Concello de Covelo coa Igualdade

Cómo llegar Página web

Concello de Covelo coa Igualdade Administración local

Este domingo 8 de novembro, temos a derradeira visitas coas portas abertas da reitoral e igrexa de San Martiño de Barcia...
03/11/2026

Este domingo 8 de novembro, temos a derradeira visitas coas portas abertas da reitoral e igrexa de San Martiño de Barcia de Mera deste 2026. Ocasión para veciños e visitantes de Covelo de coñecer, mais en detalle, este conxunto eclesiástico tan fabuloso.
O pase é único ás 16:00 H e terá unha duración de 2 horas nas que coñeceremos os exteriores e interiores da reitoral e da igrexa parroquial de Barcia de Mera.
As prazas son limitadas e con inscrición previa no 654.500.652
Actividade organizada polo Concello de Covelo e Deputación Pontevedra

A obra de teatro prevista para este sábado, queda aprazada para o día 07.11.2026 ás 20 h.
30/10/2026

A obra de teatro prevista para este sábado, queda aprazada para o día 07.11.2026 ás 20 h.

COMUNICADO - SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADEO Concello de Covelo comunica a suspensión da actividade prevista para este sábado,...
30/10/2026

COMUNICADO - SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE

O Concello de Covelo comunica a suspensión da actividade prevista para este sábado, en sinal de respecto e solidariedade coas vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo) e coas súas familias, tras a declaración de tres días de loito oficial.

En canto á obra de teatro prevista para este sábado, queda aprazada para o día 07.11.2026 ás 20 h.

Lamentamos as molestias que estes cambios poidan ocasionar e agradecemos a comprensión da veciñanza.

O noso máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas, e todo o noso apoio neste momento tan difícil.

🖤 O Concello de Covelo convoca á veciñanza a gardar un minuto de silencio hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, ...
28/10/2026

🖤 O Concello de Covelo convoca á veciñanza a gardar un minuto de silencio hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello, en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido na provincia de Toledo.

📚🎃 VOLVE O CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS! 👻Este venres 30 de outubro volvemos reunirnos na Biblioteca de Covelo e, como ...
28/10/2026

📚🎃 VOLVE O CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS! 👻

Este venres 30 de outubro volvemos reunirnos na Biblioteca de Covelo e, como non podía ser doutra maneira, imos celebralo cun encontro moi especial dedicado ao Samaín e Halloween! 🦇✨

📅 Venres 30 de outubro
🕡 De 18:30 a 20:00 h
📍 Parte inferior da Biblioteca de Covelo

Lembrade que nos reunimos o último venres de cada mes, sempre ás 18:30 h.

Un espazo para compartir contos, lecturas e momentos en familia. ❤️

Todas as familias estades invitadas! Non importa se é a vosa primeira vez ou se xa formades parte do club.

📖 Agardámosvos!

📸 ANÍMATE A PARTICIPAR NO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE COVELO!Xa podes presentar as túas fotografías para o Calendario ...
28/10/2026

📸 ANÍMATE A PARTICIPAR NO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE COVELO!

Xa podes presentar as túas fotografías para o Calendario do Concello de Covelo 2027. É unha oportunidade para compartir a túa mirada sobre o noso municipio e poñer en valor as súas paisaxes, lugares, cultura e patrimonio.

📷 Podes presentar ata 2 fotografías, en cor ou branco e negro en horizontal.

📅 Prazo: ata o 9 de novembro ás 13:30 h.

📍 Entrega na Biblioteca Municipal de Covelo.

🏆 Seleccionaranse 12 fotografías para formar parte do calendario. A entrega de premios será o 28 de novembro.

PREMIOS DO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
🥇 1º premio: Curso intensivo de fotografía de 2 días e 8 horas de duración, presencial ou en liña, sobre teoría e manexo da cámara dixital.
🥈 2º premio: Dúas ampliacións fotográficas de 40 × 30 cm sobre soporte ríxido (tipo Dibond) ou copia en papel museo para colección, sen montaxe nin enmarcado.
🥉 3º premio: Unha ampliación fotográfica de 40 × 30 cm sobre soporte ríxido (tipo Dibond) ou copia en papel museo para colección, sen montaxe nin enmarcado.

Anímate a participar e axúdanos a mostrar a beleza e a identidade de Covelo a través das túas fotografías!

📄 Consulta as bases completas: https://concellodecovelo.es/?sec=7&id_noticia=2101

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.

A TÚA OPINIÓN TAMÉN CONTA! ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2026.O Concello de Covelo traballa na elaboración dos orzamentos mu...
28/10/2026

A TÚA OPINIÓN TAMÉN CONTA! ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS 2026.

O Concello de Covelo traballa na elaboración dos orzamentos municipais de 2026 e queremos contar coa participación da veciñanza.

Podes facernos chegar as túas suxestións, achegas e propostas sobre calquera ámbito municipal:

Plan anual de obras e investimentos.

Organización de festas e actividades lúdicas, deportivas, culturais, formativas e sociais.

Organización e funcionamento dos servizos públicos.

Propostas de subvencións, impostos e taxas.

Calquera outro asunto que consideres importante para mellorar Covelo.

Queremos coñecer as túas ideas e necesidades para seguir construíndo entre todos e todas o municipio no que queremos vivir.

Podes enviar as túas propostas a través da web municipal, www.concellodecovelo.es, na sección Participación, tamén no seguinte enlace https://www.concellodecovelo.es/?sec=7&id_noticia=2113, ou dirixirte persoalmente á Alcaldía ou ás concelleiras e concelleiros do Pleno.

Participa. En Covelo, a túa voz conta.

🎭 +ESCÉNICAS CHEGA A COVELO!Este sábado temos unha cita co teatro no Auditorio Municipal de Covelo coa comedia “Señores ...
27/10/2026

🎭 +ESCÉNICAS CHEGA A COVELO!

Este sábado temos unha cita co teatro no Auditorio Municipal de Covelo coa comedia “Señores (unha comedia machirula)”, da compañía Ste Xeito.

📅 Sábado, 31 de outubro
🕡 Ás 18:30 h
📍 Auditorio Municipal de Covelo
🎟️ Entrada de balde

O programa +Escénicas, da Deputación de Pontevedra, achega aos concellos da provincia propostas de teatro e danza de compañías e artistas profesionais galegos.

Unha nova oportunidade para g***r do teatro sen saír de Covelo. Agardámosvos!

Actividade financiada pola Deputación de Pontevedra.

AVISO DE CORTE DE AUGA COSTA – CASTELÁNSO Concello de Covelo informa de que os días 27, 28, 29 e 30 de outubro procedera...
27/10/2026

AVISO DE CORTE DE AUGA COSTA – CASTELÁNS

O Concello de Covelo informa de que os días 27, 28, 29 e 30 de outubro procederase ou peche da subministración de auga na rede xeral de A Costa–Casteláns, debido á escaseza de auga e á necesidade de encher o depósito.

O corte realizarase aproximadamente entre as 22:00 e as 8:00 h.

Desculpamos as molestias e pedimos á veciñanza que faga un uso responsable da auga e comunique ao Concello calquera posible avaría na rede de distribución.

📅 AXENDA DE FIN DE SEMANA EN COVELOEsta fin de semana temos deporte e tamén toca cambiar a hora!⚽ SÁBADO 24 DE OUTUBROO ...
22/10/2026

📅 AXENDA DE FIN DE SEMANA EN COVELO

Esta fin de semana temos deporte e tamén toca cambiar a hora!

⚽ SÁBADO 24 DE OUTUBRO
O Pedrafurada F.S. xoga contra o Salceda F.S. ás 10:00 h no Pavillón de Salceda de Caselas.

⚽ DOMINGO 25 DE OUTUBRO
O Covelo C.F. enfróntase ao Abobriga F.C. ás 18:30 h no campo de Aral (Fontiñas).

🕒 LEMBRADE O CAMBIO DE HORA!
Na madrugada do sábado ao domingo entra en vigor o horario de inverno: ás 3:00 h serán as 2:00 h.

Moita sorte aos nosos equipos, Pedrafurada F.S. e Covelo C.F.! Todo o apoio para eles esta fin de semana.

Dirección

Praza Do Mestre Cerviño
Covelo
36872

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Covelo coa Igualdade publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Servicios Gubernamentales cercanos