29/10/2026
.
🧹💦 CONTINUAMOS MELLORANDO A LIMPEZA DAS RÚAS DE VIANA DO BOLO
🧹💦 Hoxe comezaron os traballos de limpeza do pavimento das rúas da nosa vila mediante o uso dunha máquina de limpeza a presión, actuando sobre a sucidade acumulada no chan, eliminando restos e manchas difíciles e contribuíndo a mellorar o aspecto e conservación dos espazos públicos,
🧹💦 Os primeiros traballos leváronse a cabo nos soportais, unha zona de paso habitual para a veciñanza, onde xa se pode apreciar un resultado espectacular, cunha notable mellora no aspecto e na limpeza do pavimento.
💚💚 Seguimos traballando para ter unha Viana do Bolo máis limpa, coidada e agradable para toda a veciñanza.