Cultura Concello de Arzúa

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Cultura Concello de Arzúa Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔📽🍿 𝐂𝐢𝐧𝐞: Proxección de "As liñas descontinuas"📆 Venres, 13 de novembro⏰ 20:00📍 Casa de Correos📝❗ É nece...
10/11/2026

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔

📽🍿 𝐂𝐢𝐧𝐞: Proxección de "As liñas descontinuas"
📆 Venres, 13 de novembro
⏰ 20:00
📍 Casa de Correos
📝❗ É necesaria 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐚 no teléfono 981500222 ou no correo [email protected]. Cada persoa poderá reservar un máximo de 4 prazas, sendo as mesmas limitadas.

ℹ Dirixida por Anxos Fazáns conta a historia de Bea, unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, e como un suceso inesperado lévaos a coñecerse, un encontro que transformará para sempre a súa realidade. Este filme dura 90 minutos e está recomendado para maiores de 12 anos. Ademais conta coa presenza da actriz arzuá Lidia Veiga no reparto xunto con nomes como Mara Sánchez, Adam Prieto ou Mónica García.



Concello de Arzúa

📸 Así de ben comezaba o mes de novembro na programación de Outono a escena. Onte encheuse a Madanela para compartir risa...
07/11/2026

📸 Así de ben comezaba o mes de novembro na programación de Outono a escena.

Onte encheuse a Madanela para compartir risas e reflexións da man de Redrum Teatro Compañía e o seu espectáculo "Nas nubes".

Grazas a todo o público por vir!

Concello de Arzúa

📚 Presentación do libro “Buscando a Dalia” de Miguel Anxo FernándezA Libraría Anagrama de Arzúa acolle esta presentación...
05/11/2026

📚 Presentación do libro “Buscando a Dalia” de Miguel Anxo Fernández

A Libraría Anagrama de Arzúa acolle esta presentación impulsada a través do club de lectura municipal 'Arzúa le'. O autor estará acompañado do coordinador do club, Jose Manuel Pampín Villar.

📌 Sábado 7 de novembro | 18:00 | Libraría Anagrama



Concello de Arzúa
José Manuel Pampín Villar

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔🎭 Os venres na Capela: Teatro➡️ Espectáculo "Nas nubes" de Redrum Teatro Compañía 📆 Venres, 6 de novemb...
04/11/2026

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔

🎭 Os venres na Capela: Teatro
➡️ Espectáculo "Nas nubes" de Redrum Teatro Compañía
📆 Venres, 6 de novembro
⏰ 21:00
📌 Capela da Madanela
👥 Público adulto
⏱ Duración: 60 minutos
🎟 Entrada libre por orde de chegada ata completar a capacidade. Apertura de portas ás 20:30 h.
ℹ Trátase dunha peza cómica e provocadora que aborda con humor e ironía cuestións esenciais sobre o impacto da tecnoloxía na vida humana, a identidade e a memoria colectiva. Nunha sociedade que avanza rapidamente cara a dixitalización total e onde a tecnoloxía penetra en cada aspecto da nosa existencia, esta obra eríxese como unha crítica reflexiva e, ao mesmo tempo, unha advertencia sobre as consecuencias dunha desconexión progresiva co humano. Baixo a dirección Alex Sampayo e con Xúlio Abonjo, Carlota Mosquera e Guillermo Carbajo no elenco artístico, Nas Nubes explora a relación entre a tecnoloxía e a deshumanización.



Concello de Arzúa

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔🎭 Programa Camino Escena Norte: Teatro infantil e familiar➡️ Espectáculo "El gato con botas de agua" de...
28/10/2026

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔

🎭 Programa Camino Escena Norte: Teatro infantil e familiar
➡️ Espectáculo "El gato con botas de agua" de El callejón del gato (Asturias)
📆 Venres, 30 de outubro
⏰ 18:00
📌 Capela da Madanela
👥 Público infantil e familiar (recomendado a partir dos 2 anos)
⏱ Duración: 42 minutos
🎟 Entrada libre por orde de chegada ata completar a capacidade. Apertura de portas ás 17:30 h.
ℹ Un barco de pesca en alta mar, unha tormenta, un rescate, unha nena e un gato. Recoñecida co Premio Oh! 2025 ao mellor espectáculo para a infancia, a montaxe revisita o conto clásico para reflexionar sobre os dereitos fundamentais da infancia: o dereito a un nome e a unha nacionalidade, á protección e ao coidado, á alimentación e a unha vivenda digna. Ao longo de 42 minutos, El Callejón del Gato conecta a imaxinación do relato tradicional cunha mirada contemporánea e converte unha noite difícil nunha viaxe compartida cara a un porto seguro.



Concello de Arzúa

📸 Así foi o marabilloso paso de Os contos de Pablisimo con "Gabinete Mirabilia" pola Capela da Madanela o pasado sábado ...
27/10/2026

📸 Así foi o marabilloso paso de Os contos de Pablisimo con "Gabinete Mirabilia" pola Capela da Madanela o pasado sábado dentro dos Sábados en Familia de Outono a escena.

Concello de Arzúa

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔🎭 Sábados en familia: Narración oral e obxectos➡️ Espectáculo "Gabinete Mirabilia" de Os contos de Pabl...
21/10/2026

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔

🎭 Sábados en familia: Narración oral e obxectos
➡️ Espectáculo "Gabinete Mirabilia" de Os contos de Pablisimo
📆 Sábado, 24 de outubro
⏰ 18:00
📌 Capela da Madanela
👥 Público infantil e familiar (recomendado a partir dos 5 anos)
⏱ Duración: 45 minutos
🎟 Entrada libre por orde de chegada ata completar a capacidade. Apertura de portas ás 17:30 h.

ℹ Espectáculo inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades, armarios ou pequenas estancias onde se coleccionaban obxectos encantados e misteriosos, aparellos científicos, antigüidades, exemplares exóticos e todo tipo de prodixios. Esta particular colección dará pé a unha serie de relatos e historias a medio camiño entre o real e a fantasía, entre o máxico e o científico, entre o engano e a diversión. Unha peza de narración oral e obxectos co que Pablísimo celebra 25 anos enriba dos escenarios.



Concello de Arzúa

📣 Gran afluencia nas exposicións do verán 2026Dende o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa damos conta do número...
15/10/2026

📣 Gran afluencia nas exposicións do verán 2026

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa damos conta do número de visitas de cada unha das exposicións que formaron parte da programación cultural do verán:

🔸 Mostra de fin de curso da Aula Municipal de Pintura: 782
🔸 "Tea, madeira e cor" de Encarna A. Gallego: 1.062
🔸 10ª edición de "Bo Camiño": 2.783
🔸 9ª edición de "Arte na rúa": 1.066

📈 En total pasaron pola Capela da Madanela 5.693 persoas entre os meses de xuño e setembro, unha mostra de éxito e de moi boa acollida por parte da veciñanza e das persoas que nos visitan.

́n

Concello de Arzúa

📸 GALERÍA | ESPECTÁCULO "DEDÍN, DEDÍN, DEDAL"O pasado sábado, 10 de outubro, gozabamos da primeira proposta dos "Sábados...
14/10/2026

📸 GALERÍA | ESPECTÁCULO "DEDÍN, DEDÍN, DEDAL"

O pasado sábado, 10 de outubro, gozabamos da primeira proposta dos "Sábados en familia" da presente edición de "Outono a escena" que contou co espectáculo de teatro musical "Dedín, Dedín, Dedal ", unha creación de Baobab Creacións para Malasombra Producións.

́a

Concello de Arzúa
Malasombra Producións

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔📽🍿 𝐂𝐢𝐧𝐞: Proxección de "Sirat"📆 Venres, 16 de outubro⏰ 20:00📍 Casa de Correos📝❗ Será necesaria 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢...
13/10/2026

🍂 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗘𝗡𝗔

📽🍿 𝐂𝐢𝐧𝐞: Proxección de "Sirat"
📆 Venres, 16 de outubro
⏰ 20:00
📍 Casa de Correos
📝❗ Será necesaria 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐚 no teléfono 981500222 ou no correo [email protected]. Cada persoa poderá reservar un máximo de 4 prazas, sendo as mesmas limitadas.

ℹ Dirixida por Oliver Laxe conta a historia de como un home e o seu fillo chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez, arrodeados de música electrónica e dun tipo de liberdade que descoñecen. Coñecen un grupo de raveiros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar a moza desaparecida. Este filme dura 114 minutos e está recomendado para maiores de 12 anos.



Concello de Arzúa

Dirección

Rúa Padre Pardo, 33, 1º
Arzúa
15810

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

981500222

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cultura Concello de Arzúa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Cultura Concello de Arzúa:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros servicios gubernamentales en Arzúa

Ver Todo