Biblioteca da Deputación da Coruña

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Biblioteca da Deputación da Coruña Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Estamos ao teu carón.
Horario:
De luns a venres de 08:30 a 20:30; e sábado de 09:00 a 14:00

EBIBLIODACORUNA, BIBLIOTECA PATRIMONIAL E BIBLIOTECA INSTITUCIONAL
981415175 www.dacoruna.gal/biblioteca Información á comunidade, préstamo, hemeroteca, fonoteca, bebeteca, sección infantil e xuvenil, actividades, préstamo de libros electrónicos e visitas guiadas pola Biblioteca para todos os concellos da provincia da Coruña.

 |Heroes conta a historia dun mozo que se encerra no seu cuarto para vivir fóra dun mundo sen alicientes e dentro das ca...
20/11/2026

|

Heroes conta a historia dun mozo que se encerra no seu cuarto para vivir fóra dun mundo sen alicientes e dentro das cancións. Unha moza loura, amigos, viaxes que lle levan lonxe do que non quere ver... todo está nese cuarto, ese territorio propio no que el está sempre só. No exterior, as cousas xa non son como lle gustarían, non lle interesa a madurez. É unha estrela que unicamente sairá convertido nun anxo.

Escrita cunha prosa espida, aforística, e cunha linguaxe cinematográfica, Heroes é unha novela herdeira de David Bowie e da poesía do "rock and roll" que se converteu, desde a súa publicación en 1993, nunha obra de culto para toda unha xeración.

📖Héroes, de Ray Loriga, en
🔁Na Biblioteca Provincial coa sinatura S 860-31 LOR her

🤔E ti, que vas ler esta finde?

--


Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

eBiblioDaCoruna Club Lector📚 Estreamos lectura no club en liña!Do 19 de novembro ao 11 de decembro lemos e comentamos xu...
19/11/2026

eBiblioDaCoruna Club Lector

📚 Estreamos lectura no club en liña!

Do 19 de novembro ao 11 de decembro lemos e comentamos xuntos "84, Charing Cross Road", a emocionante obra epistolar de Helene Hanff.

Esta obra recolle a correspondencia real que a autora mantivo durante vinte anos desde Nova York con Frank Doel, xefe de compras dunha libraría de vello londiniense. Unha historia real sobre o amor polos libros, a xenerosidade nos tempos difíciles da posguerra e as amizades que nacen grazas á palabra escrita.

✅ Actividade gratuíta e 100 % en liña (aberta 24/7).
✅ Acceso inmediato ao libro dentro da plataforma, sen listas de agarda.
✅ Só precisas ser usuario/a de eBiblioDaCoruna.

Entra na sala Compartindo lecturas e participa ao teu ritmo nos foros, chats e espazos de citas!

🔗 Máis información e acceso: dacoruna.gal/biblioteca
📞 Dúbidas ou altas: 981 080 176 | [email protected]

Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

❤️📚 Grazas por serdes o corazón das nosas bibliotecas!📆O pasado venres, máis de 60 profesionais das bibliotecas da provi...
17/11/2026

❤️📚 Grazas por serdes o corazón das nosas bibliotecas!

📆O pasado venres, máis de 60 profesionais das bibliotecas da provincia da Coruña xuntámonos no Pazo de Mariñán na II Xornada de Bibliotecas da Deputación.

🤖Baixo o lema "Novas tecnoloxías nas bibliotecas: retos, riscos e oportunidades", compartimos aprendizaxes sobre o uso da Intelixencia Artificial, as redes sociais ou o servizo eBiblioDaCoruna.

🫂Pero, por riba de todo, puxemos en valor o que ningunha tecnoloxía pode substituír: a vosa proximidade, a creación de comunidade e a calor humana que lle dades a cada espazo e club de lectura.

🤗Grazas ás persoas relatoras polas súas achegas e un agradecemento enorme a todas vós, por facer das bibliotecas da nosa provincia lugares vivos, acolledores e insubstituíbles. ✨📖

 |A protagonista desta novela volta á casa logo de moito tempo, para descubrir que a súa nai xa non volveu en si despois...
13/11/2026

|
A protagonista desta novela volta á casa logo de moito tempo, para descubrir que a súa nai xa non volveu en si despois dunha cirurxía. Ante a imposibilidade dunha reconciliación, ela deberá confrontar consigo mesma os silencios que se teceron entrambas e restaurar por medio da escritura o vínculo deteriorado polas súas ausencias.

Neste relato íntimo e conmovedor, composto por notas, estampas, memorias e citas, hai unha profunda análise da complexa relación dunha filla coa súa nai, o amor, os desencontros e as tensións que desbordan a linguaxe. Unha auténtica viaxe ao interior da balea mítica que, como no relato de Xonás, devora á protagonista na súa fuxida para levala aos abismos da morte, o dó e o desacougo, onde se pon de manifesto que en ocasións é preciso desobedecer os mandatos para elixir un camiño distinto ao establecido.

📖Notas desde el interior de la ballena, de Ave Barrera, en
🔁Na Biblioteca Provincial coa sinatura 3A/7590

🤔E ti, que vas ler esta finde?

--


Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

📚 Estreamos encontros na sala de galego do eBiblioDaCoruna Club Lector!E facémolo pola porta grande, cunha das obras fun...
12/11/2026

📚 Estreamos encontros na sala de galego do eBiblioDaCoruna Club Lector!

E facémolo pola porta grande, cunha das obras fundamentais da nosa literatura: Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo ✨

Acompáñanos a comentar a viaxe vital e identitaria de Adrián Solovio por Europa e Galicia, nesta novela considerada a «biografía espiritual» da Xeración Nós. Unha hora para compartir impresións, descubertas e boa conversa arredor dos libros.

🗓️ Cando? Xoves, 26 de novembro
🕗 Hora: 20:00 h (duración: 1 h)
💻 Onde? En liña a través de Google Meet (Sala Arredor dos libros)
🔗 Acceso e máis info: meet.google.com/mch-mfjh-fpu

Aínda non o liches? Lembra que podes tomalo en préstamo de balde na nosa plataforma dixital! Agardámoste! 👋📖




Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

 |Por mor da Folga xeral, convocada para mañá 11 de novembro, os horarios de apertura e a prestación de servizos da Bibl...
10/11/2026

|
Por mor da Folga xeral, convocada para mañá 11 de novembro, os horarios de apertura e a prestación de servizos da Biblioteca Provincial, poden resentirse.

 |📆O 13 de novembro celebramos a II Xornada de bibliotecas da provincia, e para poder tomar parte pechamos os servizos p...
10/11/2026

|
📆O 13 de novembro celebramos a II Xornada de bibliotecas da provincia, e para poder tomar parte pechamos os servizos presenciais durante todo o día.

📚Para nós será unha xornada de formación e convívio coas compañeiras das Bibliotecas municipais, de seguro de moito proveito!

🤗Sentimos os inconvintes que isto poida causar nas persoas usuarias da nosa sede.
Moitas grazas pola vosa comprensión.



Cultura da Deputación da Coruña Deputación da Coruña

🏆 XA TEMOS GAÑADORAS DO CONCURSO  ! ✍️✨Logo de valorar os 132 relatos, procedentes de 56 concellos da provincia da Coruñ...
06/11/2026

🏆 XA TEMOS GAÑADORAS DO CONCURSO ! ✍️✨

Logo de valorar os 132 relatos, procedentes de 56 concellos da provincia da Coruña, o xurado xa fixo pública a súa resolución.
Moitas grazas a todas as persoas participantes polo altísimo nivel amosado!

‼A entrega de premios terá lugar o 20 de novembro na Biblioteca Provincial

Velaquí os relatos premiados:

🥇 1º Premio: O inimigo de plástico, de Xairo Campos Blanco
🏡 Premio: Estancia de 1 noite con almorzo e cea nun establecemento rural da provincia.
💬 O xurado salienta: O seu compromiso ecoloxista, o humor e a orixinalidade.

🥈 2º Premio: Ocaso industrial, de Sonia Corral Franco
🌿 Premio: Estancia de 1 noite con almorzo nun establecemento rural da provincia.
💬 O xurado salienta: A emotiva despedida ás torres das Pontes, combinando melancolía lírica e un ritmo envolvente.

🥉 3º Premio: O peite de prata, de Xosé María López Fernández
🍽️ Premio: Xantar ou cea para dúas persoas na provincia da Coruña.
💬 O xurado salienta: A maxia e o misterio das lendas galegas nun relato de atmosfera cativadora.

🎁 Mención Especial: Os 30 mellores relatos seleccionados recibirán un lote de produtos gastronómicos da provincia.

👏 Parabéns á veciñanza premiada e moitas grazas por encher de literatura a nosa contorna!

🔗 Máis detalles na nosa web (dacoruna.gal/biblioteca)


Deputación da Coruña
Cultura da Deputación da Coruña

 |A paixón de Benxamín Prado pola lingua atravesa este libro, habitado tamén por algúns dos máis grandes nomes cos que o...
06/11/2026

|
A paixón de Benxamín Prado pola lingua atravesa este libro, habitado tamén por algúns dos máis grandes nomes cos que o autor se cruzou ao longo da súa vida e aos que, en moitos casos, tivo a sorte de poder chamar amigos: Almudena Grandes, Juan Marsé, Gabriel García Márquez, Julio Cortázar, Rafael Alberti, Octavio Paz, Ana María Matute, Jaime Gil de Biedma e Mario Vargas Llosa, por non falar de Bob Dylan, Leonard Cohen, Paul Auster ou Patti Smith, con quen tivo encontros máis fugaces pero non menos reveladores.
Un emotivo cruzamento de recordos e reflexións.

📖Qué estoy haciendo aquí de , en Alfaguara

🔁Na Biblioteca Provincial coa sinatura 3Z/2792

🤔E ti, que vas ler esta finde?

---






 |Volve a xornada de bibliotecarias da provincia, este ano centrada en: "Novas tecnoloxías nas bibliotecas: retos, risco...
04/11/2026

|
Volve a xornada de bibliotecarias da provincia, este ano centrada en: "Novas tecnoloxías nas bibliotecas: retos, riscos e oportunidades"

📆13 de novembro
📍Pazo de Mariñán (Bergondo)
📝Incrición aberta a todo o persoal das bibliotecas da provincia
🍽Inclúe café e xantar de convívio

Agardámosvos!

‼️PROGRAMA

9.30 - 10.00 h: Apertura de portas e recollida de credenciais

10.15 h: «A IA e as súas posibilidades nas bibliotecas»
▪️Enrique Calvo (xefe da División Xurídica, Relacións Institucionais e Asuntos Xerais da AESIA)
▪️David Vilares Calvo (profesor da UDC e investigador vinculado ao CITIC)
▪️Adina Vladu (investigadora e doutora en Lingüística no Instituto da Lingua Galega, en representación do Proxecto Nós)

11.00 h Pausa café

12.00 h: «As redes sociais como ferramenta de promoción das bibliotecas»
▪️Carlota Neira (creadora de contido)

12.45 h: «A IA nas bibliotecas rurais»
▪️Manuel Gago (doutor en Ciencias da Información)

13.45 h «eBiblio, a biblioteca sen fronteiras»,
▪️María Lema (responsable do servizo eBiblioDaCoruna da Deputación Provincial)

14.30 h Xantar

16.00 h «Ferramentas de IA xerativa no traballo bibliotecario» (sesión práctica)
▪️Laura Castro Souto (vicerreitora de Estratexia Dixital da UDC)

16.45 h «Dinamización literaria nas bibliotecas: a calor humana dos clubs de lectura»
▪️Antía Yáñez (escritora e dinamizadora cultural)
️▪️Marta Villar (xornalista e escritora)

17.30 h Visita guiada do Pazo de Mariñan (opcional)

Peche da xornada

Cultura da Deputación da Coruña
Deputación da Coruña

Dirección

Rúa Riego De Agua 37
A Coruña
15001

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca da Deputación da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca da Deputación da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos