Terra Galega Narón

Cómo llegar Contactar con la organización

Terra Galega Narón Páxina oficial TEGA Narón
Traballamos para seguir transformando Narón na cidade que todas/os queremos Centrista na búsqueda dos consensos.

Os principios ideolóxicos que han de rexer a acción política de Terra Galega son os seguintes:

1) TERRA GALEGA potenciará a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo.

2) TERRA GALEGA defínese como unha forza política democrática, galeguista, dentro do marco da Constitución e do Estatuto da Autonomía, na súa capacidade de unificar nunha soa dirección a forza máis xenuína dos pobos que se organizan dende abaixo, con plena conciencia de responsabilidade compartida. Progresista nos seus posicionamentos estratéxicos cara o desenvolvemento da nosa sociedade.

3) TERRA GALEGA é un partido que defende a autonomía local, no marco da cooperación e solidaridade para o desenvolvemento de Galicia.

4) TERRA GALEGA asume un concepto de ecoloxismo racional, moderno e imaxinativo que harmonice o progreso económico da nosa terra co mantemento da riqueza do medio natural galego e a calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás.

5) TERRA GALEGA defende as liberdades individuais e colectivas nunha sociedade inspirada nos valores da solidariedade e igualdade dos homes e mulleres con todos os dereitos ao traballo, educación, saúde, vivenda, e servizos sociais sen discriminacións ideolóxicas, sexistas, racistas ou de calquera outro tipo.


6) TERRA GALEGA outorga ao sector público galego peso prioritario en aspectos fundamentais para a sociedade galega,como a sanidade e a educación que deben orientarse á consecución dunha orde social máis xusta e solidaria para asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas.

7) TERRA GALEGA desexa implantar unha organización administrativa moderna e eficaz, que rompa a actual dicotomía inxusta entre a Galicia urbana e a rural, de comarcas prósperas e pobres que marcan diferenzas que compre superar.

8) TERRA GALEGA aposta por vertebrar unha sociedade de economía produtiva e competitiva, sostible, que incentive o esforzo e a creatividade para xerar riqueza e emprego, consolidando un entorno fiscal e laboral que favoreza novas iniciativas empresariais e da defensa das xustas reivindicacións dos traballadores/as e desenvolvemento das que existen para consolidar e fortalecer o estado do benestar.

9) TERRA GALEGA traballa por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre entendendo a política coma un exercicio de servizo as persoas.

🌍🚌💬 Sumámonos ás reivindicacións da Plataforma pola Defensa do Transporte Público Digno para Ferrol e Comarca en demanda...
18/09/2026

🌍🚌💬 Sumámonos ás reivindicacións da Plataforma pola Defensa do Transporte Público Digno para Ferrol e Comarca en demanda dun servizo de transporte público de calidade e accesible para todas e todos.

Somos plenamente conscientes das dificultades que moitas e moitos de vós tendes diariamente para desprazarvos. A situación que padecemos é insostible e non podemos permitir que os problemas no transporte, tanto urbano como interurbano, sigan afectando á calidade de vida da veciñanza.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, as concelleiras de Transporte Público, Mar Gómez, e de Igualdade e Benestar Social, Mar Lorenzo reiteraron coa súa presenza na concentración que tivo lugar esta tarde fronte ao edificio da Xunta en Ferrol o apoio que desde Terra Galega damos tanto a estas reivindicacións como a un transporte público de calidade.

🥳💚🤍 Grazas, amigas e amigos, por facer desta nosa Festa do Río unha celebración tan especial ano tras ano.  Vós facedes ...
13/09/2026

🥳💚🤍 Grazas, amigas e amigos, por facer desta nosa Festa do Río unha celebración tan especial ano tras ano. Vós facedes que este proxecto compartido sexa algo tan importante e máis cheo de futuro que nunca. Vémonos nun ano, oxalá para festexar algo especialmente grande! 💪🏻💪🏻

08/09/2026

🗣📖💚🤍 Aquí vai un resumo da actividade que desenvolvimos estes últimos meses no noveno número da nosa revista "Narón ao día".

💻📲⬇ https://bit.ly/NarónAoDía9 para descargar en pdf.

🥳💚🤍 Amigas e amigos! Queremos convidarvos a celebrar connosco a Festa do Río, ese tradicional encontro que nos xunta ano...
27/08/2026

🥳💚🤍 Amigas e amigos! Queremos convidarvos a celebrar connosco a Festa do Río, ese tradicional encontro que nos xunta ano tras ano en setembro na Área Recreativa de Pedroso.

Será o domingo 13 de setembro e comezaremos ás 13:00 h con sesión vermú, tras o cal virá o xantar de confraternidade baixo unha gran carpa. Pola tarde haberá xogos populares e baile.

Os tíckets custan 18 euros e podes reservalos no teléfono 603038324. Esperámosvos!!

🩵🩵 Feliz 25 de Xullo, Día da Patria Galega!!!
25/07/2026

🩵🩵 Feliz 25 de Xullo, Día da Patria Galega!!!

🖤🖤 Que a terra che sexa leve, alcalde.🕯️
19/07/2026

🖤🖤 Que a terra che sexa leve, alcalde.🕯️

🖤🖤 Con profunda tristeza quero expresar o meu máis sentido pésame polo pasamento de Antonio Martínez Aneiros, o primeiro alcalde de Narón desde a restauración democrática. Foi unha gran persoa, un líder comprometido e un referente para as o os que viñemos detrás, ademais de alguén que se facía querer e ao que gardaba un fondo agarimo e aprecio. Quero enviar as miñas máis sinceras condolencias á súa familia, amizades e a todas e todos aqueles que tiveron a sorte de coñecelo e traballar ao seu lado. Que a terra che sexa leve. 🕊️🕯️

☀️🏊🏽‍♀️🏊🏽‍♀️ Apuntade nas vosas axendas!! Este venres abren as piscinas do Couto!! 🎉
30/06/2026

☀️🏊🏽‍♀️🏊🏽‍♀️ Apuntade nas vosas axendas!! Este venres abren as piscinas do Couto!! 🎉

🏫️🚧⚠️💔 A ANPA CEIP A Solaina celebrou un acto simbólico de despedida pola perda definitiva da seguridade, dignidade e ca...
19/06/2026

🏫️🚧⚠️💔 A ANPA CEIP A Solaina celebrou un acto simbólico de despedida pola perda definitiva da seguridade, dignidade e calidade das instalacións do centro educativo a causa do deixamento da Xunta de Galicia, organismo que non acomete as tan necesarias como urxentes obras de mellora. A nosa concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, acudiu para amosar o noso total apoio a estas xustas reivindicacións.

🌊🤝📜 Día histórico para a nosa cidade! Despois de moitos anos, por fin acadamos un acordo xusto con Ferrol sobre o custo ...
11/06/2026

🌊🤝📜 Día histórico para a nosa cidade! Despois de moitos anos, por fin acadamos un acordo xusto con Ferrol sobre o custo do servizo de depuración de augas que establece o pago en función dos caudais reais vertidos ao sistema.

🎭💃🎶✨🌟🎉 Presentación de "Congostra", o novo espectáculo do Grupo Alxibeira do Padroado da Cultura! 🎉Apuntade nas axendas:...
10/06/2026

🎭💃🎶✨🌟🎉 Presentación de "Congostra", o novo espectáculo do Grupo Alxibeira do Padroado da Cultura! 🎉Apuntade nas axendas: o sábado 11 de xullo, ás 21:00 h, no Pazo da Cultura. Non volo perdades!! ⬇️⬇️

Dirección

Reis Católicos 9
Narón
15570

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Terra Galega Narón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Terra Galega Narón:

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos