Novas Xeracións Ponteareas

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Novas Xeracións Ponteareas Nuevas Generaciones Partido Popular

  💙
06/11/2026

💙

💙 EN PONTEAREAS PASAMOS DAS PALABRAS AOS FEITOS: 1️⃣0️⃣0️⃣ NOVAS OPORTUNIDADES LABORAIS PARA OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS.

🔷️ O goberno municipal liderado por Nava Castro Domínguez pon en marcha o Programa Integrado de Emprego 2026-2027, unha iniciativa que sitúa o emprego no centro da acción política e que ten un obxectivo ambicioso e medible: ofrecer oportunidades a 100 persoas desempregadas e acadar, como mínimo, un 45 % de inserción laboral.

Porque gobernar é tomar decisións, mobilizar recursos e poñer en marcha medidas que melloren a vida das persoas. E para nós, o emprego non é un titular nin unha promesa electoral: é unha prioridade que se demostra con feitos.

🔷️ A alcaldesa, Nava Castro, ten claro que detrás de cada persoa desempregada hai unha familia, un proxecto de vida e moitas veces unha situación de incerteza. Por iso, este programa non se limita a ofrecer cursos: busca abrir portas ao mercado laboral, facilitar contratos e xerar oportunidades reais para quen máis o necesita.

👩🏻‍💻A concelleira de Emprego, Silvia Fernández Táboas, destaca a importancia dun traballo próximo e personalizado, adaptado ás capacidades de cada participante e ás necesidades reais das empresas. O obxectivo é conectar a quen busca emprego con quen necesita contratar, facendo que a formación teña unha finalidade concreta: conseguir traballo.

📌 UN PROGRAMA CON MEDIDAS E OBXECTIVOS CONCRETOS:

✔️ 100 persoas desempregadas participantes.
✔️ Un mínimo do 45 % de inserción laboral.
✔️ Orientación profesional individualizada.
✔️ Formación adaptada ás demandas do mercado.
✔️ Preparación de entrevistas e procesos de selección.
✔️ Contacto directo co tecido empresarial.

A iniciativa prestará especial atención ás persoas desempregadas de longa duración, maiores de 52 anos, menores de 30 anos, mulleres, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.

💶 287.500 EUROS INVESTIDOS NO FUTURO DE PONTEAREAS

Este programa conta cun investimento de 287.500 euros, dos cales 230.000 euros proceden da Xunta de Galicia e 57.500 euros son achegados polo goberno de Ponteareas con fondos propios.

Un esforzo económico que demostra tamén a importancia da colaboración institucional para impulsar políticas activas de emprego e dar resposta ás necesidades da veciñanza.

✅️ Desde o Partido Popular de Ponteareas temos unha prioridade clara: que ninguén quede atrás e que as persoas que queren traballar conten con ferramentas e oportunidades para facelo.

Non queremos políticas que queden en anuncios. Queremos resultados, oportunidades e postos de traballo.

Ese é o camiño que está a impulsar o goberno de Nava Castro: traballar, investir e ofrecer solucións para construír un Ponteareas con máis emprego, máis oportunidades e máis futuro.

MENOS PROMESAS E MÁIS FEITOS. O EMPREGO É E SEGUIRÁ SENDO UNHA PRIORIDADE PARA PONTEAREAS 💙.



https://valminortv.com/2026/11/05/ponteareas-abre-nuevas-oportunidades-laborales-para-100-personas-desempleadas/

06/11/2026

PONTEAREAS NON MIRA ATRÁS. PONTEAREAS AVANZA! 💪🏛️

🔷 ️Ponteareas está gañando presenza, visibilidade e peso. A participación da alcaldesa, Nava Castro, en congresos e encontros de relevancia non é unha cuestión de imaxe: é traballo para situar o noso municipio no mapa, atraer oportunidades, impulsar o turismo sostible e fortalecer a economía local.

Cada porta que se abre, cada oportunidade que se xera e cada iniciativa que proxecta Ponteareas pode traducirse en máis actividade económica, máis emprego e máis futuro para os nosos comercios e a nosa hostalaría.

E mentres uns traballamos para que Ponteareas avance, a oposición cuestiona iniciativas que buscan precisamente darlle protagonismo ao municipio.

Hai unha diferenza clara entre quen quere unha Ponteareas con ambición, oportunidades e futuro e quen segue instalado na confrontación e na crítica permanente.

Non queremos unha Ponteareas resignada, pechada sobre si mesma nin dependente de axudas como única alternativa. Queremos unha vila con emprego, investimento, actividade económica e oportunidades para que os nosos veciños e veciñas poidan vivir e decidir libremente o seu futuro.

💙 Ponteareas merece máis. Merece ambición, traballo e resultados. E nós imos seguir traballando para conseguilo.

05/11/2026

🎙️ Francisco Jesús Represas Carrera, concelleiro de Economía e Facenda de Ponteareas, participou nos micrófonos de Si Radio para falar da aprobación dos novos orzamentos municipais e do futuro do noso concello.

🔷️ A mocidade pode e debe estar na primeira liña da política municipal. Francisco Jesús Represas Carrera, o concelleiro de Facenda máis novo da historia de Ponteareas, é un exemplo de como as novas xeracións poden asumir responsabilidades e participar activamente na xestión pública.

📊 Catro orzamentos consecutivos aprobados. Unha liña de traballo que o Partido Popular contrapón á etapa do anterior goberno municipal con Cristina Fernández do BNG, na que non se aprobaron novos orzamentos durante o seu mandato e o fracaso de Pedro Sánchez.

💙 No PP apostamos pola mocidade con feitos: dando oportunidades, responsabilidades e protagonismo á xente nova. Porque non somos só o futuro, tamén somos o presente!

💙 Pontevedra ten mocidade, ten talento, ten forza e ten futuro!Detrás de cada mozo e de cada moza hai un soño, unha ilus...
04/11/2026

💙 Pontevedra ten mocidade, ten talento, ten forza e ten futuro!

Detrás de cada mozo e de cada moza hai un soño, unha ilusión e un proxecto de vida que merece unha oportunidade. Porque ninguén debería verse obrigado a marchar da súa terra para poder cumprir os seus obxectivos. Queremos unha Galicia onde a mocidade poida estudar, traballar, emprender, medrar e construír o seu futuro sen renunciar ás súas raíces. 🚀

Cremos nunha mocidade que non quere ser simplemente espectadora, senón protagonista do presente e do futuro. Unha mocidade con ideas, con preparación, con ilusión e con moito que achegar.

Por iso tamén queremos poñer en valor persoas como Francisco Jesús Represas Carrera, o noso portavoz municipal e concelleiro de Facenda. Con 35 anos, conta cunha traxectoria que combina formación, experiencia e compromiso co servizo público.

👨🏻‍⚕️ Enfermeiro especialista en Atención Familiar e Comunitaria e doutor Cum Laude, asumiu con tan só 29 anos importantes responsabilidades durante a pandemia, participando na xestión dos test masivos no IFEVI, na vacinación a domicilio e no vacinómetro do IFEVI.

Unha traxectoria á que se suma a súa responsabilidade á fronte da Concellería de Facenda, onde conseguiu aprobar catro orzamentos en catro anos.

Porque a idade non debe ser nunca un límite para asumir responsabilidades, achegar ideas ou traballar polo ben común.

Queremos unha Galicia que confíe na súa xente nova, que recoñeza o seu talento e que lle abra as portas para participar e liderar.

O futuro non se constrúe esperando a que chegue. Constrúese hoxe, con compromiso, valentía, ilusión e oportunidades.

💙 A mocidade non é só o futuro de Pontevedra e de Galicia. É tamén o seu presente. E merece ter voz, espazo e protagonismo.

Pontevedra ten equipo, ten forza e ten ganas de cambio! 💙

Con ilusión, compromiso e os mellores candidatos e candidatas para defender Galicia e impulsar un novo Goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo. 💪🏻

📢 PONTEAREAS AVANZA CON NAVA CASTRO, MENTRES A ESQUERDA VOTA EN CONTRA DOS INVESTIMENTOS PARA A VECIÑANZA E A MOCIDADE.O...
04/11/2026

📢 PONTEAREAS AVANZA CON NAVA CASTRO, MENTRES A ESQUERDA VOTA EN CONTRA DOS INVESTIMENTOS PARA A VECIÑANZA E A MOCIDADE.

O Goberno municipal que lidera Nava Castro aposta polo futuro de Ponteareas con investimentos en ámbitos fundamentais:

🎓 Educación e formación.
🏠 Alugueiro social e acceso á vivenda.
🤝 Servizos sociais.
💼 Emprego e oportunidades laborais.
🚔 Seguridade cidadá.
🚀 Talento Xove e oportunidades para a mocidade.

Porén, BNG, PSOE e Podemos votaron en contra 👎 destas propostas nos asuntos sometidos a votación.

Unha decisión que abre un debate importante: que modelo de futuro queremos para Ponteareas e que oportunidades queremos ofrecer á nosa mocidade?

Nós apostamos por seguir traballando, investindo e construíndo unha Ponteareas con máis oportunidades para toda a mocidade.

PONTEAREAS MERECE AVANZAR! 💙

📈 UN ORZAMENTO 📑 PARA SEGUIR AVANZANDO

🏛 Ponteareas conta cun novo orzamento 📑, explicado e defendido polo concelleiro de Facenda, Francisco Jesus Represas Carrera , e respaldado polos grupos de goberno que apostan pola planificación, a responsabilidade e o futuro do noso municipio.

📑 Un orzamento sustentado en tres piares fundamentais:

✅ Mellorar os servizos públicos.
✅ Reforzar a atención ás persoas.
✅ Impulsar investimentos estratéxicos en todas as parroquias.

📊 As contas contemplan 2️⃣,7️⃣ millóns de euros en investimentos reais e a solicitude dun crédito de 1,9 millóns de euros para financiar proxectos estratéxicos.

🔷️ A alcaldesa, Nava Castro Domínguez, lembrou os avances acadados durante este mandato, como a eliminación da lista de agarda da dependencia de grao 2 e 3 no SAF e a redución do desemprego.

⚠️ Pero tamén hai algo que cómpre contar: BNG, PSOE e Podemos votaron en contra 👎 das actuacións e investimentos recollidos neste orzamento para ás parroquias é asociacións deportivas e culturáis.

Votaron en contra 👎 de:
👉 Os investimentos nas parroquias.
👉 A construción de centros de día e casas culturais.
👉 O reforzo dos servizos sociais e do investimento histórico no SAF.
👉 Continuar co asfaltado dos camiños.
👉 O saneamento integral de todas as parroquias.

Unha vez máis, queda reflectido o negacionismo da esquerda á hora de apostar polo crecemento e o progreso de Ponteareas.

🔷️ Desde o Partido Popular seguimos traballando para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza, recuperando proxectos pendentes e construíndo un municipio con máis servizos, mellores infraestruturas e máis oportunidades.

🤝 O noso compromiso é seguir avanzando, con feitos, investimentos e pensando nas persoas. Porque queremos unha Ponteareas que medre, que avance e que teña futuro.



https://www.farodevigo.es/comarcas/condado-paradanta/2026/11/04/concello-ponteareas-nava-castro-aprueba-cuarto-presupuesto-municipal-136056281.amp.html

03/11/2026

💙

💙 A MOCIDADE DE PONTEAREAS MERECE UN FUTURO CON OPORTUNIDADES, ILUSIÓN E ESPERANZA.Aos nosos mozos e mozas queremos dici...
02/11/2026

💙 A MOCIDADE DE PONTEAREAS MERECE UN FUTURO CON OPORTUNIDADES, ILUSIÓN E ESPERANZA.

Aos nosos mozos e mozas queremos dicirlles algo moi claro: o voso futuro importa, os vosos soños importan e Ponteareas debe ser tamén un lugar onde poidades construír a vosa vida.

Sabemos que non é fácil. Sabemos que detrás de cada mozo e de cada moza hai ilusións, esforzos, estudos, incertezas e moitas veces dificultades para atopar o primeiro emprego.

Por iso, necesitamos políticas que vaian máis alá das boas palabras. Necesitamos formación útil, oportunidades laborais, apoio ao emprendemento e colaboración coas empresas para abrir portas á xente nova.

O programa ‘Fórmate na Empresa 2026’, cun 25 % de inserción laboral, demostra que cando se aposta pola formación e pola colaboración co tecido empresarial poden xurdir oportunidades reais.

Pero non podemos conformarnos. Detrás de cada porcentaxe hai persoas, familias, proxectos e futuros que merecen atención.

Queremos unha Ponteareas na que a mocidade non teña que marchar por falta de oportunidades, na que poida traballar, independizarse, emprender e desenvolver o seu proxecto de vida.

A mocidade non é só o futuro de Ponteareas. É tamén o seu presente.

E o noso compromiso debe estar á altura dos seus soños e das súas necesidades.

💙 Porque apostar pola mocidade é apostar polo futuro de todos.

💙 EN PONTEAREAS, O COMPROMISO COA MOCIDADE DEMÓSTRASE CON FEITOS, NON CON PALABRAS.

Clausuramos a terceira edición de ‘Fórmate na Empresa 2026’ cun 25 % de inserción laboral entre as persoas participantes. Mozos e mozas que hoxe teñen unha oportunidade laboral grazas á formación, ao esforzo e á colaboración co tecido empresarial.

Ponteareas é, ademais, o único concello de Galicia que participou nas tres edicións deste programa. Unha continuidade que reflicte o traballo realizado polo Goberno municipal do Partido Popular para impulsar oportunidades de formación e emprego para a nosa mocidade.

👩‍💻 Apostamos por políticas útiles, por conectar a formación coas necesidades reais das empresas e por facilitar que os nosos mozos e mozas poidan incorporarse ao mercado laboral con preparación e autonomía.

Non queremos unha mocidade dependente das axudas nin atrapada na falta de oportunidades. Queremos mozos e mozas formados, con emprego, capacidade para decidir o seu futuro e posibilidades reais de desenvolver o seu proxecto de vida en Ponteareas.

🔷️ Ese é o modelo no que traballamos desde o Partido Popular: menos promesas e máis oportunidades; menos palabras e máis resultados.

🇪🇺 Grazas á Xunta de Galicia, á Unión Europea, ás empresas colaboradoras e ás doce persoas participantes por facer posible esta terceira edición.

Seguimos traballando por unha Ponteareas con máis emprego, máis oportunidades e futuro para a súa mocidade.



https://valminortv.com/2026/11/02/ponteareas-clausura-la-tercera-edicion-de-formate-na-empresa-con-una-insercion-laboral-del-25/

💙 PONTEAREAS AVANZA, E A MOCIDADE TAMÉN TEN O SEU LUGAR NESTE FUTURO.A mocidade non é só o futuro de Ponteareas, é tamén...
01/11/2026

💙 PONTEAREAS AVANZA, E A MOCIDADE TAMÉN TEN O SEU LUGAR NESTE FUTURO.

A mocidade non é só o futuro de Ponteareas, é tamén o seu presente. Por iso, construír un municipio con máis oportunidades significa apostar pola formación, o emprego, o deporte, a cultura e os espazos de convivencia.

Os orzamentos municipais de 2027, os máis altos da historia de Ponteareas, con case 25 millóns de euros, representan unha oportunidade para seguir construíndo un municipio no que a xente nova poida desenvolver os seus proxectos de vida.

🎓 Máis oportunidades de formación, con 60.000 € para ampliar a oferta universitaria da UNED.

⚽ 200.000 € para apoiar o deporte local e seguir fomentando hábitos saudables.

📚 20.000 € en axudas para libros e material escolar.

🏡 Novos espazos socioculturais para dinamizar as parroquias e favorecer a participación.

🚀 Investimentos e desenvolvemento económico para impulsar un municipio con máis actividade e oportunidades.

Queremos unha Ponteareas na que a mocidade poida estudar, traballar, emprender, practicar deporte, participar e, sobre todo, construír o seu futuro sen ter que marchar por falta de oportunidades.

💙 Desde o Partido Popular de Ponteareas, con Nava Castro á fronte, seguimos traballando por un municipio moderno, dinámico e con futuro para todas as xeracións.

A mocidade merece oportunidades. Ponteareas merece futuro. E ese futuro constrúese hoxe.

💙 PONTEAREAS AVANZA CON PLANIFICACIÓN, ESTABILIDADE E UN PROXECTO DE FUTURO.

📊 2️⃣4️⃣,9️⃣ MILLÓNS DE EUROS: O MAIOR ORZAMENTO DA HISTORIA DE PONTEAREAS PARA 2027.

📑 Ter orzamentos non é un simple trámite administrativo. É unha condición fundamental para poder planificar, investir, mellorar os servizos públicos e responder ás necesidades da veciñanza.

⚠️ Durante a anterior etapa de goberno do BNG/PSOE, con Cristina Fernández, Ponteareas funcionou con orzamentos prorrogados. Unha situación que dificultou a planificación e a posta en marcha de actuacións, mentres numerosas necesidades do municipio seguían sen recibir a atención necesaria.

✅️ Hoxe a situación é diferente: catro exercicios consecutivos elaborando os orzamentos en tempo e forma. Unha aposta pola estabilidade, a previsión e a organización dos recursos públicos.

🏗️ MÁIS DE 2️⃣,7️⃣ MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS para impulsar proxectos fundamentais:

🔹 Nova biblioteca municipal.
🔹 Centros de día en Xinzo e Guláns.
🔹 Centros socioculturais en Padróns e Pías.
🔹 Melloras en saneamento e abastecemento.
🔹 Renovación da Praza Bugallal e da Baixada de San Gregorio.
🔹 Impulso ao mercado Mercatea e ao desenvolvemento empresarial.

💙 Máis recursos para atención social, familias, educación, deporte e servizos municipais.

A alcaldesa Nava Castro Domínguez, xunto ao concelleiro de Facenda, Francisco Jesus Represas Carrera , presenta unhas contas que buscan transformar a planificación en investimentos e os compromisos en actuacións concretas.

Porque gobernar tamén é prever. Porque investir require planificación. E porque un municipio non pode avanzar sen unha folla de ruta e sen os recursos necesarios para facela realidade.

💙 OS ORZAMENTOS SON A FERRAMENTA DO PROGRESO. PONTEAREAS NECESITA PLANIFICACIÓN, INVESTIMENTOS E COMPROMISOS CUMPRIDOS.

PONTEAREAS AVANZA CON FEITOS E CON FUTURO.

Dirección

Vidales Tome 1, Local 3
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Novas Xeracións Ponteareas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Novas Xeracións Ponteareas:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos