10/11/2026
.
🟣🪜 25N | A ESCALEIRA DA VIOLENCIA MACHISTA
🟣🪜 Comezamos coa programación con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, poñendo o foco na prevención e na sensibilización a través dunha acción moi especial: a Escaleira da Violencia Machista, elaborada nos obradoiros de mulleres do programa municipal Poñémonos Moradas.
🟣🪜 Unha iniciativa que nos invita a reflexionar, identificar e recoñecer os diferentes comportamentos que conforman a violencia machista. Porque esta non aparece de súpeto: moitas veces comeza con actitudes que se normalizan ou se xustifican, como os celos, o control, o illamento, a chantaxe emocional, as humillacións ou a perda progresiva de liberdade e autonomía. Condutas que poden ir aumentando en gravidade e desembocar en situacións de violencia cada vez máis extremas.
📊📊 As cifras amosa que estamos ante unha realidade que non podemos ignorar:
🇪🇸 EN ESPAÑA:
➡️ 44 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que levamos de 2026.
➡️ 35 menores quedaron orfos e orfas como consecuencia destes asasinatos neste ano.
➡️ Dende 2003, ano no que comezaron os rexistros oficiais, son xa 1.385 as mulleres asasinadas por violencia de xénero.
➡️ Dende 2013, 545 menores quedaron orfos e orfas por esta causa.
🌍 A NIVEL MUNDIAL:
➡️ Preto de 840 millóns de mulleres e nenas, aproximadamente unha de cada tres, sufriron violencia física ou sexual ao longo da súa vida.
➡️ Só no último ano, uns 316 millóns de mulleres de 15 ou máis anos sufriron violencia física ou sexual por parte da súa parella.
📊📊 Os datos poñen de manifesto que non estamos ante feitos illados, senón ante un problema estrutural e global que atravesa fronteiras, culturas e xeracións.
🟣🪜 Accións como esta escaleira son necesarias para visibilizar o que moitas veces permanece oculto, romper coa normalización de determinadas condutas, educar na igualdade e contribuír a construír relacións baseadas no respecto, na liberdade e na confianza.
🟣🪜 Porque identificar a violencia é o primeiro paso para combatela.
🟣🪜 Porque ningunha muller debería ter que subir esta escaleira!!