23/10/2026
𝟐𝟒 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨, 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐛𝐢𝐛𝐥𝐢𝐨𝐭𝐞𝐜𝐚𝐬
📚O vindeiro 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema “Sen profesionais, non hai bibliotecas”, co desexo de reivindicar o traballo de todas as persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un conxunto de recursos, andeis e espazos.
📚As bibliotecas, como institucións democráticas, son un servizo esencial para a cidadanía, que atopa nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento.
📚Pero detrás de cada préstamo, cada consulta, cada actividade, cada recomendación e cada proxecto hai profesionais que traballan para garantir o acceso á cultura, acompañar ás súas comunidades e facer das bibliotecas espazos abertos, inclusivos e accesibles para todos.
📚Porque unha biblioteca non é unicamente aquilo que vemos cando entramos nela: é tamén o traballo das persoas que seleccionan e organizan as súas coleccións, preservan o patrimonio, facilitan o acceso á información, fomentan a lectura, acompañan a aprendizaxe e crean actividades e servizos para responder as necesidades dos seus usuarios.
🎉Feliz Día das bibliotecas a todas e a todos!
🙏E grazas por acompañarnos día a día, o resto do ano!