Xeodestino Ancares - Terras de Burón

Cómo llegar Página web

Xeodestino Ancares - Terras de Burón Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Xeodestino Ancares - Terras de Burón, Reserva natural, Lugo.

🌿 🏞️ Descobre un territorio natural privilexiado, que atesoura tres Reservas da Biosfera, unha gran riqueza paisaxística e unha cultura local que se mantén viva a través da gastronomía, as tradicións e un rico patrimonio.

🌍 Hoxe, en Ancares – Terras de Burón, estamos de tripla celebración… Sabes por que? 👇Hoxe conmemórase o Día Internaciona...
03/11/2026

🌍 Hoxe, en Ancares – Terras de Burón, estamos de tripla celebración… Sabes por que? 👇

Hoxe conmemórase o Día Internacional das Reservas da Biosfera, proclamado pola UNESCO, e o noso xeodestino ten un privilexio singular: acolle tres reservas no seu territorio! 🌿

Cada ano faise máis evidente a urxencia de coidar o único planeta que temos. E estas reservas son un bo exemplo de que é posible vivir, traballar e medrar mantendo unha relación sostible e harmoniosa coa natureza.

Es quen de nomear nos comentarios as tres Reservas da Biosfera presentes no noso territorio?

Dámosche tres pistas:

🟢 Pista 1: Abrangue os cumios máis altos e os vales de concellos como Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.

🟢 Pista 2: Esténdese entre Galicia e Asturias e articúlase arredor do río Eo, con concellos como A Fonsagrada, Negueira de Muñiz ou Ribeira de Piquín.

🟢 Pista 3: Abrangue a conca alta do río máis importante de Galicia.

💬 Cantas es capaz de acertar? 👇

🔗 https://ancaresterrasdeburon.gal/

🔕 Hai lugares que convidan a activar o modo “non molestar” e a g***r do momento.💬 Cal destes refuxios elixirías para act...
02/11/2026

🔕 Hai lugares que convidan a activar o modo “non molestar” e a g***r do momento.

💬 Cal destes refuxios elixirías para activar o modo “non molestar”? Déixanos o teu número nos comentarios (1, 2, 3, 4 ou 5) 👇

1️⃣ No alto dun cumio, onde a vista pode perderse no infinito ⛰️

2️⃣ Escoitando o rumor da auga nun río 💧

3️⃣ Nun bosque de conto 🍂

4️⃣ Na comodidade dun sofá, observando a paisaxe 🏡

5️⃣ Paseando por algún dos fermosos pobos e aldeas do xeodestino 🛖

🔗 https://ancaresterrasdeburon.gal/



Foto do salón con vistas ás montañas lucenses: Hotel Piornedo

Entramos de cheo no mes das castañas e das nosas tradicións máis vivas! 🌰🍂 Do 31 de outubro ao 8 de novembro, o xeodesti...
30/10/2026

Entramos de cheo no mes das castañas e das nosas tradicións máis vivas! 🌰🍂

Do 31 de outubro ao 8 de novembro, o xeodestino Ancares - Terras de Burón vén cargado de plans para g***r do outono na montaña.

Magostos populares en Meira, Becerreá e Baralla, xornada micolóxica en Navia de Suarna, a música de TRiADe na palloza e sendeirismo en Piornedo, a Festa da Xuventude de Meira e obradoiros , exposicións...e moito máis 🥾🔥🎶🐴🍄.

➡️ Preme a ligazón para descubrir a programación polo miúdo día a día!

👉 www.ancaresterrasdeburon.gal/axenda

#

🌿 O bosque dos Grobos:  unha xoia oculta na montaña 💚📍 Localización: Augüeira, Becerreá (Lugo).🌿 Quizais un dos espazos ...
28/10/2026

🌿 O bosque dos Grobos: unha xoia oculta na montaña 💚

📍 Localización: Augüeira, Becerreá (Lugo).

🌿 Quizais un dos espazos naturais máis singulares e delicados de Ancares – Terras de Burón. Trátase dunha ampla afloración de rocha calcaria (posiblemente os restos de antigas covas colapsadas pola auga) onde a abundante humidade deu lugar a un bosque frondoso e case máxico ✨.

🌳Nun labirinto de rochas e pasadizos cubertos por espesos musgos, a luz que se filtra entre a vexetación e os sons do bosque fan deste recuncho a esencia pura da micropaisaxe .

🚶‍♂️ Como chegar?

Atópase a escasos 6 km do centro urbano de Becerreá (pola N-VI dirección Madrid, á man dereita). A mellor maneira de acceder é desde o núcleo de Augüeira, na antiga estrada Madrid - A Coruña, pasando a pé por un pequeno túnel que discorre por debaixo da N-VI.

⚠️ Lembrete ecoturista: Trátase dun contorno moi fráxil e delicado. Cando o visites, camiña con coidado, non alteres as rochas nin o musgo e déixao tal e como o atopaches 📸.

📖 Queres descubrir máis lugares coma este?

👉 Consulta toda a información detallada na nosa web: https://ancaresterrasdeburon.gal/concello/becerrea/



Soy Ecoturista de Becerreá

🌿 Ancares – Terras de Burón: unha farmacia ao aire libre. ❓ Sabías que o contacto co medio natural activa respostas biol...
26/10/2026

🌿 Ancares – Terras de Burón: unha farmacia ao aire libre.

❓ Sabías que o contacto co medio natural activa respostas biolóxicas inmediatas no noso organismo? A ciencia e a neurociencia confirman que a montaña non é só un pracer visual, senón un auténtico bálsamo regulador para o corpo e a mente.

👉 Descobre todo o que a nosa paisaxe fai pola túa saúde:

🧠 Un bálsamo para o sistema nervioso: o contacto coa natureza aumenta a osixenación no sangue, acouga o organismo e o ritmo cardíaco, e permite que o cerebro recoñeza a contorna como o seu fogar biolóxico orixinal, freando a tensión da vida urbana.

🌲 A menciña invisible dos bosques: os fitoncidas, compostos orgánicos que as árbores emiten de forma natural, axudan a diminuír o cortisol e a fortalecer as defensas con apenas uns minutos respirando aire puro.

⛰️ O descanso que a mente precisa: o efecto «horizonte aberto» e a «fascinación suave» das nosas montañas e vales relaxan a vista, liberan a mente da fatiga cognitiva e facilitan que o cerebro se rexenere de verdade.

💧⚡ Carga negativa contra o estrés oxidativo: o movemento da auga en ríos, regatos e fervenzas satura o ambiente de ións negativos, un dos máis potentes antioxidantes e antiinflamatorios naturais.

📖 Queres entender polo miúdo como a nosa paisaxe coida de ti?

📌 Descobre todas as claves da man do biólogo Alfonso Polvorinos no artigo completo dispoñible no noso blog:

🔗 https://ancaresterrasdeburon.gal/xeodestino-ancares-terras-de-buron-destino-de-benestar-en-conexion-coa-natureza/

Rematamos outubro co territorio máis vivo ca nunca! 🍂🏔️ Do 24 ao 31 de outubro, agárdannos días cheos de tradición, sabo...
23/10/2026

Rematamos outubro co territorio máis vivo ca nunca! 🍂

🏔️ Do 24 ao 31 de outubro, agárdannos días cheos de tradición, sabor e plans únicos para g***r do outono no noso xeodestino Ancares - Terras de Burón.

▶▶ Preme nesta ligazón para descubrir todo o que agarda por ti no noso territorio.

👉 www.ancaresterrasdeburon.gal/axenda

Feiras tradicionais en Láncara e Fonteo, o mellor mel e magosto en Baleira, a gran festa da Tenreira de Ancares en Cervantes, obradoiros de pan en Pol, rutas etnográficas, teatro, a visita da Furgoteca, e citas tan especiais como a Polavila en Piornedo ou a Anterga Compaña na Fonsagrada! 🍯🥩🥖🥾🎭🔥


🏛️ Palloza-Museo Casa do Sesto📍 Localización: Piornedo, Cervantes (Lugo)✨ Esta emblemática vivenda tradicional foi o fog...
21/10/2026

🏛️ Palloza-Museo Casa do Sesto

📍 Localización: Piornedo, Cervantes (Lugo)

✨ Esta emblemática vivenda tradicional foi o fogar da familia de Isolina durante xeracións. Hoxe funciona como museo grazas ao esforzo da propia familia por preservar a memoria e o patrimonio cultural dos Ancares. A estrutura e a distribución orixinais consérvanse intactas, o que permite descubrir como a vida xiraba arredor da lareira, que quentaba o fogar nas noites máis frías do inverno.

🌿 No seu interior pódense ver as ferramentas e os trebellos auténticos que a familia utilizaba no seu día a día. A mostra reflicte á perfección a autosuficiencia da vida na montaña: desde os apeiros para traballar a terra ata os teares para confeccionar mantas e mesmo unha fragua para moldear o ferro.

Unha viaxe no tempo ao corazón de Piornedo 💚✨.

📖 Queres organizar a túa visita?

ℹ Podes consultar a web pallozamuseocasadosesto.com ou reservar nos teléfonos 626 738 855 / 630 411 518.

👉 Para coñecer máis detalles e descubrir os outros 6 museos do xeodestino, consulta o artigo completo nesta ligazón 🔗:

https://ancaresterrasdeburon.gal/7-museos-no-xeodestino-ancares-·-terras-de-buron-para-descubrir-a-vida-na-montana/

Propoñémosche un bo plan para esta fin de semana: vir a Baleira!🎊 Celebramos a IX Feira do Mel da Montaña e podes aprove...
20/10/2026

Propoñémosche un bo plan para esta fin de semana: vir a Baleira!

🎊 Celebramos a IX Feira do Mel da Montaña e podes aproveitar para desfrutar dos bosques da montaña no outono, do popular e desta feira con obradoiros, degustacións, xogos populares e moitas propostas para pasar un bo día descubrindo o territorio.

E se queres levar a experiencia un pouco máis alá, participa nos obradoiros da Feira do Mel da Montaña! 👇

🐝Sábado 24, elaboración de xabóns artesanais con cera de abella e plantas.
🍯 Domingo 25, elaboración de barriñas enerxéticas con mel e pole.

Aproveita a visita para coñecer os espazos naturais de Baleira, pasear entre as cores do outono e descubrir un recuncho da montaña lucense que paga a pena visitar 🌿🍂.

Compárteo con esa persoa coa que che gustaría facer esta escapada 💚.

🥖 Se queres pasar unha xornada en Casa Chaín aprendendo a facer pan e empanadas nunha contorna privilexiada, non podes p...
20/10/2026

🥖 Se queres pasar unha xornada en Casa Chaín aprendendo a facer pan e empanadas nunha contorna privilexiada, non podes perder este obradoiro!

🔥 Unha experiencia para conectar cos costumes e sabores de sempre: dende o amasado ata o roxado do forno de leña, rematando cunha degustación compartida arredor da mesa con produtos locais e viño da terra.

📅 Domingo, 25 de outubro de 2026
📍 Casa Chaín (Cirio, Pol)
🕒 De 10:00 h a 17:00 h
💰 Prezo: 38 €
⚠️ Prazas limitadas!
📲 Inscríbete vía WhatsApp no 655 35 93 05.

👉 https://casachain.es/actividades/

🍂 O ritmo non para no outono e a montaña segue chea de vida e plans para g***r do territorio! 🏔️ Organiza a túa semana p...
16/10/2026

🍂 O ritmo non para no outono e a montaña segue chea de vida e plans para g***r do territorio!

🏔️ Organiza a túa semana porque do 17 ao 25 de outubro o xeodestino Ancares - Terras de Burón continúa cheo de actividades.

🎊 Feiras tradicionais, o mellor mel da montaña en Baleira, a VI Xornada da Tenreira en Cervantes, a Festa da Blanca Lexítima en Negueira, teatro infantil na Fonsagrada, rutas de sendeirismo, obradoiros e moito máis agardan por ti! 🍯🍷🥾🎭

➡️ Desliza as imaxes para descubrir a programación día a día!
ℹ️ Se queres máis información, horarios detallados ou consultar como anotarte nalgunha das actividades, visita a axenda completa na nosa web: 👉
www.ancaresterrasdeburon.gal/axenda

Dirección

Lugo

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Xeodestino Ancares - Terras de Burón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría