20/10/2026
🌿 BUSCAMOS A VOZ DA MOCIDADE DAS MARIÑAS CORUÑESAS!
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abre a convocatoria para seleccionar a súa persoa representante xuvenil, que levará a voz da mocidade do territorio ás redes xuvenís da UNESCO e da Rede Española de Reservas de Biosfera.
🙋 Quen pode participar?
Mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que teñan vinculación con algún dos concellos da Reserva, entre eles Aranga, e cumpran os requisitos da convocatoria.
📅 Prazo de presentación: ata o 2 de novembro de 2026.
🌍 Mandato: 4 anos.
📩 Presentación de candidaturas:
[email protected]
📌 Consulta as bases, requisitos e documentación necesaria en:
https://www.marinasbetanzos.gal/linas-de-traballo/xuventude/
💚 Desde o Concello de Aranga animamos á nosa mocidade a participar nesta iniciativa e a facer escoitar a súa voz!