05/11/2026
Dende a Plataforma cidadá en Defensa da Sanidade Pública, infórmase de que xa está cuberta a praza de medicina de familia no Centro de Saúde da Pobra do Brollón. 👏👏
Grazas ás veciñas e veciños que se mobilizaron en defensa dunha atención sanitaria digna e de calidade para o noso municipio, algo que non se estaba a garantir tras a xubilación dun facultativo en setembro de 2025.
Congratúlanos a boa noticia, sen esquecernos de que continúa sen cubrirse a praza de pediatra, nin dos recortes que están a afectar o Centro de Día da Pobra do Brollón. ⚠
Dende o goberno municipal seguiremos en alerta, apoiando as mobilizacións e esixindo que se cumpran os dereitos da veciñanza da Pobra do Brollón.
[Na foto, manifestación do pasado 25 de agosto diante do Centro de Saúde da Pobra do Brollón.]