02/11/2026
🗺️🏡 DOS ESCOLAPIOS Á MIÑA CASA: A XEOGRAFÍA ESTÁ MÁIS PRETO DO QUE PENSAMOS!
Como podemos representar o camiño que percorremos cada día desde o colexio ata a nosa casa? O alumnado de 1.º da ESO, na materia de Xeografía e Historia, púxose mans á obra para descubrir que a Xeografía tamén está nas pequenas cousas da nosa vida cotiá.
Dentro da unidade didáctica «O noso tempo e espazo» convertémonos en cartógrafos e cartógrafas por un día para elaborar o noso propio rueiro de Monforte de Lemos. 🧭
A través deste proxecto, o alumnado traballa a orientación cos puntos cardinais, a interpretación de mapas, as escalas, as lendas e os símbolos. Ademais, mide os seus percorridos contando pasos e calcula as distancias aproximadas desde o Colexio dos Escolapios ata un punto próximo ás súas casas.
O resultado? Uns rueiros elaborados a man, cheos de detalles, cores e aprendizaxes, nos que cada alumno e alumna representa unha parte do seu propio mundo. 🎨📏
Porque aprender Xeografía tamén é observar, camiñar, medir e descubrir o espazo no que vivimos.
📍 Monforte de Lemos convértese así na nosa propia aula de aprendizaxe!
O_Noso_Tempo_E_Espazo AprendizaxeActiva MonforteDeLemos