

🎤 𝑯𝒐𝒙𝒆 𝒕𝒆𝒎𝒐𝒔 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒄𝒊𝒕𝒂 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒑𝒐𝒊𝒂𝒓 𝒂 𝑪𝒂𝒓𝒎𝒆𝒏 𝒅𝒆 𝑷𝒊𝒄𝒐𝒂𝒈𝒂!

Lembrámosvos que hoxe, ás 16:00 h, terá lugar na Praza do Concello de Lourenzá a gravación dun vídeo de apoio á nosa veciña Carmen de Picoaga, participante no concurso Recantos de Luar. 🎶

🥰 Animamos a todos os laurentinos e laurentinas a achegarse e participar! Unha bonita oportunidade para facerlle chegar a Carmen todo o cariño e o apoio da súa terra.

📍 Praza do Concello
🕓 Hoxe ás 16:00 h

💚 Carmen, Lourenzá está contigo!

🏆🫘 𝑨 𝑭𝒂𝒃𝒂 𝒅𝒆 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒓𝒆𝒄𝒊𝒃𝒆 𝒐 𝑷𝒓𝒆𝒎𝒊𝒐 𝒅𝒆 𝑨𝒒𝒖𝒊́ 𝑫𝒊𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒂𝒐 𝑴𝒆𝒍𝒍𝒐𝒓 𝑷𝒓𝒐𝒅𝒖𝒕𝒐 𝑳𝒐𝒄𝒂𝒍 𝒅𝒂 𝑴𝒂𝒓𝒊𝒏̃𝒂 𝟐𝟎𝟐𝟔!A Faba de Lourenzá foi un...
07/11/2026

🏆🫘 𝑨 𝑭𝒂𝒃𝒂 𝒅𝒆 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒓𝒆𝒄𝒊𝒃𝒆 𝒐 𝑷𝒓𝒆𝒎𝒊𝒐 𝒅𝒆 𝑨𝒒𝒖𝒊́ 𝑫𝒊𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒂𝒐 𝑴𝒆𝒍𝒍𝒐𝒓 𝑷𝒓𝒐𝒅𝒖𝒕𝒐 𝑳𝒐𝒄𝒂𝒍 𝒅𝒂 𝑴𝒂𝒓𝒊𝒏̃𝒂 𝟐𝟎𝟐𝟔!

A Faba de Lourenzá foi unha das protagonistas da gala dos Premios de Aquí Diario, celebrada onte en Vegadeo, onde recibiu o recoñecemento ao Mellor Produto Local da Mariña 2026. Ao acto asistiron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o presidente da IXP Faba de Lourenzá, José Cuadrado, para recoller o galardón.

Este premio pon en valor a calidade, a tradición e a singularidade dun dos produtos máis representativos da nosa terra, así como o esforzo e a dedicación dos agricultores e agricultoras que manteñen vivo o seu cultivo xeración tras xeración.

👏 Desde o Concello de Lourenzá queremos trasladar os nosos parabéns a todas as persoas vinculadas á produción e promoción da Faba de Lourenzá, especialmente aos produtores e produtoras e á IXP Faba de Lourenzá, polo seu labor na conservación e posta en valor deste produto.

💚 Un recoñecemento ao sabor, á tradición e á identidade gastronómica de Lourenzá! O noso agradecemento a Aquí Diario por este galardón e por contribuír a dar visibilidade e poñer en valor os produtos e a riqueza gastronómica da nosa comarca.

♨️ 𝑨𝒃𝒆𝒓𝒕𝒂 𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒗𝒐𝒄𝒂𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂 𝒅𝒐 𝑷𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒅𝒆 𝑻𝒆𝒓𝒎𝒂𝒍𝒊𝒔𝒎𝒐 𝒅𝒐 𝑰𝑴𝑺𝑬𝑹𝑺𝑶 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝟐𝟎𝟐𝟕O IMSERSO ofrece un total de 199.000 prazas en 87...
06/11/2026

♨️ 𝑨𝒃𝒆𝒓𝒕𝒂 𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒗𝒐𝒄𝒂𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂 𝒅𝒐 𝑷𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒅𝒆 𝑻𝒆𝒓𝒎𝒂𝒍𝒊𝒔𝒎𝒐 𝒅𝒐 𝑰𝑴𝑺𝑬𝑹𝑺𝑶 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝟐𝟎𝟐𝟕

O IMSERSO ofrece un total de 199.000 prazas en 87 balnearios de toda España para a temporada 2027, con estancias de 10 días (9 noites) entre o 1 de febreiro e o 14 de decembro.

🏨 Que inclúe o programa?
Aloxamento en pensión completa, recoñecemento médico, tratamentos termais, actividades de lecer e seguro.

💶 Prezos: entre 322,45 € e 477,48 € por persoa, segundo o balneario e a quenda. O transporte non está incluído.

👥 Quen pode solicitalo?
Persoas pensionistas de xubilación, incapacidade permanente ou viuvez (a partir dos 55 anos), así como outros pensionistas e perceptores de prestacións por desemprego a partir dos 60 anos, e persoas aseguradas ou beneficiarias da Seguridade Social maiores de 65 anos, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

📅 Prazos de solicitude preferente:
🔹 Para estancias de febreiro a agosto: ata o 5 de decembro de 2026.
🔹 Para estancias de setembro a decembro: ata o 12 de maio de 2027.

📝 Como presentar a solicitude?
💻 Por internet: https://sede.imserso.gob.es
📄 Presencialmente mediante rexistro administrativo ou por correo postal.

ℹ️ Consulta todos os requisitos e a convocatoria oficial no BOE:
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-23163

📖✨ 𝑨 𝒆𝒔𝒄𝒓𝒊𝒕𝒐𝒓𝒂 𝒍𝒂𝒖𝒓𝒆𝒏𝒕𝒊𝒏𝒂 𝑴𝒂𝒓 𝑭𝒆𝒓𝒓𝒆𝒊𝒓𝒐 𝑹𝒐𝒛𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂 𝒐 𝒔𝒆𝒖 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒑𝒐𝒆𝒎𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́!Este sábado a escritora Mar Ferre...
05/11/2026

📖✨ 𝑨 𝒆𝒔𝒄𝒓𝒊𝒕𝒐𝒓𝒂 𝒍𝒂𝒖𝒓𝒆𝒏𝒕𝒊𝒏𝒂 𝑴𝒂𝒓 𝑭𝒆𝒓𝒓𝒆𝒊𝒓𝒐 𝑹𝒐𝒛𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒔𝒆𝒏𝒕𝒂 𝒐 𝒔𝒆𝒖 𝒏𝒐𝒗𝒐 𝒑𝒐𝒆𝒎𝒂𝒓𝒊𝒐 𝒆𝒏 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́!

Este sábado a escritora Mar Ferreiro Rozas, natural de San Adriano de Lourenzá, presentará no Mosteiro de Lourenzá a súa segunda obra, «Douche o que non teño», un poemario escrito integramente en galego e publicado por Medulia Editorial.

✍️ A través desta nova publicación, a autora achéganos unha poesía que combina a crítica social coa expresión dos sentimentos, o amor e as emocións máis íntimas. Unha presentación especialmente significativa, xa que Mar escolleu a súa terra natal para dar a coñecer o libro por primeira vez.

📅 Sábado, 7 de novembro
🕠 17:30 h
📍 Baixos do Concello

🎹 O encontro contará con acompañamento musical de piano e rematará cunha sinatura de exemplares.

💚 Animámosvos a acompañar a Mar nesta cita coa literatura e coa poesía en galego!

📰 Máis información: https://www.aquidiario.com/concellos/lourenza/escritora-mar-ferreiro-rozas-presenta-lourenza-nuevo-poemario-douche-que-non-teno/20261029120351055554.amp.html

🐶 𝑨𝒗𝒊𝒔𝒐: 𝒄𝒂𝒏 𝒂𝒕𝒐𝒑𝒂𝒅𝒐 𝒏𝒂 𝒛𝒐𝒏𝒂 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒐 𝑻𝒐𝒎𝒆́Apareceu este can na zona de Santo Tomé, en Lourenzá. Leva un arnés posto e a...
05/11/2026

🐶 𝑨𝒗𝒊𝒔𝒐: 𝒄𝒂𝒏 𝒂𝒕𝒐𝒑𝒂𝒅𝒐 𝒏𝒂 𝒛𝒐𝒏𝒂 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒐 𝑻𝒐𝒎𝒆́

Apareceu este can na zona de Santo Tomé, en Lourenzá. Leva un arnés posto e actualmente atópase nas instalacións do recinto feiral.

🙏 Agradecemos a difusión desta publicación para facilitar que o animal poida regresar coa súa familia.

🎤💚 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒖́𝒏𝒆𝒔𝒆 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒑𝒐𝒊𝒂𝒓 𝒂 𝑪𝒂𝒓𝒎𝒆𝒏 𝒅𝒆 𝑷𝒊𝒄𝒐𝒂𝒈𝒂!A nosa veciña Carmen de Picoaga continúa a súa aventura musical no p...
05/11/2026

🎤💚 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́ 𝒖́𝒏𝒆𝒔𝒆 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒑𝒐𝒊𝒂𝒓 𝒂 𝑪𝒂𝒓𝒎𝒆𝒏 𝒅𝒆 𝑷𝒊𝒄𝒐𝒂𝒈𝒂!

A nosa veciña Carmen de Picoaga continúa a súa aventura musical no programa Recantos de Luar e este luns temos unha cita moi especial para amosarlle todo o noso cariño e apoio. 🥰

📅 Luns, 9 de novembro
🕓 Ás 16:00 h
📍 Praza do Concello de Lourenzá

🎥 Reunirémonos para gravar un vídeo de apoio a Carmen que se emitirá no programa Luar, e queremos contar coa participación de todos os laurentinos e laurentinas!

❤️ Animámosvos a participar e a acompañar a Carmen neste momento tan especial! Entre todos podemos facerlle chegar o cariño da súa terra.

🎶 Carmen, Lourenzá está contigo! 💚

🏛️✨ 𝑼𝒏𝒉𝒂 𝒏𝒐𝒕𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒎𝒐𝒊 𝒊𝒎𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂𝒏𝒕𝒆 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́: 𝒂 𝒓𝒆𝒉𝒂𝒃𝒊𝒍𝒊𝒕𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐 𝑴𝒐𝒔𝒕𝒆𝒊𝒓𝒐 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏 𝑺𝒂𝒍𝒗𝒂𝒅𝒐𝒓, 𝒎𝒂́𝒊𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒓 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒓...
03/11/2026

🏛️✨ 𝑼𝒏𝒉𝒂 𝒏𝒐𝒕𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒎𝒐𝒊 𝒊𝒎𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂𝒏𝒕𝒆 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝑳𝒐𝒖𝒓𝒆𝒏𝒛𝒂́: 𝒂 𝒓𝒆𝒉𝒂𝒃𝒊𝒍𝒊𝒕𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐 𝑴𝒐𝒔𝒕𝒆𝒊𝒓𝒐 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏 𝑺𝒂𝒍𝒗𝒂𝒅𝒐𝒓, 𝒎𝒂́𝒊𝒔 𝒑𝒓𝒆𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒔𝒆𝒓 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒓𝒆𝒂𝒍𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆!

A recuperación dun dos edificios máis emblemáticos de Vilanova de Lourenzá dá un paso importante coa aprobación dunha achega de 2,86 millóns de euros por parte do Goberno de España, a través do Programa 2 % Cultural, para o proxecto de rehabilitación do Mosteiro de San Salvador.

Trátase dunha actuación de especial relevancia para o municipio, que permitirá avanzar na conservación e posta en valor do noso patrimonio histórico, ademais de recuperar este espazo para dotalo de novos usos públicos ao servizo da veciñanza, abrindo tamén novas posibilidades no ámbito cultural e turístico.

🏛️ Un avance significativo para o futuro do Mosteiro de San Salvador, que permitirá recuperar e conservar unha parte esencial da historia e da identidade de Lourenzá.

📰 Máis información na noticia de Europa Press:
https://www.europapress.es/cultura/exposiciones-00131/noticia-gobierno-destina-80-millones-euros-mejora-78-edificios-historicos-traves-programa-cultural-20261103142845.html

Dirección

Plaza Del Conde Santo, S/n
Lorenzana
27760

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Lourenzá publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos