Socialistas Santiago de Compostela

Cómo llegar Página web

Socialistas Santiago de Compostela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Socialistas Santiago de Compostela, Organización política, Santiago de Compostela.

14/11/2026

🍂 De magosto en magosto!

Hoxe compartimos a tarde coa veciñanza de Angrois e do Castiñeiriño. Grazas por acollernos sempre con tanto agarimo! ❤

13/11/2026

🌰🍂 Que ben o pasamos no magosto de Santa Marta!

Castañas, boa compañía e moitas ganas de seguir facendo barrio! ❤️

12/11/2026

✊🌹 Onte saímos ás rúas de Santiago para defender o que é de todos e todas: unha vivenda digna, salarios xustos e dereitos laborais.

Porque queremos vivir con dignidade, non só sobrevivir.

Os dereitos conquístanse e deféndense! ❤️

🏘️ Menos axudas e só dous días para xustificalas.O Goberno de Sanmartín tardou meses en aprobar as subvencións ás asocia...
10/11/2026

🏘️ Menos axudas e só dous días para xustificalas.

O Goberno de Sanmartín tardou meses en aprobar as subvencións ás asociacións veciñais e agora déixalles un prazo insuficiente para xustificar os gastos, coincidindo ademais coa folga xeral.

📉 8.000 € menos no orzamento da convocatoria.

📢 Esiximos que se amplíe o prazo de xustificación. As asociacións veciñais non poden pagar as consecuencias da mala xestión municipal.

🚨 8,7 millóns de euros de fondos europeos en risco para Santiago.A mala xestión do Goberno de Sanmartín pode custarlle á...
06/11/2026

🚨 8,7 millóns de euros de fondos europeos en risco para Santiago.

A mala xestión do Goberno de Sanmartín pode custarlle á cidade parte destes recursos.

📅 O 31 de marzo de 2027, o Concello deberá ter xustificados polo menos 1,74 millóns de euros. Porén, dos grandes proxectos do Plan Horizonte Compostela, só García Lorca está en execución.

❌ Santiago non pode permitirse perder esta oportunidade para transformar a cidade pola falta de execución do Goberno municipal.

🔴 A Xunta de Rueda está fallando ao alumnado que máis apoio necesitaDous alumnos do CEE da Barcia levan todo o curso sen...
05/11/2026

🔴 A Xunta de Rueda está fallando ao alumnado que máis apoio necesita

Dous alumnos do CEE da Barcia levan todo o curso sen poder acudir ás clases por falta de transporte adaptado. Ademais, os atrasos nas rutas provocan a perda de sesións educativas e terapéuticas.

❌ Unha situación intolerable que esixe solucións inmediatas.

🏛️ Levaremos estas demandas ao Parlamento galego. O transporte escolar debe adaptarse ás necesidades do alumnado, non ao revés.

02/11/2026

👆🏼Que fixo o señor Borja Verea como deputado no Parlamento de Galicia polo SAF?

🏛️ Que levamos ao Pleno de outubro?🏠 Vivenda, desenvolvemento industrial, financiamento da capitalidade e melloras nos b...
02/11/2026

🏛️ Que levamos ao Pleno de outubro?

🏠 Vivenda, desenvolvemento industrial, financiamento da capitalidade e melloras nos barrios centraron as iniciativas que presentamos desde o Grupo Municipal Socialista.

Tamén trasladamos demandas da veciñanza sobre accesibilidade, mantemento dos espazos públicos, transporte urbano e conservación do patrimonio.

📲 Desliza para coñecer todas as nosas propostas para Santiago.

🅿️ Máis atrasos e menos xestión nos aparcadoiros de Santiago.Catro meses despois de que a comisión dese o visto e prace ...
20/10/2026

🅿️ Máis atrasos e menos xestión nos aparcadoiros de Santiago.

Catro meses despois de que a comisión dese o visto e prace á municipalización dos aparcadoiros de Praza de Vigo e Praza de Galicia, o goberno de Sanmartín segue sen avanzar e agora aproba unha nova prórroga na xestión do primeiro.

❌ Unha falta de planificación que impide mellorar as instalacións, ofrecer tarifas máis competitivas e apoiar o comercio local e a mobilidade da veciñanza.

Canto máis vai ter que agardar Santiago?

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Socialistas Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos