BNG O Porriño

Cómo llegar Página web

BNG O Porriño Páxina oficial de facebook do Bloque Nacionalista Galego do Porriño Defende un programa para a gran maioría da sociedade galega.

Estes son os principios fundamentais do BNG, aprobados na asemblea fundacional de 1982 e que se manteñen no esencial:

O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional. Defensa da democracia e dos intereses populares. Necesidade de autoorganización política e social e non dependencia nas relacións de Galiza. Solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional. Un modelo social que promova un desenvolvemento socioeconómico contrario á dependencia e a prol do benestar de todo o pobo.

06/11/2026

A construcción dunha rotonda na entrada do IES Pino Manso vai supoñer a destrucción dunha franxa de 4 metros da entrada e patio do instituto, eliminando a súa zona verde.

É unha vía municipal e a responsabilidade é do Concello, aínda que Alejandro tente facerlle crer os afectados o contrario.

Desde o BNG ofrecemos no Pleno unha solución que prioriza o ben común, dándolle cabida as dúas necesidades. Se non saben como solucionalo, que sigan o camiño que lle marcamos. Non sería a primeira vez.

O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto co resto de concelleiros ríense dos comentarios machistas do secretario a...
05/11/2026

O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto co resto de concelleiros ríense dos comentarios machistas do secretario ante unha pregunta dunha concelleira da oposición, a cal acaba expulsando do Pleno.

Esta é a deriva democrática da actual corporación, expulsar as vítimas...

Durante o Pleno, o secretario do Concello co beneplácito do alcalde, respostou a unha pregunta dunha concelleira da oposición con comentarios machistas

Esperámosvos este xoves 5 en Mondariz-Balneario.Por defendérmonos de Altri, polas pensións das persoas que xa entregaron...
03/11/2026

Esperámosvos este xoves 5 en Mondariz-Balneario.

Por defendérmonos de Altri, polas pensións das persoas que xa entregaron a súa forza de traballo, por uns servizos públicos dignos...

Galiza xogámonos moito nestas estatais e só o BNG leva a defensa do noso país tamén ó Parlamento en Madrid.

📢 VIGO, O 4 DE NOVEMBRO TODAS ÁS RÚAS!✊ Paremos a destrución da atención hospitalaria de Vigo! Defendamos a sanidade púb...
02/11/2026

📢 VIGO, O 4 DE NOVEMBRO TODAS ÁS RÚAS!

✊ Paremos a destrución da atención hospitalaria de Vigo! Defendamos a sanidade pública galega!

SOS Sanidade Pública de Galicia apoia a mobilización convocada por SOS Vigo contra a privatización da atención hospitalaria, a crise de POVISA, a falta de recursos no Álvaro Cunqueiro e o desmantelamento da Atención Primaria, con longas listas de agarda e servizos saturados.

🚨 O que está a acontecer en Vigo pon en risco o futuro de toda a sanidade pública galega.

📣 Chamamos á cidadanía, ás plataformas e ás organizacións sociais e profesionais de toda Galicia a sumarse á mobilización.

📅 4 de novembro
🕖 19:00 h
📍 Praza de España (Praza dos Cabalos), Vigo

✊ VIGO NON ESTÁ SOA! A SANIDADE PÚBLICA DEFÉNDESE NAS RÚAS!

𝗔 𝗣𝗹𝗮𝘁𝗮𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗦𝗢𝗦 𝗦𝗮𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗣ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗮 𝗮 𝗺𝗮𝗻𝗶𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗼𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗿 𝗦𝗢𝗦 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗴𝗼 𝗼 𝗱𝗶𝗮 𝟰 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗮 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗮 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗴𝗼
perpetrada pola Xunta de Galicia, que puxo en mans de empresas multinacionais toda a atención hospitalaria dun área de 600.000 habitantes do Área Sanitaria, ocasionando un total desastre hospitalario.

A Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular privatizou toda a atención Hospitalaria de Vigo e esta a desmantelar a Atención Primaria:

•𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹 Á𝗹𝘃𝗮𝗿𝗼 𝗖𝘂𝗻𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 esta en mans do fondo de inversión francés Meridiam que adquiriu a concesión de Acciona. 𝗢 𝗦𝗘𝗥𝗚𝗔𝗦 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗿𝘁𝗼𝘂 𝘂𝗻 𝟯𝟬% 𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝘀𝘁𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 polo Goberno Bipartito,𝘁𝗲𝗻 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮 𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗮𝗶𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻 (86 en cirurxía, 60 e consultas e 127 en probas diagnosticas) e esta desbordado polo traslado de mais de 40.000 persoas atendidas inicialmente polo hospital POVISA

• 𝗛𝗼𝘀𝗽𝗶𝘁𝗮𝗹 𝗣𝗢𝗩𝗜𝗦𝗔 actualmente en mans da multinacional francesa Vivalto Santé atravesa unha gran crise por que esta empresa quere vendelo a outra multinacional para o que𝗲𝘀𝘁á 𝗮 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿𝘀𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗰𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝘀𝗮𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝗹 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼 (para abaratar o prezo da venta)

• 𝗔 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗮𝗰𝘂𝗺𝘂𝗹𝗮 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝗵𝗮𝘀𝘁𝗮 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗲 𝗰𝗮𝘁𝗿𝗼 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗰𝗶𝘁𝗮 𝗲𝗻 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗻𝗮 𝗱𝗲 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 𝘆 𝗽𝗲𝗱𝗶𝗮𝘁𝗿í𝗮, o SERGAS pechou Centros de Saúde e o servizo de urxencias de pediatría o que satura as do Hospital Cunqueiro.

SOS Sanidade Pública de Galicia acordou na ultima xuntanza facer un chamamento a tódalas plataformas e organizacións socias e profesionais galegas a solidarizarse con Vigo e apoiar una mobilización na que esta en xogo o futuro de todo o Sistema Sanitario Público Galego.

𝗢 𝗱𝗶𝗮 𝟰 𝗮𝘀 𝟭𝟵 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝗽𝗮ñ𝗮 (𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗖𝗮𝗯𝗮𝗹𝗼𝘀)

Manuel Martin. Voceiro

31/10/2026
Este xoves 5 as 19:30h. na Praza de Abastos de Mondariz-Balneario teremos un acto aberto coa participación de:• Ana Pont...
30/10/2026

Este xoves 5 as 19:30h. na Praza de Abastos de Mondariz-Balneario teremos un acto aberto coa participación de:
• Ana Pontón
• Nestor Rego
• Carme da Silva
• Rocío Barreiro
•César Gil

Nós alí estaremos, contamos con vós!!

28/10/2026

“Este tipo de accidentes chéganos ao máis fondo polo de Angrois, que segue marcando as nosas vidas e que, lamentablemente, non foi investigado como debera” “...

O noso máis sinceiro pésame ante a traxedia ocorrida hoxe en Urda (Toledo).Trasladamos toda a nosa solidariedade e o nos...
28/10/2026

O noso máis sinceiro pésame ante a traxedia ocorrida hoxe en Urda (Toledo).

Trasladamos toda a nosa solidariedade e o noso agarimo ás familias e persoas achegadas ás vítimas neste difícil momento.

O Concello do Porriño convoca hoxe, mércores 28 de outubro, un minuto de silencio ás 20:00 h en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario na provincia de Toledo.

O PP negouse a tratar os graves problemas de mantemento do CEIP de Atios no pleno. Alejandro LORENZO nin soluciona os pr...
28/10/2026

O PP negouse a tratar os graves problemas de mantemento do CEIP de Atios no pleno. Alejandro LORENZO nin soluciona os problemas nin gusta de dar contas. Estamos a recoller os froitos de seis anos de goberno do PP: moitos anuncios e pouca transformación real.

O PP bloqueou coa súa maioría a moción de urxencia para denunciar os graves problemas de mantemento

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Atios denuncia graves problemas de mantemento e estruturais no centro.Este...
23/10/2026

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Atios denuncia graves problemas de mantemento e estruturais no centro.

Este mes de agosto saían vídeos de Alejandro LORENZO promocionando as grandes obras que executarían no colexio durante o verán, cun orzamento de 75000 euros.

Neste caso non chegaron a Atios e coa chegada das chuvias a situación é límite.

Gobernar non é improvisar, precisa dunha planificación constante.

Las familias denuncian goteras, cortes eléctricos, falsos techos desprendidos y gradas que ceden en un edificio de 40 años que no recibe obras desde hace seis.

Dirección

Rúa Ramón González Nº14/Local A
Porriño
36400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG O Porriño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos