Concello de Salceda de Caselas

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Salceda de Caselas Espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas en Facebook.

🌸 Obradoiros de Autocoidado e Igualdade nas Parroquias de Salceda! 🌸Chegan ás nosas parroquias uns obradoiros moi especi...
31/10/2026

🌸 Obradoiros de Autocoidado e Igualdade nas Parroquias de Salceda! 🌸

Chegan ás nosas parroquias uns obradoiros moi especiais pensados para dedicarnos tempo, conectar e coidarnos. Un espazo de encontro entre veciñas e veciños para compartir momentos, traballar a respiración, o autocoidado e promover a igualdade.
✨ Que faremos?
Sesións de 2 horas de duración. Dinámicas de autocoidado, respiración e benestar. Espazos para compartir e reflexionar xuntas/os.
👥 A quen vai dirixido?
A maiores de 16 anos. Haberá un obradoiro en cada parroquia!
📌 Proxecto subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

30/10/2026

🌿 O obradoiro Salceda Verde, no seu grupo de forestal, está a realizar prácticas na zona da Noveleira, en Santa María de Salceda.

🌱 As alumnas e os alumnos do obradoiro practicaron o desbroce en chan chanzo e o desbroce en paredes case verticais das parcelas deste espazo.

🧹 Este é só un dos traballos que está a realizar este obradoiro para manter as nosas zonas verdes.

30/10/2026

🎃 En Salceda xa está todo preparado para vivir o Samaín!

👻 O Servizo de Atención Temperá, o Servizo de Pedagoxía e a Biblioteca Municipal teñen todo listo para celebrar estas datas coa cativada.

🕸️ As ANPAS tamén están ultimando os preparativos das súas actividades, nas que colabora o Concello para que as nenas e os nenos poidan g***r desta celebración.

🧙‍♀️ Dende o Concello xa estamos rematando todos os detalles para un dos eventos infantís máis populares do ano: a pasaxe do terror!

🧹 Coa chegada do Día de Todos os Santos, estanse a realizar traballos de limpeza e mantemento nos cemiterios das sete pa...
30/10/2026

🧹 Coa chegada do Día de Todos os Santos, estanse a realizar traballos de limpeza e mantemento nos cemiterios das sete parroquias para que estes espazos estean en boas condicións nestas datas tan sinaladas.

🌿 Unha actuación necesaria para coidar estes lugares de lembranza e respecto, que estes días recibirán a visita de moitas persoas.

📣 Velaquí a axenda ‘Salceda Móvese’ desta fin de semana.😊A non perder!
30/10/2026

📣 Velaquí a axenda ‘Salceda Móvese’ desta fin de semana.
😊A non perder!

👉 A non perder o vindeiro 20 de setembro o contacontos para todos os públicos!Presentamos 'Elas', un contacontos marabil...
30/10/2026

👉 A non perder o vindeiro 20 de setembro o contacontos para todos os públicos!

Presentamos 'Elas', un contacontos marabilloso✨

Forma parte da iniciativa 'Sensibilizar para Protexer a Cultura no Rural'.

📍 Centro Cultural de O Coto (Budiño)
📅 01/11 (domingo)
⏰ 17 h

29/10/2026

🏘️ A construción das 32 vivendas públicas protexidas no PERI da Gándara está cada vez máis preto.

📅 O proxecto atópase en fase de licitación ata o 11 de decembro. A previsión é que as obras comecen no primeiro semestre de 2027.

📝 Se estás interesado ou interesada en acceder a unha destas vivendas, lembra que é importante inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia: https://f.mtr.cool/gedzbhgcqq

29/10/2026

📚 Esta semana entregamos os diplomas do Curso de Introdución á Lingua e Cultura Galegas, impartido no noso Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua.

🌍 Unha formación gratuíta de 20 horas na que participaron persoas procedentes de Arxentina, Uruguai, Colombia e Marrocos, que tiveron a oportunidade de achegarse ao noso idioma e coñecer mellor a cultura e as tradicións de Galicia.

👏🏽Parabéns a todas as persoas participantes por dar este paso para achegarse á lingua galega!

🎶 A música coral volve ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas coa XV Mostra de Corais!📅 Este sábado, 31 de outubro...
29/10/2026

🎶 A música coral volve ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas coa XV Mostra de Corais!

📅 Este sábado, 31 de outubro, ás 20 h, poderemos g***r dunha nova xornada de música coa participación da Coral Polifónica Santa Cruz de Ribadulla, a Coral Vila do Conde (Portugal) e a Coral Polifónica de Entenza.

🎼 Unha oportunidade para g***r da música coral e compartir unha tarde de cultura na nosa vila.

👉 A non perder o vindeiro 31 de outubro o espectáculo de títeres para público familiar.Presentamos 'Costureiriña bonita'...
29/10/2026

👉 A non perder o vindeiro 31 de outubro o espectáculo de títeres para público familiar.

Presentamos 'Costureiriña bonita'✨

Forma parte da iniciativa 'Sensibilizar para Protexer a Cultura no Rural'.

📍 Centro Cultural A Feira
📅 31/10 (sábado)
⏰ 21.30h

Dirección

Praza Do Concello S/n
Salceda
36471

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Salceda de Caselas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Salceda de Caselas:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Salceda de Caselas

Ver Todo