28/09/2026
Non é fácil escribir algo! Porque son tantos os sentimentos e as palabras que é complicado poder organizalas todas con certo sentido.
A verdade é que esta fin de semana pensei moito en ti, e de cada vez que tiña algunha lembranza sempre me viña a mesma frase: que boa persoa eres!
Pero, por desgracia, as boas persoas tamén marchan ou lévanas, como foi o teu caso.
Douseme por ler todas as mensaxes de whatsapp túas, téñoas neste teléfono desde o ano 2021. E a inmensa maioría teñen un patrón: a preocupación pola Ameixenda e polos teus veciños. “Chama a fulanito que ten un problema coas obras” “Hai que limpar as tajeas de Quintáns” “Tes que falar con menganito que quere dicirche un problema que ten” “Hai que limpar as pistas do monte” “Cando ides facer o parque?” “Chamou tal porque está fundida a luminaria de Vilar” … Sempre así, pedindo para a túa parroquia.
Pero tampouco faltou nunca unha palabra de ánimo, de apoio ou de cariño. Porque sempre estivestes aí, ao meu lado, ao noso lado.
É moi duro ter que dicirche adeus, así de repente. Sen ter unha noite para ir cear coas familias, sen poder darche un abrazo, sen poder despedirme.
Canto chorei estes días! Canto chorei hoxe vendo a Teresa, a Alba, a Tomás, a teu irmán Antonio, a Luis, a Paula, a Borja, a Lino, rotos pola dor de perderche. Aos teus amigos e familiares, aos teus veciños e veciñas sen poder articular palabra. Que pena! Canta dor!!
Pero a vida é así de dura, e ten estes momentos de tristeza e dolor. Pazos, meu amigo Pazos, ti sempre estivestes aí e eu sempre estarei aquí agradecéndocho eternamente. E os teus compañeiros e compañeiras de Partido nunca esqueceremos todo o que nos tes dado, todo o que temos aprendido de ti: o traballo, o respecto, a humildade, o cariño á túa terra.
As persoas boas tamén marcha, pero ti sempre estarás aquí con nós, camiñando ao noso lado. Gracias por todo amigo e compañeiro. 😢