Confapa-Galicia

Cómo llegar Página web

Confapa-Galicia Confederación galega de ANPAS de centros públicos, foi fundada no ano 1.987 polas Fed. Prov. de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Integrada en CEAPA. CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos) é unha entidade social, galega, non confesional, progresista e independente, sen ánimo de lucro, fundada no ano 1987 polas Federacións Provinciais de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que traballa por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, democratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia. Somos a maior Confederación de ANPAs de Galicia, pois agrupamos a preto de 600 Asociacións de Nais e Pais do Alumnado, exclusivamente de Centros Públicos, asociadas as nosas catro federacións provinciáis, o que supón máis de 75.000 familias, coas que traballamos por unha escola pública de calidade, lograr o éxito escolar do todo o alumnado, democratizar o Ensino e mellorar as condicións da Infancia. Por iso somos o interlocutor principal das nais e país ante a Xunta de Galicia nas súas negociacións sobre as accións e políticas a impulsar no sistema educativo. O noso domicilio está na rúa Orzán nº 21 de A Coruña, nun edificio cedido polo Concello desta cidade e que compartimos coa Federación Provincial da Coruña e o Consello Escolar Municipal. CONFAPA-GALICIA ten por obxecto:

A) Acadar un ensino de alta calidade, gratuíto e que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos da convivencia e aos dereitos e liberdade, ao abeiro do que determina a Constitución Española de 1978 así como a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. B) Coordinar a actuación das Federacións Provinciais nela integradas en orde á mellor consecución dos seus obxectivos. C) Representar ás Federacións asociadas ante a Administración Autónoma de Galicia e ante a Administración Central do Estado. D) Fomentar o desenvolvemento das ANPAs e das Federacións constituídas por istas, promovendo cantas actividades sexan precisas, así como facilitando información e asesoramento ás ANPAs e Federacións. E) Promover a participación das nais e pais de alumnos a través das ANPAs e Federacións destas nos órganos de goberno dos Centros Públicos e nos órganos de participación na Administración Educativa que a lexislación vixente determine. F) Potenciar a lingua e cultura galegas. G) Establecer relacións coas Federacións de ANPAs doutras Comunidades Autónomas e coa Confederación Española de ANPAs (CEAPA) e a Confédération Européenne des Parents de l'École Publique, (CEPEP)
H) Dar pulo á formación de nais e pais de alumnos e ao diálogo pais-docentes-equipos directivos. I) Promover todo tipo de accións para que os grupos socialmente marxinais por motivos de etnia, diminución física, psíquica, sensorial ou de calquera outro tipo, sexan integrados nos Centros Educativos e admitidos con total normalidade na Comunidade Educativa. Asemade potenciar calquera actividade que conduza á que a planificación dos programas educativos dea resposta á integración social, laboral, cultural e económica dos grupos citados. J) Facilitar asesoramento legal a todos os membros asociados e, no seu caso, promover as correspondentes accións administrativas ou xudiciais tendentes a garantir os intereses e dereitos recoñecidos legalmente. K) Promoción do uso do SOFTWARE LIBRE no sistema educativo público, tanto a nivel administrativo como na docencia, debido ao aforro que implica e ao pulo que supón para o desenvolvemento tecnolóxico. Ademáis da nosa actividade conxunta entre as Federacións Provinciais, participamos a nivel estatal en CEAPA (Confederación Española de ANPAs) como integrantes do seu Consello Autonómico sendo a referencia galega a través da Vocalía de Galicia na Xunta Directiva. O Vocal de Galicia, fói elexido recentemente membro da Comisión Permanente de CEAPA. Estamos presentes a través dos nosos asociados:
-No Consello Escolar de Galicia
-No Consello Escolar do Estado
-Nos Consellos Escolares Municipais
-Nas Comisións Escolares de Comedores
-Nas Comisións de Escolarización (Ed.Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos)
-No Observatorio Autonómico de Convivencia
-Nos Plans de Apoio ás familias
-Nas Comisións de Rutas Literarias, Rutas Científicas, etc.
-Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia.
-Alianza Social Galega

GRAZAS ÁS NOSAS REIVINDICACIÓNS, estes son só algúns dos logros de CONFAPA-GALICIA:

-Gratuidade dos libros de texto
-Acompañantes no transporte escolar e supresión das prazas de 2+1 nos autobuses.
-Apertura de comedores na escola pública a toda a comunidade educativa e aceptación das alumnas e alumnos de tres anos.
-Apertura de centros fóra do horario lectivo para o desenvolvemento de actividades lúdico-educativas.
-Elaboración de plans de convivencia e participación dun delegado de cada ANPA no Observatorio de Convivencia Escolar nos distintos Centros.
-Pese a considerar que os comedores escolares deben estar directamente xestionados pola Consellería de Educación, solicitamos axudas ao servizo de comedor escolar (Xunta e Concellos) postos en funcionamento e xestionados polas Anpas.
-Axudas para o servizo de almorzo/madrugadores nos Centros Públicos.
-Incidimos nunha maior dilixencia na cobertura de baixas docentes e persoal complementario nos centros públicos.
-Insistencia diante das distintas Administracións para a mellora nas instalacións e equipamentos dos centros públicos.
-Decreto do galego.
-Voto de nai e pai -ámbolos dous- nos Consellos Escolares

-Cunprimento das Leis Educativas esixindo un representante directo da ANPA no Consello Escolar de cada centro.
-Ampliación de horario de actividades en setembro e xuño (conciliación familia-traballo)
-Vixiancia e coidado de nenas e nenos dez minutos antes do horario propiamente escolar
-Subvencións ás Federacións e Confederacións
-Subvencións ás ANPAs para a realización de actividades extraescolares. OBXECTIVOS:

-Basearnos na comunicación e na participación. Dar a coñecer a todas as ANPAs, sobre todo ás do rural, que é CONFAPA-GALICIA. Non podemos esquecer que para moitas das familias asociadas é unha entelequia: hailles que transmitir que CONFAPA é o instrumento máis forte e máis útil para negociar coas administracións, dado o prestixio de que goza desde hai anos.

-Transmitirlles que se as distintas Federacións Provinciais son as súas representantes, a unión de todas as Federacións Provinciais é a máxima representación coa que contan as nais e os pais.

-Apoiar todas as xustas reivindicacións das ANPAs do rural, que son nestes momentos as que están a sofrir os maiores recortes e as máis desprotexidas pola dispersión demográfica que existe nestas zonas. É importante incidir nas súas reivindicacións no que se refire á falta de especialistas e aos problemas no transporte escolar. A escolarización gratuita de 0 a 18 anos dentro da rede pública, incluíndo as actividades complementarias e extraescolares, os libros e demais materiais, así como os servizos de comedor e transporte. Unha escola democrática e participativa, coa intervención na súa xestión de nais, pais e alumnado mediante as súas asociacións. O éxito escolar de todos os nenos e pícaras, mediante unha educación que atenda á diversidad e garanta a igualdade de oportunidades. Unha educación humanista e científica, orientada ao pleno desenvolvemento da personalidade e ao fomento de hábitos intelectuais e de traballo, e do espírito crítico. Unha escola moderna, orientada á adquisición de competencias básicas por parte do alumnado e que utilice as tecnoloxías da información e a comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe. Unha escola que forme no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, nos valores da paz e a solidariedade, e no exercicio da tolerancia e a liberdade. Unha escola laica, onde o adoctrinamiento estea totalmente desterrado. Unha educación obligatoria que capacite para o exercicio dunha profesión ou para a continuación de estudos superiores, dentro dunha concepción ampla de "formación ao longo de toda a vida", así como para o goce do lecer. Unha escola alegre e divertida.

A participación das familias nos consellos escolares contribúe a unha escola pública máis democrática e comprometida coa...
30/09/2026

A participación das familias nos consellos escolares contribúe a unha escola pública máis democrática e comprometida coa súa comunidade educativa.

Desde CONFAPA Galicia animamos as familias a presentar a súa candidatura e a participar na votación para elixir as súas persoas representantes.

Consulta os prazos e o procedemento electoral no teu centro. Para informarte e orientarte, conta coa túa ANPA e coa túa Federación.

📣 Bono Concilia Familia 2026Xa está aberto o prazo para solicitar estas axudas destinadas ás familias con necesidades pu...
10/09/2026

📣 Bono Concilia Familia 2026

Xa está aberto o prazo para solicitar estas axudas destinadas ás familias con necesidades puntuais de conciliación ou durante os períodos de vacacións escolares.

📅 Prazo: ata o 9 de outubro ás 14:00 h.

As axudas poden cubrir gastos de coidado no fogar, atención á infancia a domicilio, servizos de conciliación autorizados, ludotecas e campamentos ou recursos colectivos privados.

💶 A contía pode alcanzar ata o 100 % ou o 75 % do gasto, segundo as circunstancias familiares e cos límites establecidos na convocatoria.

⚠️ Unha cuestión que consideramos necesario aclarar

As bases exclúen os campamentos organizados directa ou indirectamente polas administracións públicas. Porén, non aclaran suficientemente como afecta esta exclusión aos programas organizados polas ANPAs ou federacións que reciben algún tipo de financiamento público.

Ante a falta de resposta da Administración á consulta formulada, existe o risco de que estes programas sexan considerados excluídos. Desde CONFAPA Galicia entendemos que esta interpretación sería inxusta, pois podería deixar sen axuda precisamente ás familias que participan en servizos promovidos por entidades sen ánimo de lucro para facilitar a conciliación e manter prezos accesibles.

Reclamamos unha aclaración expresa e unha aplicación das bases que non prexudique estas familias.

💻 Solicitude exclusivamente electrónica na sede da Xunta de Galicia.

🔎 Procedemento BS412A
👉 Máis información: sede.xunta.gal

Calendario escolar de Galicia | Curso 2026/27Compartimos as principais datas lectivas e non lectivas do curso escolar 20...
10/09/2026

Calendario escolar de Galicia | Curso 2026/27

Compartimos as principais datas lectivas e non lectivas do curso escolar 2026/27.

Lembrade consultar tamén os festivos locais do voso concello e os días non lectivos solicitados por cada centro educativo.

Fonte oficial: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Orde do 4 de xuño de 2026, publicada no DOG do 15 de xuño.

Arrinca un novo curso nos centros educativos galegos!E desde CONFAPA Galicia queremos darvos a benvida!!!Volvemos coa fo...
08/09/2026

Arrinca un novo curso nos centros educativos galegos!
E desde CONFAPA Galicia queremos darvos a benvida!!!

Volvemos coa forza de familias de toda Galicia para seguir traballando por unha educación pública que garanta as mesmas oportunidades a todo o alumnado: profesorado e recursos suficientes, atención á diversidade e centros seguros, accesibles e dignos.

💙 Un novo curso, unha mesma defensa: a escola pública.

Hoxe, 25 de xullo, Galicia detense por un intre para celebrar a súa identidade, a súa diversidade e todo o que nos une c...
25/07/2026

Hoxe, 25 de xullo, Galicia detense por un intre para celebrar a súa identidade, a súa diversidade e todo o que nos une como pobo.

Desde CONFAPA Galicia queremos recoñecer o papel das familias, da comunidade educativa e da escola pública na construción dunha sociedade máis xusta, participativa e solidaria.

Galicia é memoria e patrimonio, pero tamén é presente e futuro. Está nas nosas vilas e cidades, no noso mar, nas nosas montañas e, sobre todo, nas persoas que a fan medrar cada día.

As familias somos as encargadas de conservar o noso patrimonio cultural e de transmitilo ás nosas fillas e fillos, do mesmo xeito que xeracións anteriores nolo transmitiron a nós. Porque cada palabra, cada tradición e cada valor compartido son parte da Galicia que deixaremos mañá.

Neste Día de Galicia, celebremos o orgullo de pertencer, de compartir e de seguir construíndo, entre todas e todos, unha Galicia con máis futuro.

Feliz Día de Galicia! 💙

📢 CONFAPA Galicia presenta unha reclamación ante a Xunta de Galicia para solicitar a revisión da convocatoria da nova ax...
03/07/2026

📢 CONFAPA Galicia presenta unha reclamación ante a Xunta de Galicia para solicitar a revisión da convocatoria da nova axuda de 150 € para familias usuarias do servizo de comedor escolar.

Valoramos positivamente esta medida de apoio ás familias, pero consideramos que a convocatoria debe mellorarse para ser máis xusta e non trasladar novas cargas ás entidades das familias.

🔹 Defendemos un comedor escolar universal e gratuíto na escola pública, como servizo esencial para a educación, a conciliación e o apoio ás familias.

🔹 Reclamamos un sistema de concesión máis xusto, no que, ademais da renda, se valore a necesidade real de conciliación familiar e laboral, acreditada documentalmente. A orde de presentación das solicitudes non debería ser un dos criterios determinantes para conceder a axuda.

🔹 Manifestamos o noso profundo malestar pola carga administrativa que esta convocatoria impón ás ANPA e ás federacións, entidades sostidas maioritariamente polo voluntariado e, na maioría dos casos, sen persoal administrativo.

🔹 Solicitamos tamén que as facturas do comedor poidan presentarse como alternativa á certificación da entidade xestora e que esta posibilidade sexa comunicada de forma clara ás familias.

🤝 Seguiremos colaborando coa Administración e traballando polas familias e pola escola pública, pero o voluntariado non pode asumir responsabilidades que corresponden á Administración.

💙 Quen somos?Somos CONFAPA Galicia, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos.Desde 1987 representamos ás fami...
02/07/2026

💙 Quen somos?

Somos CONFAPA Galicia, a Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos.

Desde 1987 representamos ás familias da escola pública galega, defendendo unha educación pública, gratuíta, inclusiva, democrática e de calidade.

Traballamos para que as familias teñan voz, apoiando ás ANPAs a través das nosas federacións provinciais de A Coruña, Ourense e Pontevedra, promovendo a participación e representando os seus intereses ante as administracións.

Actualmente representamos a máis de 600 ANPAs e a máis de 75.000 familias, porque estamos convencidos de que unha comunidade educativa forte constrúese coa implicación de todas e todos.

Somos unha organización laica, participativa, solidaria, comprometida coa igualdade, neutral politicamente e defensora da neutralidade ideolóxica.

💙 Unidos pola escola pública!!!

📚 Aberto o prazo para solicitar o Fondo Solidario de Libros e as Axudas para Material Escolar do curso 2026-2027!🗓️ Praz...
19/05/2026

📚 Aberto o prazo para solicitar o Fondo Solidario de Libros e as Axudas para Material Escolar do curso 2026-2027!

🗓️ Prazo de solicitude:
➡️ Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026

👩‍🏫 Dirixido ao alumnado de:
✔️ Educación Primaria
✔️ ESO
✔️ Educación Especial

📖 Que inclúe?
✅ Fondo solidario de libros de texto
✏️ Axudas para material escolar
🛒 Axudas para compra de libros

📌 As solicitudes poden presentarse:
💻 A través da sede electrónica da Xunta de Galicia
🏫 Ou presencialmente no centro educativo

📄 Lembra revisar toda a documentación necesaria antes de presentar a solicitude.

🔗 Máis información:
https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=ED330B

📣 Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas NEAE do curso 2026-2027.🗓️ Prazo:➡️ Inicio: 19 de maio de 202...
19/05/2026

📣 Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas NEAE do curso 2026-2027.

🗓️ Prazo:
➡️ Inicio: 19 de maio de 2026
➡️ Fin: 10 de setembro de 2026 ás 15:00 h

Dirixidas ao alumnado que precise apoios educativos específicos por:
• Discapacidade
• TEA
• Trastornos graves da comunicación e da linguaxe
• Necesidades asociadas a altas capacidades intelectuais

✅ Inclúen axudas para:
🍽️ Comedor escolar
🚍 Transporte
📚 Ensino
🗣️ Reeducación pedagóxica e da linguaxe
💶 Subsidios complementarios

📌 As solicitudes realízanse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

🔗 Información oficial:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2026.html

No Día das Letras Galegas celebramos moito máis ca unha lingua: celebramos a memoria compartida dun pobo, a voz que atra...
17/05/2026

No Día das Letras Galegas celebramos moito máis ca unha lingua: celebramos a memoria compartida dun pobo, a voz que atravesa xeracións e o fío invisible que une pasado, presente e futuro.

O galego naceu do mar, da terra e das mans de quen nos precederon. Viviu nas cantigas, nos libros, nas escolas, nas rúas e nos fogares. É a lingua coa que aprendemos a nomear o mundo, a transmitir afectos e a conservar viva a nosa identidade colectiva.

Cada palabra en galego leva consigo historia, cultura e pertenza. Porque unha lingua non é só unha forma de comunicarse: é tamén unha maneira de sentir, de crear e de mirar a realidade desde as nosas propias raíces.

As familias e a comunidade educativa teñen un papel fundamental neste legado. O galego medra nas aulas, nos patios, nos contos antes de durmir, nas conversas cotiás e en cada neno e nena que descubre nela unha lingua viva e chea de futuro.

Dende CONFAPA Galicia renovamos o noso compromiso coa defensa da lingua galega, da educación e da cultura como piares fundamentais dunha sociedade máis consciente, plural e unida.

Porque mentres haxa unha voz que o fale, unha familia que o transmita e unha infancia que o faga seu, o galego seguirá florecendo co mesmo latexo eterno da nosa terra.

Dirección

A Coruña
15003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Confapa-Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos